Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas de 2021 en homenaxe a Xela Arias, o Consello da Cultura Galega publica Non te amola!.
Os 16 contos que compoñen esta obra foron escritos arredor dos anos 1990 ou 1991, cando Xela contaba con case 30 anos de idade.
É un relato das experiencias da autora, que se introduce como unha nena de nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día.
Chega acompañado de estudo crítico a cargo da profesora Ana Iglesias e de sete ilustracións realizadas por Bea Gregores.
Titulo ¡Non te amola!
Autoría Xela Arias
Estudo introdutorio Ana Iglesias
Ilustración Bea Gregores
Limiar Rosario Álvarez
Obxecto de estudo Xela Arias
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 99 p.: il., cor; 21 cm
Notas Libro con estoxo. Edición numerada. Homenaxe á escritora Xela Arias no ano 2021, ano dedicado á súa memoria. Contén: 1. Limiar por Rosario Álvarez; 2. Estudo: En diálogo con Xela por Ana Iglesias; 3. Un alfabeto para Xela; 4. ¡Non te amola! por Xela Arias
ISBN 978-84-17802-30-1
Depósito Legal C 583-2021
Materias
Áreas
Código QR