O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta tarde un diálogo entre Manuel Borja-Villel, director do Museo Nacional Reina Sofía (MNRS) e Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Dous directores de museos que teñen colección propia, que foron postos en marcha na época da transición, aínda que están vencellados a espazos políticos e xeográficos diferentes. Pero aquel contexto é distinto ao actual e, na súa opinión, cómpre unha actualización, unha remodelación deste tipo de centros e que debe estar achegado ao presente pero, sobre todo, á cidadanía. Sobre gobernanza, equipos, públicos e xestión falaron no marco da xornada “Situarnos: o poder dos museos” que organizaron o Consello da Cultura Galega e a Fundación María José Jove.
Ler máis