Xela Arias
Lugo, 23/ 5/1962 - Vigo, 11/1/2003Autoría: Ana Romaní
Precisa e extrema, a súa obra incide na vocación transgresora da palabra poética
Nada en Lugo no ano 1962, a súa traxectoria está directamente implicada no devir cultural galego dos anos 80 e 90, como poeta, como tradutora, como activista, como profesional no ámbito da edición. É a maior de cinco irmáns, o seu pai Valentín Arias e a súa nai Amparo Castaño trasládanse cando Xela ten sete anos a Vigo, cidade na que transcorrerá o resto da súa vida. Realiza estudos de bacharelato, comeza a publicar en xornais e revistas (Faro de Vigo, Jornal de Noticias de Porto, Dorna, Tintimán, Carel...), participa en recitais poéticos e diversas iniciativas culturais. No ano 1980 comeza a traballar en Edicións Xerais de Galicia, entre os anos 1990 e 1996 é correctora de estilo e editora das coleccións Xerais Universitaria e Biblioteca de Autores Galegos. Despois de once anos de traballo editorial retoma os estudos e en 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica. Nos últimos anos da súa vida exerce a docencia en distintos institutos da comarca viguesa.
En palabras do seu pai, Valentín Arias: "Tan intensas e punxentes como as súas arelas de liberdade, independencia e xustiza, eran nela o sentido e mais a práctica da solidariedade. Na familia, por exemplo, exerceu pola súa conta algo así como o papel de segunda nai para os catro irmáns desde moi nena. Que eu saiba nunca se desatendeu de ninguén por máis que cadrase en radical desacordo con el".
Pioneira nos labores de tradución ao galego, Xela Arias publica o seu primeiro libro de poemas en 1986. Denuncia do equilibro revela unha voz singular á marxe das marcas poéticas do momento. Interpretacións posteriores apuntan a súa condición de adiantada do que logo serían algunhas das liñas da xeración dos 90. Rupturista, transgresora, valente, ousada, son algúns dos adxectivos utilizados para definir a personalidade creativa desta autora que sorprendeu no ano 1990 cun segundo libro, Tigres como cabalos no que os poemas dialogan coas imaxes fotográficas de Xulio Gil. Mantén a actividade en congresos, recitais e iniciativas culturais e sociais, colabora en publicacións (Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura...) e os seus poemas inclúense en libros colectivos e en diversas antoloxías poéticas. Traduce a Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, Angela Cárter ou Baudelaire, labor polo que recibe diversos recoñecementos, a Medalha do Premio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución, ou o Premio Plácido Castro, póstumo. Forma parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de traducción.
Escritora demorada e reflexiva, a súa obra incide na vocación transgresora e transformadora da palabra poética. No ano 1994 nace o seu único fillo Darío, esta experiencia é a xénese do libro de poemas Darío a diario que ofrece novas lecturas sobre a maternidade. Tardaría sete anos en publicar o que será o seu derradeiro libro de poemas, o rotundo Intempériome.
Lonxe da contemplación, a palabra poética de Xela Arias revólvese, indaga, cuestiona, interroga a orde das cousas. Unha voz esixente e depurada que tensa a lingua á procura doutras formas de dicir, porque "a de quen comprende non é palabra feliz"
Morre dun ataque ao corazón o 1 de novembro de 2003. Preparaba o espectáculo poético-musical "Vencerse é cousa de se tratar".
Como citar: Romaní, Ana : Xela Arias. Publicado o 1/1/2006 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=201. Recuperado o 29/09/2023
DOCUMENTACIÓN DE
«Autopoética», de Xela Arias
Fonte: Boletín Galego de Literatura, nº 11, (1994) p. 199-202. Exemplar da Biblioteca do CCG
Poema de maio do 2004
Poema de Xela Arias publicado en maio do 2004 na revista O Trasno do Instituto de Bacharelato Álvaro Cunqueiro de Vigo
Conferencia: ¿Para que os poetas hoxe?
Conferencia «¿Para que os poetas hoxe?» pronunciada por Xela Arias no Círculo das Artes de Lugo o 4 de maio de 2001
Obra de Xela Arias
Elaborada polo CDIF
DOCUMENTACIÓN SOBRE
EXPÓSITO RABADÁN: «Verso Desnudo», Madrigal. Revista de estudios gallegos, nº 8 (2995), p. 33-41
Fonte: http://revistas.ucm.es/
«Festa Xela»
Artigo de Marga Romero escrito con motivo do falecemento de Xela Arias. Foi publicado en 2003 no número 18 da revista Festa da Palabra Silenciada
Entrevista cando tiña 11 anos
Entrevista de Julia C. Hortigüela a Xela Arias cando tiña once anos Está publicada no xornal Faro de Vigo o 19 de maio de 1973 con motivo do seu premio no VI Concurso de contos infantís O Facho da Coruña polo seu conto «A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia»
Entrevista sobre Tigres coma cabalos.
Entrevista de Montse Carneiro a Xela Arias con motivo do libro e exposición Tigres coma cabalos. Está publicada no xornal El Ideal gallego o 12 de agosto de 1990
Reseña sobre Darío a diario.
Reseña de Xosé M. Eire sobre o libro Darío a diario. Está publicada no xornal A Nosa Terra o 15 de maio de 1997
Ligazóns de interese
O equilibro dos extremos: especial sobre a publicación poética colectiva de homenaxe a Xela Arias. CCG, 2021
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/especiais/o-equilibrio-dos-extremos/index.php
Xela Arias. Día das Letras Galegas 2021
Espazo homenaxe do CCG
[última consulta: 21/12/2021]
Xornada Xela Arias e Luísa Villalta. Letras, interartes, proxectos na fin de século (26/03/2014)
[última consulta: 10/08/2021]
Charo Pita pon voz aos contos de Gianni Rodari, traducidos por Xela e Valentín Arias.
[última consulta: 21/12/2021]
Videos
Mulleres nas Letras. Xela Arias
Vídeo didáctico (4´ 58´´) no que se presentan os datos máis salientables da biografía de Xela Arias (1962-2003), tradutora, editora e poeta a quen a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.
Audios
Parín sen dor
S/t
S/t
Vente
Soldados
S/t
Que lugar
Na xanela desde abril
S/t
S/t
S/t
II. Monólogo adicto
Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias
Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias no Diario Cultural da Radio Galega en Outubro de 2003
Poema II do libro Intempériome recitado por Xela Arias
Poema de Xela Arias dedicado a Rosalía de Castro
Xela Arias fala do seu libro Intempériome na RG
Entrevista a Xela Arias na RG
Xela Arias no programa Diario Cultural da Radio Galega
Referencias bibliográficas
- ARAGUAS, V., “Os cormoráns que iluminan os versos de Xela Arias”, El Correo Gallego-O Correo galego, Santiago de Compostela, (27-7-2003).
- BLANCO, C., “Xela Arias, Ana Romaní, Pilar Cibreiro”, en Literatura Galega de Muller, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1992.
- EIRÉ, X.M., “Un luxo, Darío”, A Nosa Terra, Vigo, (15-5-1997).
- EXPÓSITO RABADAN, J., “Xela Arias:verso desnudo”, Madrygal, Madrid, 8 (2005), p. 33-41.
- VV.AA.: Xela Arias, quedas en nós, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2004.
- “Arias Castaño, Xela”, en VILAVEDRA, D. (coord.), Diccionario da Literatura Galega. Autores, Vigo, Galaxia, 1995. Vigo, Galaxia, 1995.
Artigos Xela Arias
ARIAS, X. (3/1985) Perdida nas medidas. Festa da palabra silenciada. (02), 51.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (1/1986) Nocturnidade. Festa da palabra silenciada. (03), 40.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (2/1987) Cristal. Festa da palabra silenciada. (04), 72.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (9/1989) Desmán. Festa da palabra silenciada. (06), 160.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (12/1991) [A noite, unha fráxil liorta de escualos]. Festa da palabra silenciada. (08), 80.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (12/1991) Soldados. Festa da palabra silenciada. (08), 130.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (12/1992) [Que me compartas se me falo de nada]. Festa da palabra silenciada. (09), 162.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (12/1992) [Non hai, si que non hai]. Festa da palabra silenciada. (09), 162.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (2001) [Manco o sol que regresa da xanela]. Festa da palabra silenciada. (16), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (2001) Soldados. Festa da palabra silenciada. (16), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ARIAS, X. (2001) [Que me compartas se me falo de nada ]. Festa da palabra silenciada. (16), 18.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Libros do ccg sobre Xela Arias
Dis ma-ma-má de Xela Arias.
2021 | Juanjo Cura, Música. Composición.
O equilibrio dos extremos.
2021 |
: Xela Arias en 12 voces
¡Non te amola!.
2021 | Xela Arias, Autoría.