Sobreviviu ao horror nazi porque puido emigrar aos Estados Unidos e desde alí reflexionou sobre a natureza do mal. Algunhas das súas frases máis célebres son Europa é “unha monstruosa fábrica de cadáveres” ou “a banalidade do mal” que converteron á filósofa alemá Hannah Aredt (1906-1975) nunha referencia da filosofía política. Sobre a súa figura, a vixencia do seu pensamento e para ofrecer novas lecturas do seu legado xira a xornada homónima que o Consello da Cultura Galega (CCG) desenvolverá mañá xoves na súa sede. Expertos e expertas construirán un relato da pensadora desde distintos puntos de vista nunha serie de intervencións que se poderán seguir en directo desde o web institucional. A cita está organizada pola Sección de Pensamento do CCG e será inaugurada pola presidenta da institución, Rosario Álvarez.
Ler máis
Amosando noticias 1501 a 1520 de 1610


