Entre as principais conclusións do estudo recóllese que a orixe da ONGD, ou o asentamento da súa sede central, condiciona os seus usos lingüísticos, pois entre as de sede galega apréciase un emprego do galego próximo ao 70%, fronte a tan só un 43% nas de sede con orixe non galega. En termos absolutos, o uso de ambas linguas é similar, constatándose un uso do galego de aproximadamente o 57%, fronte a un 43% que empregan o castelán.