Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2881 a 2900 de 3743

17-N.- Xornadas de avaliación crítica dos recursos destinados ao estudo dos efectos da marea negra do “Prestige”

A Aula Magna da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá mañá xoves 17 de novembro unhas xornadas de avaliación dos efectos da marea negra do “Prestige”, catástrofe ocorrida en novembro de 2002. O programa, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa USC, incluirá a presentación do libro “Recursos en I+D+i dedicados ao estudo dos efectos da vertedura do Prestige (2003-08). Avaliación e xuízo critico”, coordinado por Victoriano Urgorri e Marcos P. Señarís, e realizado por iniciativa da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, que no Consello da Cultura Galega coordina o profesor Francisco Díaz-Fierros.

Ler máis

A Asociación Galega de Editores reclama unha nova Lei de Propiedade Intelectual acorde cos usos e as necesidades da sociedade dixital

A Asociación Galega de Editores (AGE) considera urxente a elaboración “dunha nova Lei de Popiedade Intelectual acorde cos usos e necesidades que dicta a sociedade dixital”. É esta a principal conclusión do VIII Simposio do libro e a Lectura, centrado este ano no tema “A propiedade intelectual na sociedade dixital” e celebrado durante os días 10 e 11 de novembro no Consello da Cutlura Galega. As conclusións finais aprobadas polos asistentes ao Simposio son as que deseguido reproducimos textualmente.

Ler máis

Inaugurada en Ourense a exposición OS ADEUSES, 73 fotografías da epopea migratoria galega captadas por Alberto Martí

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron onte no Centro Cultural da Deputación (rúa do Progreso, 30) en Ourense a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. Asistiu o xerente do CCG, Marcelino Fernández Santiago, e falaron Francisco González, en representación de Deputación, Guillermo Escrigas, director do CGAI, e Alberto Martí. A exposición permanecerá en Ourense ata o 11 de decembro. Con anterioridade estivo na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, A Pobra do Caramiñal e Ferrol.

Ler máis

Ramón Villares, por riba da continuada diminución orzamentaria, chamou a atención sobre a consideración da cultura como un sector estratéxico

As sucesivas reducións orzamentarias, cifradas nun 22´6 por cento nos últimos catro anos, sitúan o presuposto do Consello da Cultura Galega para o 2012, cifrado en 2.577.455 euros, nos niveis de 2005. Así o subliñou Ramón Villares, presidente da institución, na súa comparecencia diante da Comisión III do Parlamento de Galicia (Economía, Facenda e Orzamentos), na que chamou a atención sobre a necesidade de considerar a cultura “un sector estratéxico de futuro, introducindo novas formas de xestión e avaliación e apoiando e impulsando novas iniciativas de acción e proxección exterior: Galicia como ponte”. Os tres grupos parlamentares, BNG, PSOE e PP, acolleron positivamente e agradeceron a exposición do presidente e o traballo que vén realizando o Consello da Cultura Galega.

Ler máis

9 de novembro ás 19 horas: segundo concerto-homenaxe ao violinista Manuel Quiroga no seu 50 cabodano

O Consello da Cultura Galega, a través da Sección de Música e Artes Escénicas, que coordinha Maximino Zumalave, organizou dous concertos en homenaxe ao gran violinista galego de proxección internacional Manuel Quiroga Losada (Pontevedra, 1892-1961). O primeiro tivo lugar hoxe con gran éxito de público. O segundo será mañá día 9 ás 19 horas e tamén no Salón de Actos da institución.

Ler máis

Ramón Loureiro, José A. Ponte Far, Rubén Jarazo e Antonio de Toro falaron en Ferrol sobre “O mundo céltico e bretón na obra de Cunqueiro”

O Centro Cultural “Carvalho Calero” de Ferrol (Praza do Inferniño s/n) acolleu onte o décimo dos once faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). Os profesores José Antonio Ponte Far, Rubén Jarazo e Antonio Raúl de Toro Santos e o xornalista e escritor Ramón Loureiro falaron sobre “O mundo céltico e bretón na obra de Álvaro Cunqueiro”.

Ler máis

Ramón Villares e Antonio Izquierdo participan no V Congreso Mundial de Colectividades Vascas, en Donostia, convidados polo Goberno Vasco

O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e Antonio Izquierdo Escribano, membro da Comisión Técnica do Arquivo da Emigración Galega, interveñen hoxe en Donostia-San Sebastián con senllas ponencias no VIII Seminario Internacional “Euskal Herria máis alá das fronteiras”, convidados polo Lehendakari Patxi López. As sesións, centradas no tema “Políticas Autonómicas e Emigración”, forman parte do V Congreso Mundial de Colectividades Vascas.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega homenaxeará ao pontevedrés Manuel Quiroga Losada, figura mundial do violín e profeta na súa terra

O Consello da Cultura Galega organizou dous concertos en homenaxe ao gran violinista galego de proxección internacional Manuel Quiroga Losada (Pontevedra, 1892-1961). Xunto co ciclo conmemorativo dos cincuenta anos do pasamento do xenial músico a Sección de Música e Artes Escénicas, que coordina Maximino Zumalave, presentou tamén o web “Vento que zoa” (www.consellodacultura.org/ventoquezoa/) un espazo para difundir en Internet as creacións dos compositores galegos. O Presidente do CCG, Ramón Villares, subliñou a importancia do legado de Manuel Quiroga, “unha figura da contemporaneidade cultural galega, coetáneo da Xeración Nós, de Ramón Cabanillas e de Manuel Antonio”.

Ler máis

Vento que zoa, unha viaxe á música galega

Vento que zoa, unha viaxe á música galega

O Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Música, presentou hoxe á mañá Vento que zoa o xermolo web dun ambicioso proxecto de difusión dixital da música galega. No actual Vento que zoa pode percorrer as biografías, as músicas e as relacións visuais de seis destacados compositores galegos do pasado e do presente. É unha pequena mostra da nosa iniciativa dixital ao redor da música galega.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega rendiu homenaxe á memoria e ao legado da arquiveira, historiadora e académica Olga Gallego Domínguez

O Consello da Cultura Galega homenaxeou hoxe a memoria e o dilatado labor profesional da arquiveira, historiadora e académica Olga Gallego Domínguez (Ourense, 1923-2010). Unha xornada incluída no ciclo “Mulleres e historia”, organizada pola Comisión de Igualdade, analizou a súa obra e o seu legado, ao tempo que chamaba a atención sobre “o labor de tantas mulleres que sostiveron e sosteñen o sistema de arquivos e bibliotecas públicas”. A sesión foi presentada por Ramón Villares, presidente da institución, e por María Xosé Agra Romero, coordinadora da Comisión de Igualdade e organizadora do programa, que coordinaron Carmen Pérez Pais e Concepción Varela Orol.

Ler máis

“Habería que aplicar a lei vixente, aínda que esa normativa é insuficiente para protexer o Patrimonio Cultural de Galicia”, di María García Alén

“Logo de analizar o estado de protección do Patrimonio Cultural de Galicia, ao abeiro da lexislación vixente, podemos concluir que, malia as insuficiencias da normativa actual para protexer a totalidade dos bens culturais, por mor da ampliación do concepto de Patrimonio, deberiamos comezar por aplicar os instrumentos legais cos que contamos”. María García Alén, coordinadora xunto con Iago Seara, das Xornadas sobre “Situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia, amosouse partidaria de revisar a lei, vixente dende 1995, sen esquencer “os incumprimentos da lexislación por parte das Administracións responsabeis”. As Xornadas, celebradas onte e hoxe coa asistencia de cincuenta expertos, foron organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

A conservación e transmisión do Patrimonio Cultural Galego require “rigor, conciencia crítica e pragmatismo”

A conservación e a transmisión do patrimonio cultural esixe actuar con rigor, conciencia ctrítica sobre a importancia do legado e algo de pragmatismo para diferenciar o que debe ou non ser conservado. A transversalidade da conservación do patrimonio foi un dos fíos conductores das Xornadas sobre “Situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia”, iniciadas hoxe no Consello da Cultura Galega, organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais, e ás que asisten cincuenta expertos. Os traballos foron inaugurados cun acto presidido polo presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, e no que interviron Iago Seara, coordinador da Sección e das Xornadas, Antonio Díaz, en representación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, e Carlos Varela, Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os traballos continuarán hoxe, tamén en sesións de mañán e tarde, con especial atención á lexislación sobre a protección do Patrimonio Cultural Galego.

Ler máis

O Consello da Cultura coorganiza co Instituto da Lingua Galega o Simposio "Textos, palabras e voces"

O Consello da Cultura Galega (CCG) coorganiza xunto co Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela o Simposio ILG-2011 "Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística". Os traballos desenvolveranse os días 26 e 27 de outubro e 3, 4, 10 e 11 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. A colaboración do CCG co ILG ven de vello e materialízase na edición e publicación das actas dos simposios. O deste ano coincide co 40 aniversario do ILG e está programado como un acto de compromiso coa innovación en materia de investigación lingüística. Aqui pode consultarse o detalle do programa e o formulario de inscrición

Ler máis

Ramón Villares recibe hoxe a medalla da Universidade de Lisboa e o título de “Investigador Honorario”

O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, recibirá hoxe a medalla da Universidade de Lisboa e o título de “investigador honorario”.
A homenaxe terá lugar esta tarde no curso do acto de apertura do ano académico 2011-2012, do Instituto de Ciencias Sociais. Na sesión, que será presidida polo Reitor da Universidade de Lisboa, Antonio Novoa, dictará unha conferencia Quentin Skinner, da Universidade de Londres, sobre o tema “Uuha xenealoxía do Estado Moderno”.
O Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa é un espazo de investigación innovador e motivador, un centro de excelencia en Portugal recoñecido internacionalmente.

Ler máis

O Encontro “Conexôes IV. Diálogos Galicia-Brasil” demanda novas liñas de acción e estratexias de cooperación mútua en materia cultural galaico-brasileira

O Encontro “Conexôes IV. A literatura brasileira hoxe. Diálogos Galiza-Brasil”, o primeiro deste teor desenvolvido en Europa, concluiu esta tarde subliñando a necesidade de liñas de acción e estratexias de cooperación mútua en materia cultural entre Galicia e Brasil. Así o expresaron o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o representante da embaixada de Brasil en Madrid, Márcio Catunda. Organizado polo Consello da Cultura Galega e o Itaú Cultural brasileiro, o encontro reuniu en Santiago de Compostela durante tres días a escritores, críticos, editores, docentes e tradutores brasileiros e galegos para reflexionar sobre as literaturas brasileira e galega e profundizar no diálogo entre dous espazos con moitos puntos en común, empezando polas posibilidades idiomáticas.

Ler máis

O Encontro “Conexöes IV. A literatura brasileira hoxe. Diálogos Galicia-Brasil” subliña a necesidade dunha maior cooperación aproveitando os camiños da lingua

O Encontro “Conexôes IV. A literatura brasileira hoxe. Diálogos Galiza-Brasil”, o primeiro que se desenvolve en Europa, subliñou a necesidade dun maior coñecemento, de “deixar de vivirmos de costas” e dunha meirande cooperación entre dous espazos con tantos puntos de contacto, nomeadamente nos camiños da lingua. Organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) e Itaú Cultural (Brasil), o Encontro pretende establecer un diálogo entre escritores brasileiros e expertos brasilianistas sobre as dinámicas actuais da literatura brasileira e contrastar esa situación con escritores, críticos, editores, docentes e tradutores galegos. As sesións, que finalizarán mañá día 19, poden seguirse en directo, a través da canle de difusión de eventos do CCG, na súa web: www.consellodacultura.org

Ler máis

Ramón Villares entregou ao Conselleiro de Cultura o “Informe sobre a regulación e a organización e funcionamento das Fundacións Culturais de Interese Galego”

O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, acompañado pola Comisión Executiva, entregou hoxe ao Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, o “Informe sobre a regulación e a organización e funcionamento das fundacións culturais de interese galego”. O informe fora solicitado polo Conselleiro de Cultura e elaborado por unha Comisión Técnica Temporal creada no Consello da Cultura Galega a finais de 2010. O Pleno da institución aprobou o pasado 26 de xullo o informe, que, entre outras propostas, recomenda a centralización do exercicio do Protectorado nun só organismo administrativo con maior capacidade de intervención e regulación. O documento ofrece unha reflexión xeral sobre a situación e os principais problemas que presenta o sector fundacional en Galicia e recomenda unha reforma do actual marco normativo para intentar mellorar a actual regulación das fundacións de interese galego, en particular das culturais, e a súa organización, funcionamento e actuación. Galicia conta con 520 fundacións de interese galego. O noventa por cento foron creadas a partir de 1983.

Ler máis

A sala do peirao de Curuxeiras-Ferrol acolle a exposición OS ADEUSES, 73 fotografías da epopea migratoria galega captadas por Alberto Martí

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inaugurarron hoxe na sala do peirao de Curuxeiras-Ferrol a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto contaou coas presenzas de Ramón Villares, presidente do CCG, Guillermo Escrigas, director do CGAI, Ángel María del Real, Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, e Alberto Martí. A exposición estará en Ferrol ata o 5 de novembro. Con anterioridade puido verse na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal.

Ler máis

Presentado o Informe "A situación sociocultural nos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes. II Mapa Cultural de Galicia"

A presentación do informe A SITUACIÓN SOCIOCULTURAL DOS CONCELLOS GALEGOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES. II MAPA CULTURAL DE GALICIA, publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG), serviu para chamar a atención sobre a necesidade de adecuar mellor recursos e obxectivos en tempos de crise. Tamén para insistir no feito de que as políticas culturais non deben ser vistas como gasto senón como investimento. Nesa liña coincidiron o Presidente do CCG, Ramón Villares, o director do informe, Xesús A.. Lage Picos, e o Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández. O informe constata o feito de que nos inicios do 2009 “a cultura amósase amplamente arraigada na xeografía galega como un servizo máis do Estado do Benestar” e daquela o grao de institucionalización das políticas culturais ten acadado o seu cénit.

Ler máis

Investigación

O AEG desenvolve proxectos de investigación que intentan aproximarse ao fenómeno migratorio desde os máis diversos enfoques, cun carácter netamente interdisciplinar.

Ler máis