Como é habitual, os ETTPC celébranse en dobre sesión. Este mércores participa Arsenio Sánchez Hernampérez, cocoordinador do Plan Nacional de Xestión do Risco e Emerxencias en Patrimonio Cultural, da Subdirección Xeral do Instituto del Patrimonio Cultural de España, que falará como este documento aborda a prevención e a xestión deste tipo de incidencias.
A partir da súa intervención, o xoves 11 de xuño (17.00 horas) terá lugar o debate con expertos galegos no que participan dúas persoas do ámbito asociativo como Carme Varela Rodríguez, representante da asociación “O Sorriso de Daniel” dedicada á defensa e recuperación do patrimonio románico; e Antón Bouzas-Sierra, representante da asociación cultural Colectivo A Rula especializada na protección e documentación dos petróglifos; José António Padrón Conde, arquitecto e coordinador da Comisión de Alertas Patrimoniales e Informes de ICOMOS e Jorge Sanjurjo Sánchez, profesor titular do Departamento de Física e Ciencias da Terra, UdC, CISPAC. Teresa Nieto, coordinadora da Sección de Patrimonio abrirá e moderará este debate.
Esta sesión aborda a necesidade de incorporar a xestión do risco ás políticas de conservación e protección do patrimonio, favorecendo a coordinación entre administracións, profesionais e sociedade civil para afrontar os desafíos presentes e futuros.
Os Encontros Temáticos Transversais
En 2025 a Sección de Patrimonio e Bens Culturais puxo en marcha o ciclo ETTPC para afondar a transformación do territorio. Nas primeira sesión abordouse o tema da paisaxe da man de a arquitecta e investigadora Rebeca Merino del Río, coa réplica de Manuel Mª Chaín Pérez, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventud; o xeógrafo Xosé Constenla Vega da Universidade de Vigo; o antropólogo José Antonio Cortés Vázquez de AGANTRO, Universidade da Coruña, CISPAC e a enxeñeira agrónoma Inés Santé Riveira da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén se analizou a paisaxe co xeografo catalán Joan Nogué iFont, mentres que pola banda galega investiron o xeógrafo Valerià Paül Carril, o biólogo Jaime Fagúndez Díaz, a economista María do Mar Pérez Fra e a comunicadora audiovisual do Instituto de Estudos Ulloáns, Patricia Coucheiro González. A situación do rural analizouse en febreiro de 2026 coa presenza do antropólogo Jaume Franquesa e, da banda galega, Joám Evans Pim, da Fundación Montescola; Rosa Regueiro Ferreira, economista da Universidade de Santiago de Compostela; Rafael Saco Fernández, do Laboratorio Ecosocial do Barbanza; e Xabier Simón Fernández, economista da Universidade de Vigo e membro do Observatorio Eólico de Galicia, moderado por Carlos Amoedo. En marzo, a cuarta sesión abordou a cuestión do litoral con Verónica Sánchez Carrera, arquitecta e urbanista española especializada en arquitectura humanitaria e planificación urbana sostible e, pola banda galega, o catedrático de dereito, Carlos Amoedo Souto; o arquitecto urbanista Manuel Borobio Sanchiz; a arquitecta e investigadora Elisa Gallego Picard, máis a bióloga Lucía Soliño Alonso, presidenta de ADEGA Vigo.
En maio falouse de como o uso turístico masificado está provocando danos na autenticidade e na integridade do noso patrimonio cultural e natural. O relatorio marco foi a cargo de Ana María Salem, especialista en planificación e ordenación do territorio mentres que a conexión co caso galego correu a cargo de María José Andrade Suárez, profesora titular de Socioloxía da Universidade da Coruña; de Iago Lestegás, arquitecto e concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela; Justo Gude Méndez, investigador do Entroido tradicional de Xinzo de Limia; e Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.



