Trátase de recuperar e dixitalizar a memoria audiovisual dos anos finais do Franquismo e dos albores da autonomía en Galicia, noticias e programas producidos aquí entre 1971 e 1976. Ou sexa, os fondos en formato cine, 16 milímetros, do Centro Territorial de TVE, que pasarán logo á Cidade da Cultura. Con ese obxectivo asinaron hoxe un protocolo xeral de colaboración os representantes da Xunta de Galicia, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Radiotelevisión Española e Consello da Cultura Galega. O acto, presidido por Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta, tivo lugar no plató do Centro Territorial de TVE en San Marcos-Santiago de Compostela. Os asinantes subliñaron a importancia de dispoñer da memoria audiovisual de quince anos cruciais gardada en 4.564 latas.
Ler máis
Amosando noticias 2941 a 2960 de 3759


