Excursión de emigrantes galegos en Lisboa, 1914 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Excursión de emigrantes galegos en Lisboa, 1914

Ramiro Vidal Carrera (Fotografado/a)
17/05/1914
A presenza de emigrantes galegos, sobre todo pontevedreses e ourensáns, en terras portuguesas foi unha constante ao longo do tempo. Compartir fronteira facilitaba o intercambio de traballadores en ambas as dúas "raias" e, como non, a súa integración.
A comezos de 1900 Ramiro Vidal Carrera (sinalado cun X) emigra a Lisboa con 13 anos. Antes xa o fixeran seu pai e tíos e despois os seus irmáns, seguindo a pegada de moitos dos seus veciños. Alí comeza a traballar en varios comercios como aprendiz e mozo para todo. Pouco a pouco vai progresando e chega a ser propietario de varios comercios e negocios hostaleiros. En 1908 foi un dos promotores da fundación da sociedade Juventud de Galicia de Lisboa, unha das máis antigas asociacións de emigrantes galegos de Europa.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
17/05/1914
Entidades
Mención: Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa
Localizacións
orixe: Lisboa, Portugal
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Miguel Regojo Fernández