Os últimos datos do panorama musical galego amosan unha pequena melloría en canto á música clásica, categoría en que se incrementou o número de concertos, asistentes e recadación, co que se rompe coa tendencia á baixa dos últimos anos. En 2015 realizáronse 1150 concertos de música clásica (14 máis que en 2014), aos que asistiron 253 599 espectadores (17 521 máis que o ano anterior) e a recadación situouse en 1 030 670 euros, o que supuxo un incremento dun 30 %. Ese avance non se traslada á música popular xa que continúa á baixa no número de concertos, espectadores e recadacións. En 2015 houbo 3646 concertos (en 2014 foron 3938), asistiron 945 041 espectadores (o ano anterior 1 011 270) e recadaron 5 744 517 euros (351 872 euros menos que en 2014). Son cifras do estudo “A música en Galicia”, o último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega (OCG-DT), que fai unha desagregación do sector por xéneros musicais.
Ler máis