Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Amosando noticias 81 a 100 de 110


O Consello da Cultura Galega debate este venres a importancia de contabilizar a violencia de xénero

Entre 2003 e 2020 morreron en España 1069 mulleres a cargo das súas parellas ou exparellas e 63 deses asasinatos cometéronse en Galicia. O goberno investiu nese periodo máis de 628 millóns de euros na materia. O custe real da violencia de xénero (que implica desde a asistencia psicolóxica, policial, laboral, xudicial…) está contabilizado en 23.360 millóns de euros, dos que 1.350 millóns responden á realidade galega. “Coñecer o custe pode reducir a aceptación social deste tipo de violencia” explica María Debén Alfonso, responsable da Área de Igualdade da Delegación do Goberno en Galicia. Canda a ela, María de Los Ángeles Carmona Vergara, presidenta do Observatorio contra a Violencia Domestica e de Xénero explica que as cifras poden ser maiores xa que a día de hoxe baixo este concepto “só se entende a violencia a cargo de parellas e de exparellas”. As súas intervencións, xunto coa de Belén Liste, subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero da Xunta, pódense ver no web do Consello da Cultura Galega. Mañá estarán en directo nesa mesma canle para atender ao debate coa cidadanía desde as 9:30 horas.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega inicia en Ferrol un ciclo de conferencias arredor de Concepción Arenal

O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol a pensadora e escritora Concepción Arenal Ponte. O Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este ano o bicentenario do seu nacemento a través de varias actividades que están en consonancia co seu pensamento. O vindeiro venres 16 comeza no Ateneo de Ferrol (18:00 horas) un ciclo de conferencias que baixo o título "O mundo do porvir: bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte (1820-2020)" revisa a vixencia do seu legado. A primeira cita leva por título “Amor, educación e igualdade para o progreso” e supón tamén a primeira actividade fóra de Santiago do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), que dirixe María Xosé Porteiro.

Ler máis

Preséntase a web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos

Este 1 de outubro cúmprense 89 anos da aprobación do dereito das mulleres ao voto. Unha efeméride na que o Consello da Cultura Galega (CCG) pon en rede a web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, o CDIF, o cuarto arquivo que o CCG creou en 2019. É un “Arquivo que, ademais de inventariar, documentar, preservar e dispoñeros fondos, debe actuar como incitador á reflexión, divulgador de contidos e dinamizador da sociedade galega” destaca a presidenta, Rosario Álvarez. O centro, que ten a súa orixe nunha comisión temporal creada en 2005, ten como directora a María Xosé Porteiro.

Ler máis

Sextina

A través deste espazo, cada seis meses e en razón de un a un, dáse visibilidade a aqueles libros, folletos e documentos dos fondos do CDIF considerados rarezas ou pouco coñecidos debido á súa antigüidade, tipoloxía, forma de produción, procedencia ou xeito de difusión.

Ler máis

Ligazóns

Vínculos a diferentes páxinas web agrupados en diferentes categorías que son revisadas e ampliadas periodicamente.

Ler máis

Que é o Álbum de Mulleres

Espazo destinado a dar visibilidade de xeito progresivo ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais.

Ler máis

Colectividades e organizacións

As biobibliografías de colectividades e organizacións de mulleres configuran unha galería individualizada de agrupamentos que tiveron a súa actividade en Galicia no pasado recente ou remoto. Na súa realización contan con colaboracións externas e especializadas e, sempre que é posible, coa das propias implicadas. Segundo pasa o tempo, pasan por revisións e novas incorporacións.

Ler máis

Cartografías

As cartografías son unha homenaxe. Configuran un repositorio documental que xira arredor da traxectoria vital, persoal e laboral, dunha persoa que merece ser destacada nun ou varios ámbitos de actividade nos que desenvolveu e/ou desenvolve a súa produción.

Ler máis

Biobosquexos

Para dar visibilidade á documentación dos nosos fondos relativa a mulleres concretas, xa falecidas, e que polo de agora non foron tratadas máis polo miúdo, incorpóranse aquí, de xeito paulatino, breves fichas biográficas acompañadas das achegas documentais relacionadas con cada unha.

Ler máis

Monografías temáticas

Trátase de repositorios documentais especiais que afondan no lugar das mulleres en ámbitos concretos de actividade social e cultural. Cada monografía conta co asesoramento de persoas especializadas de dentro e fóra do CCG.

Ler máis

Liñas do tempo

As liñas do tempo fan especial fincapé nas referencias de e sobre mulleres que, individual ou colectivamente, deron corpo a accións e acontecementos que a historia oficial, escrita polo xeral desde unha perspectiva patriarcal, androcéntrica e heterosexista, adoita non tomar en conta. Recollen de forma cronolóxica e esquemática acontecementos relevantes sucedidos desde o medievo ata a actualidade. A información distribúese en tres niveis: Galicia, Territorio español e Mundo.

Ler máis

Fondo especial. Movemento Feminista Organizado en Galicia (MFOG)

O fondo especial do MFOG é o resultado de traballos iniciados desde mediados do ano 2005. Consiste na reunificación parcial, conservación, posta en valor e difusión da documentación e materias xerados por diferentes organizacións identificadas co feminismo. Son de especial interese grupos e colectivos feministas independentes e tamén os integrados en organizacións mixtas que, desde a década do sesenta do século XX, desenvolveron e/ou desenvolven a súa actividade en Galicia.

Ler máis

Fondo especial LGTBIQ+

Os traballos que están a dar forma ao fondo especial LGTBIQ+ comezan a realizarse a finais de 2019. Ponse en marcha un proceso de recuperación, reunificación parcial, conservación, posta en valor e difusión da documentación e materiais xerados, entre outros por grupos e colectivos de lésbicas, gais, transexuais, bisexuais ou queer, que desenvolveron e/ou desenvolven a súa actividade en Galicia desde a década dos sesenta do século XX.

Ler máis

Presentamos cun audiovisual a tradución da obra de Concepción Arenal “A muller do porvir”

En 1869 Concepción Arenal publicou “A muller do porvir”, unha obra que ofrecía unha lectura inusual sobre as mulleres. No marco das celebracións do centenario do nacemento desta revolucionaria muller, o Consello da Cultura Galega traduce esta obra para o galego nun formato especial. Ademais do prólogo da especialista María Dolores Ramos, inclúe outros materiais que axudan a contextualizar a autora e a significatividade desta publicación. Por mor da cancelación da actividade presencial para conter a pandemia do coronavirus, o Consello da Cultura Galega adaptou para a rede o formato de presentación desta publicación. Faino a través dun audiovisual en que a presidenta da institución, Rosario Álvarez, xunto con María Xosé Porteiro, Inma López Silva, Mabel Rivera, Isabel Naveira e Celia Pereira prestan as súas voces nunha lectura colectiva deste texto para difundir o pensamento desta muller irrepetible.

Ler máis

María Xosé Porteiro, premio Ernestina Otero do Consello Municipal da Muller de Vigo

O Consello Municipal da Muller de Vigo decidiu, por unanimidade, conceder o premio Ernestina Otero a María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Porteiro ten unha ampla traxectoria como xornalista, política, escritora de novela e ensaio e actualmente é vicevaledora do pobo e ocupa diferentes postos na estrutura do Consello da Cultura Galega (é membro do Plenario, vogal da súa Comisión Executiva e directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, Cedif).

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e o CGAI conmemoran o 8 de marzo co ciclo de cine “Olladas de muller”

“Os fillos da vide” de Ana Domínguez abre o vindeiro martes 3 de marzo a sétima edición do ciclo de cine “Olladas de mulleres”, unha proposta organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) que pretende exhibir a creación audiovisual feita por mulleres. O ciclo, que continúa a liña de proxeccións e coloquios, amplíase ata sete días e inaugura unha vía de colaboración coa creación portuguesa. As proxeccións terán lugar na sede do CGAI na Coruña e a entrada é de balde.

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega inaugura en Vilalba as Xornadas da Muller

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; a presidenta do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), Marisa Barreiro; e a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, inauguran este venres na casa da cultura de Vilalba as “Xornadas da muller”. Unha iniciativa promovida polo CCG e o IESCHA que, durante dous días, pretende destacar o papel das mulleres na cultura a través de conferencias, debates e música.

Ler máis

Unha xornada aborda mañá as formas da “cultura da violación”

“Nin unha menos”, “Non é non“, “Non é abuso, é violación“ ou “Esta é a miña manda“ son algunhas das campañas que se rebelaron contra sentenzas xudiciais e decisións administrativas en casos moi marcados socialmente. A isto engádeselle que as estatísticas constatan un incremento da violencia sexual contra as mulleres máis novas, mesmo menores de idade. Sobre as moitas e variadas manifestacións ou accións que inciden no aumento da chamada “cultura da violación” falarán mañá martes no Consello da Cultura Galega (CCG) especialistas como Miguel Lorente, Ana de Miguel Álvarez ou Rosa Cobo, entre outros. É a Terceira Xornada Formas de Violencia de Xénero, que este ano se centra na violencia sexual. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), María Xosé Porteiro, serán as encargadas de abrir esta cita, que ten todas as prazas cubertas. As intervencións poderán seguirse en directo a través da rede.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega presenta mañá na Coruña o documental que homenaxea as mulleres anónimas do Pindo

Son mulleres anónimas, que non deixaron ningunha pegada nos rexistros oficiais e que sustentaron as súas familias cos materiais que transportaban na súa cabeza. Sobre elas fala “As mulleres co mundo na cabeza”, documental dirixido por Encarna Otero elaborado co material de documentación rexistrado por unha das áreas de traballo do Centro de Documentación de Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG). A presidenta da institución, Rosario Álvarez, o fotoxornalista Xurxo Lobato e Encarna Otero presentan mañá este traballo na Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario ás 20:00 horas. Ao rematar haberá unha actuación musical de Bea a de Estrella.

Ler máis

Unha xornada destaca a contribución de Carmela Porteiro no campo da oceanografía

Non foi só unha oceanógrafa experta en avaliación e xestión de recursos mariños vivos, senón tamén pioneira en dirixir centros de investigación, expedicións e representar a España en comités internacionais. A figura de Carmela Porteiro amosa tamén o difícil camiño que percorreron as mulleres de ciencia en Galicia durante o último terzo do século XX. A súa biografía e traballo centran a xornada, coordinada por María Xosé Porteiro e Inma López Silva, que se desenvolve mañá no Consello da Cultura Galega (CCG) e que podes seguir en directo desde o sitio web institucional.

Ler máis