O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou esta mañá a primeira análise dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) que levan case tres décadas operando en Galicia. O informe fixose público no marco dos XXVII Encontros para a normalización lingüística do CCG que inauguraron a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e unha das coordinadoras dos Encontros, Ana Iglesias. O informe conclúe que estes dispositivos públicos son esenciais para a promoción social do galego, pero funcionan cunha notable desigualdade territorial. Tamén constata a escaseza de orzamentos e a dependencia do voluntarismo. Ademais, revela que a maioría dos SNL contan cunha soa persoa técnica, que o 47,2 % carece de orzamento propio, e que os EDLG traballan con recursos moi limitados e escaso apoio institucional. O documento xa se pode consultar desde o web da institución.
Ler máis
Amosando noticias 81 a 100 de 3121


