Pilar Cagiao cualificou o libro como "contribución importante e esclarecedora" e José María Portillo salientou a "relevancia da investigación historiográfica" que ven realizando El Colegio de México, fundado en 1940 polo presidente Lázaro Cárdenas para acoller a destacados científicos, académicos e artistas españois exiliados durante a Guerra Civil (1936-1939) e o Franquismo.
Pola súa parte, Roberto Breña, que adoptou a perspectiva da historia político-intelectual, subliñou que os procesos emancipadores americanos, significativamente a partir de 1814, "tomaron o relevo dunha revolucíón que se viu truncada na Península polo retorno de Fernando VII ao trono español en maio dese ano".
Destacou tamén o feito de que as "revolucións hispánicas constittuen hoxe un campo moi dinámico da historiografía occidenal "non só desde a perspectiva da historia política e da historia intelectual, senón tamén desde ese inxente ámbito que conforman a historia cultural e a historia social, particularmente a chamada "historia desde abaixo".
Recordou así mesmo que os procesos de emancipación americanos tiveron "un desenlace moi aberto durante moitos anos" e que os seus comezos non foron "independentistas" no sentido en que se entende actualmente a palabra, esto é, de separación absoluta.


