Colección especial LGTBIQ+

----

Colección especial LGTBIQ+

Os traballos que están a dar forma á colección LGTBIQ+ inicianse a finais de 2019. Ponse en marcha un proceso de recuperación, reunificación parcial, conservación, posta en valor e difusión da documentación e materiais xerados por grupos e colectivos de lésbicas, gais, transexuais, bisexuais ou queer, que desenvolveron e/ou desenvolven a súa actividade en Galicia desde a década dos sesenta do século XX.
Na actualidade a colección especial LGTBIQ+ está dispoñible para a súa consulta en sala. Ao tempo estanse a sentar as bases para a súa posta á disposición pública en Internet.

Contén materiais de diferente tipoloxía como pancartas, carteis, publicacións periódicas, documentación interna, dípticos, autocolantes, bandeiras, panos, boletíns, monografías ou materiais de xornadas e encontros.

Neste vídeo achegase unha mostra de ditos materiais.




Esta outra mostra documental, titulada De 28 en 28 (1978-2022), é unha escolma de materiais xerados por grupos e colectivos feministas e LGTBIQ+ en torno a data 28 de xuño, especialmente significativa para as reivindicacións de liberdade, orgullo e visibilidade para a comunidade de persoas que desobedecen o heterocentrismo imposto.



Recomendamos: