PAXINA

----

Fondos Estatísticos

Para achegarse cuantitativamente aos movementos migratorios, o AEG conta cunha sección propia de fontes estatísticas na que se pretende recompilar as principais series editadas por organismos oficiais.

  • Dentro destes fondos cómpre destacar as fontes directas sobre os movementos migratorios, que comprenden as estatísticas sobre emigración publicadas, como as seguintes:

    • Estadísticas de la Emigración e Inmigración de España, realizadas polo Instituto Geográfico y Estadístico (1882-1911)

    • Boletín del Consejo Superior de la Emigración (1909-1934)

    • Estadísticas de Pasajeros por Mar (1912-1956)

    • Estadísticas de Emigraciónpublicadas polo Ministerio de Traballo (1946-1963) 

    • Estadísticas de Emigración Española Asistida(1962-1975)

    • Diferentes memorias e documentación do Instituto Español de Emigración, como osAnuarios de Migraciones, memorias anuais de actividades,Atlas de Emigración, etc.

  • Con respecto á inmigración consérvanse as Estadísticas de Permisos de Trabajo a Extranjeros.

  • Este fondo comprende tamén as diferentes series estatísticas sobre a poboación española e galega e os movementos demográficas.

  • Da etapa pre-estatística existen:

    • Edicións facsimilares das veciñanzas da Coroa de Castela de 1591
    • Censo Ganadero de la Corona de Castilla (1752)
    • Censo de Campoflorido de 1712
    • Censo de Población do Marqués de la Ensenada (1752)
    • Censo de Floridablanca (1787)
    • Censo de Godoy (1797)
  • Da etapa estatística consérvanse:

    • Censo de 1887 e os censos de 1940, 1950, 1960, 1970, 1981 e 1991

    • Tamén poden consultarse, entre outras, as Estatísticas do movemento natural da poboación, desde 1975 ata 1995, a Enquisa de Poboación Activa de 1974 a 2003 ou a Enquisa Sociodemográfica de 1991.

  • Igualmente, o AEG ofrece a posibilidade de consultar as serie estatísticas editadas por organismos internacionais como a OCDE, SOPEMI e Eurostat.