O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou unha sesión plenaria no serán deste mércores na que acordou a concesión das súas Medallas a Luis García Montero, director do instituto Cervantes, e a Helena González, profesora da Universidade de Barcelona, pola súa contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior. Ademais, aprobouse a programación de actividades para 2022 que prestará atención aos movementos sociais e culturais na forxa da autonomía; á cultura marítima e ao pasado, presente e futuro dos medios de comunicación en Galicia. Ademais da celebración do tradicional Concerto das Letras Galegas tamén se organizarán actividades arredor da figura de Delgado Gurriarán, próximo homenaxeado no Día das Letras Galegas, con accións que estarán vencelladas a análise dos exilios. No plenario tamén se presentou o balance do último trimestre, que estivo marcado pola recuperación da actividade presencial.
Ler máis
Amosando noticias 1101 a 1120 de 1451


