Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2901 a 2920 de 3743

Fondos Bibliográficos-Catálogo

O Arquivo da Emigración Galega, como centro documental e de referencia informativa, posúe unha biblioteca especializada en temas migratorios composta por monografías e publicacións periódicas de carácter científico. Este fondo bibliográfico intégrase na Biblioteca do Consello da Cultura Galega e, como fondo de especial interese para Galicia, na Rede de Bibliotecas de Galicia, o que permitirá o seu posterior acceso mediante un catálogo automatizado.

Ler máis

Fondos Documentais

Unha das finalidades do Arquivo da Emigración Galega é a recuperación e salvagarda do patrimonio cultural da emigración galega, centrándose na recompilación da documentación existente, ben no seu soporte orixinal ben mediante a súa microfilmación. A súa intención é ademais constituír un centro ou banco de referencias documentais (gráficas, bibliográficas, estatísticas, sonoras, literarias e artísticas) sobre o fenómeno migratorio nas súas diversas modalidades ao longo das súas distintas etapas, indicando a localización exacta de todos os materiais para axilizar a súa consulta.

Ler máis

Fondos Estatísticos

Para achegarse cuantitativamente aos movementos migratorios, o AEG conta cunha sección propia de fontes estatísticas na que se pretende recompilar as principais series editadas por organismos oficiais.

Ler máis

Fondos Audiovisuais

O Arquivo da Emigración Galega conserva un amplo arquivo fotográfico composto por uns 8.000 documentos gráficos en diferentes soportes que actualmente están en fase de catalogación e dixitalización.

Ler máis

Fondos Orais

Co obxectivo de recuperar a voz dos protagonistas, o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega asinou un convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a recuperación da memoria histórica e cultural de Galicia, a través da reprodución dos fondos procedentes do Proxecto Historga.

Ler máis

Obxectivos do AEG

O Arquivo da Emigración Galega xorde como un programa promovido pola Sección de Cultura Galega no Exterior, configurándose desde o ano 1992 como un lugar de encontro, centro documental e de información para os investigadores interesados no estudo do fenómeno migratorio.

Ler máis

A militancia falangista de Álvaro Cunqueiro polarizou o Faladoiro de Pontevedra e as intervencións de Alonso Montero, Xosé Fortes, Luís Cochón e Olivia Rodríguez

"Non se pode ser infinitamente indulxente co comportamento do cidadán Cunqueiro entre o 20 de xullo de 1936 e o ano 1950", sostivo Xesús Alonso Montero diante de Xosé Fortes, máis propenso á "indulxencia fronte ás debilidades humanas". O Cunqueiro militante da Falange, ao servizo do Franquismo, foi o argumento do Faladoiro "Os intelectuais galegos e o Franquismo", organizado polo Consello da Cultura Galega e celebrado onte no Sexo Edificio do Museo de Pontevedra e no que participaron tamén Luís Cochón e Olivia Rodríguez. O acto foi seguido por setenta persoas.


Ler máis

Vigo acolleu a xornada final do Congreso internacional “Mil e un Cunqueiros” e John Rutherford reclamou “unha boa edición crítica da obra completa do escritor”

Cunha glosa da dimensión galega e internacional de Álvaro Cunqueiro, da súa relación coa cultura anglófona, feita polo ilustre galaicista da Universidade de Oxford, John Rutherfod, concluiu hoxe no Auditorio Municipal de Vigo o Congreso internacional “Mil e un Cunqueiros”, organizado polo Consello da Cultura Galega e as tres universidades galegas. “Era obrigado vir a Vigo, dixo Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura, porque a Vigo está unido o nome do escritor, que aquí creou boa parte da súa obra literaria e xornalistica”. O congreso, con dúas xornadas en Santiago de Compostela e unha na Coruña, agrupou nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e trinta comunicacións, que permitiron revisar e aportar novas miradas ao legado dun clásico, “necesitado dunha boa edición crítica da súa obra completa”, ao ver de Rutherford. Ramón Villares, o concelleiro de Normalización Lingüística e deportes, Manel Fernández, e o vicerreitor da Universidade de Vigo, Henrique Costas, participaron no acto de clausura deste congreso, punto culminante das actividades do “Ano Cunqueiro”, organizado polo Consello da Cultura e iniciado tamén en Vigo o pasado mes de febreiro para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo,1981).

Ler máis

O legado cunqueirián reclama unha visión de conxunto da súa obra e unha actualización biográfica, segundo o congreso “Mil e un Cunqueiros”, que mañá finalizará en Vigo

O legado literario de Álvaro Cunqueiro está a reclamar unha visión de conxunto que permita abarcar analíticamente toda a súa diversidade creadora e tamén unha actualización biográfica, que cubra baleiros significativos da súa peripecia persoal e vital. Así o constatou Fernando Valls (Universidade de Barcelona) na súa intervención na penúltima xornada do congreso internacional “Mil e un Cunqueiros” celebrada hoxe na sede do Consello da Cultura Galega. As sesións, organizadas por esta institución cultural en colaboración coas tres universidades galegas, tiveron carácter itinerante con escala o xoves na Coruña, e rematarán mañá sábado 1 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo cunha mesa redonda e dúas conferencias, a última ao cargo do destacado galaicista John Rutherfod, da Universidade de Oxford.

Ler máis

O Congreso "Mil e un Cunqueiros" acolleu novas achegas, enttre o "fantástico" e o "marabilloso", nas sesións da Universidade da Coruña

Rebasado o seu ecuador, o congreso internacional "Mil e un Cunqueiros" está a cumprir os obxectivos fixados pola comisión organizadora, nomeadamente no referido ás achegas das novas investigacións sobre a obra do escritor mindoniense. "As sesións densas, intensas e non exentas de polémica así o reflicten e tamén algunhas contribucións chegadas de ámbitos italianos ou portugueseses", dixo Dolores Vilavedra, da Universidade de Santiago, integrante da comisión xunto con Manuel Forcadela (Universidade de Vigo) e Teresa López (Universidade da Coruña). O paraninfo coruñés acolleu hoxe as sesións congresuais con particular atención aos xéneros literarios na obra de Cunqueiro, a recepción do seu legado ou herdo e a configuración textual en "Merlín e familia". O congreso retornará mañá venres á sede do Consello da Cultura Galega, institución que o organizou, xunto coas universidades galegas, para conmemorar o centenario de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981).

Ler máis

César Antonio Molina reflexionou sobre o substrato poético do legado dun Cunqueiro “que sempre acreditou no encantamento polas palabras”

Autor dunha obra enriquecida cun grande substrato poético, o legado literario e xornalístico de Álvaro Cunqueiro revive baixo as novas miradas do congreso internacional “Mil e un Cunqueiros” inaugurado hoxe na sede do Consello da Cultura Galega. O creador, o narrador o xornalista foi esencialmente un poeta, como salientou o escritor César Antonio Molina na conferencia inaugural. Unha figura emblemática da literatura, galega e española, do século XX, que merece ser estudada e divulgada, como subliñou Ramón Villares, presidente da institución cultural organizadora do evento xunto coas tres universidades galegas. Villares recordou que era este o acto central do “Ano Cunqueiro”, impulsado e coordinado desde o Consello da Cultura para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). No acto inaguural interviron tamén Manuel Fernández Iglesias e Francisco Durán, vicerreitores das universidades de Vigo e Santiago, respectivamente, e José María Barja, reitor da Universidade da Coruña, en cuxo Paraninfo se desenvolverán mañá, xoves, as sesións deste congreso itinerante.

Ler máis

Unha conferencia de César Antonio Molina abrirá mañá o Congreso internacional “Mil e un Cunqueiros” no Consello da Cultura Galega

Coa conferencia “As miñas lecturas de Cunqueiro” o escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, abrirá mañá, mércores día 28 o congreso internacional “Mil e un Cunqueiros”, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). A sesión celebrarase ás 10 horas no salón de actos do CCG inmediatamente despois da inauguración oficial presidida polo titular da institución, Ramón Villares, xunto co conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o Reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e Francisco Durán e Manuel Fernández Iglesias, vicerreitores das Universidades de Santiago e Vigo, respectivamente. O congreso, acto culminante do “Ano Cunqueiro” organizado polo CCG, prolongarase ata o sábado 1 de outubro con sesións en Compostela, A Coruña e Vigo para acoller nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e máis de trinta comunicacións.

Ler máis

O Consello da Cultura presentou o congreso “Mil e un Cunqueiros”, organizado coas tres universidades galegas como acto central do centenario en Compostela, A Coruña e Vigo

Nove conferencias maxistrais, cinco mesas redondas e máis de trinta comunicacións contribuirán a facer do congreso “Mil e un Cunqueiros” un referente para a proxección futura do universal fabulador galego. Así o ven Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), organizador do magno encontro xunto coas tres universidades galegas, Dolores Vilavedra e Teresa López, da comisión organizadora, e Henrique Monteagudo, coordinador do programa “Ano Cunqueiro”, impulsado e realizado polo CCG para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). Os catro presentaron hoxe este “acto central do centenario cunqueiriano”, que comezará o 28 de setembro e itinerará durante catro días por Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

Ler máis

Cunqueiro gozou dunha excepcional acollida en Cataluña, xa en 1934, logo de publicar os seus tres primeiros poemarios

Os participantes no faladoiro “Cunqueiro e a cultura catalá”, organizado polo Consello da Cultura Galega e celebrado no Insitut d´Estudis Cataláns, en Barcelona, subliñaron o madrugador recoñecemento que Cataluña brindou ao xenial escritor galego, nomeadamente como poeta. Así o indicou Basilio Losada, catedrático da Universidade de Barcelona e crítico literario, logo de lembrar a aparición, entre 1932 e 1933 dos tres primeiros poemarios cunqueiriáns (Mar ao norde, Cantigas do si e non e Cantiga nova que se chama Riveira) e a excepcional acollida que tivera Alvaro Cunqueiro (1911-1981) en Barcelona en 1934, un feito ao que aludiu tamén Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

19-S. Illa de San Simón: Roberto Varela e Ramón Villares inauguran o Foro “Galicia e as industrias culturais e creativas-Axenda 2020”, no que participan 50 especialistas

Cincuenta especialistas en industrias culturais e creativas procedentes de 6 países reuniranse do 19 ao 22 de setembro en San Simón, a Illa do Pensamento, con motivo da posta en marcha do proxecto INDCREA, una iniciativa promovida pola Consellería que Cultura e Turismo e o Consello da Cultura Galega (CCG) que bota a andar co foro de debate Galicia e as industrias culturais e creativas diante da Axenda 2020. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o presidente do CCG, Ramón Villares, desprazaranse o luns ás 12 horas ao enclave da ensenada da Ría de Vigo para inaugurar e participar neste encontro, organizado xunto ao CCG pola Fundación Illa de San Simón, a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e coa participación activa das tres universidades galegas.

Ler máis

Inaugurada na Pobra do Caramiñal a exposición OS ADEUSES, 73 fotografías da epopea migratoria galega captadas por Alberto Martí

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron o 2 de setembro na Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal (A Coruña), a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto contou coas presenzas de Isaac Maceira, Alcalde de Pobra do Caramiñal, Ramón Villares, presidente do CCG, José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Banco Pastor, Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, e Alberto Martí. A exposición estará na Pobra do Caramiñal ata o 20 de setembro. Con anterioridade puido verse na Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.

Ler máis

Resolución das bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2011

Ler máis

Aviso legal

Ler máis

O Consello da Cultura Galega colaborará coa Xunta e coa Cidade da Cultura na dixitalización dos fondos de TVE-G en formato cine (1971-1986)

Trátase de recuperar e dixitalizar a memoria audiovisual dos anos finais do Franquismo e dos albores da autonomía en Galicia, noticias e programas producidos aquí entre 1971 e 1976. Ou sexa, os fondos en formato cine, 16 milímetros, do Centro Territorial de TVE, que pasarán logo á Cidade da Cultura. Con ese obxectivo asinaron hoxe un protocolo xeral de colaboración os representantes da Xunta de Galicia, Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Radiotelevisión Española e Consello da Cultura Galega. O acto, presidido por Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta, tivo lugar no plató do Centro Territorial de TVE en San Marcos-Santiago de Compostela. Os asinantes subliñaron a importancia de dispoñer da memoria audiovisual de quince anos cruciais gardada en 4.564 latas.

Ler máis

Consello da Cultura e consellería de Educación asinaron un acordo para a normalización lingüística

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, asinaron hoxe un acordo de colaboración polo que a institución cultural porá a disposición da Rede de Normalización Lingüística diferentes recursos para a promoción do galego desde o ámbito local. Trátase de crear a plataforma web “d-linga”, o buscador “lingua en titulares” e o audiovisual “cincuenta anos de defensa e promoción do galego”. No acto paticiparon tamén Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, e Henrique Monteagudo, director do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do CCG. O presuposto ascende a 40.000 euros, dos que a Consellería aportará 35.000 euros e o CCG, 5.000 euros.

Ler máis