A exposición NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN consta de sete bloques temáticos, desenvolvidos em 55 paneis, e permite seguir a evolución das sociedades microterritoriais e as dimensións mutualista, educativa, artística, cultural, sanitaria e política do asociacionismo galego na diáspora, precisa Pilar Cagiao, comisaria do proxecto xunto con Vicente Peña Saavedra. A iniciativa contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.
Por outra parte, o 1 de xullo ás 20 horas Ramón Villares pronuncia o pregón das festas de Santiago na Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria.


