A responsable de Acción Exterior, Emilia García, participou hoxe en Boal no III Simposio da Emigración. Na súa intervención fixo un repaso da imaxe que se proxectou de Galicia a través da prensa da emigración. Un tema ben analizado polo Consello da Cultura Galega a través do Arquivo da Emigración Galega que ten analizado o tema na exposición “Galicia imaxinada” que se pode ver ata o domingo neste concello asturiano. Revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras, son as que permiten construír o relato desta mostra que amosa como os emigrantes reconstruíron a súa visión de Galicia (centrándose principalmente nos símbolos, tradicións e tópicos).
A prensa da emigración
Ademais, o Consello da Cultura Galega acabe poñer en rede, o repertorio actualizado da prensa da emigración galega. Un total de 756 referencias hemerográficas que dan conta do frutífero que foron os nosos emgirantes na creación de boletíns, xornais, revistas... e diferentes tipos de publicacións periódicas. A listaxe completa un proxecto de investigación dirixido por Vicente Peña a finais dos noventa.
Cada rexistro ofrece ampla información sobre a cabeceira (título, subtítulo, lema, lugar de edición, idioma, prezo, sociedade editora, resumo de contidos, periodicidade e cronoloxía etc). Algúns deles están a disposicións dos usuarios nas instalacións do Arquivo da Emigración Galega que está a traballar para poidan ser consultados en liña e facilitar así o acceso a investigadores e público.
Contén publicacións galegas editadas —tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega—, que están relacionadas co feito migratorio. E responden a unha variada tipoloxía: boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, prensa política, publicacións institucionais etc.


