----

O Observatorio da Cultura participa en Irlanda no 6º Foro das rexións minoritarias europeas

O responsable do Observatorio da Cultura Galega, Hakan Casares, participa hoxe no Sexto Foro das Rexión minoritarias europeas que se desenvolve en Galway (Irlanda) ata mañá. Baixo o título Minorities mean business. How a different language and culture can attract investors and tourists especialistas de diferentes rexións abordarán o valor engadido das minorías á hora de conquistar novos mercados e vender produtos, con especial atención ao turismo.

Hakan Casares participa na mesa Business and tourism in minority regions e abordará unha intervención na que centrará a importancia do turismo cultural en Galicia e nos principais atractivos que atopan os turistas a partir da análise das estatísticas oficiais. Ofrecerá unha reflexión sobre a importancia de fundamentar argumentos económicos para xustificar a promoción das minorías lingüísticas con datos reais e con metodoloxías contrastadas para non crear o efecto contrario.

A cultura galega tamén estará representada a través de Facundo Reyna-Muniain, do Instituto da Lingua Galega (ILG).