Alumnado de 4º e 6º de educación primaria do CEIP Labarta Pose (Baio-Zas), do CPI As Forcadas (Corme-Ponteceso)e do CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso) participaron hoxe nunha serie de actividades que buscaban conectar as emocións, a ciencia e a resolución de problemas da vida cotiá. O obradoiro constaba de dúas partes. Na primeira os estudantes explicaron a súa vocación e traballarán a relación desta coas súas materias favoritas e coas súas actitudes cara ás ciencias. Na segunda parte, que se realizou en pequenos grupos, permitiu que o alumnado descubriran unha serie de inventos e relacionalo cos seus inventores. Con ese coñecemento tiveron logo que pensar un problema da vida cotiá que lles gustaría resolver e, empregando unhas cartas de persoas que traballan en ciencias en diferentes disciplinas, conformaron un “dream team” científico para resolver os problemas. Na actividade estiveron implicadas as docentes Andrea Fernández Sánchez e Lucía Vázquez Ben.
A xornada rematou coa representación da obra de teatro Isabel Zendal e os nenos da varíola.





