Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia

Xornada. Xénero e documentación

Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia

8 de xuño de 2017
Santiago de Compostela
Xornada
Xénero e documentación

Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia

8 de xuño de 2017 Santiago de Compostela

Os arquivos públicos de Galicia son unidades de xestión documental integradas nas institucións públicas que os orixinan, serven á xestión administrativa das súas organizacións e encárganse ademais dunha parte singular da custodia, organización e difusión do Patrimonio Cultural: o referido ao Patrimonio Documental.


Coma calquera outra unidade administrativa, participan das políticas xerais levadas a cabo polas organizacións ás que pertencen. Neste senso, deberíase sentir tamén neles a acción das políticas referidas á perspectiva de xénero derivadas das resolucións do Consello Económico e Social das Nacións Unidas desde 1997 até a actualidade, resolucións ás que se veñen adherindo continuadamente todas as administracións públicas do país.


É isto así? Participan os arquivos de Galicia e o persoal vinculado a eles dos posicionamentos internacionais e nacionais nesta materia? Custodian os arquivos públicos de Galicia documentos de mulleres, sobre mulleres? Custodian ou interésanse por custodiar documentos vinculados co movemento feminista?


Nunha primeira e rápida achega a estas cuestións, semella que nos arquivos públicos de Galicia nin a perspectiva de xénero nin o feminismo son obxecto de atención clara e preferente, incluso parecen estar fóra do ámbito de interese das e dos profesionais. 


Mais é posible que esta apreciación non responda á realidade con exactitude e deba ser matizada. Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, considerase que fai falta unha visión demorada que permita visibilizar o camiño andado e aproximar outras realidades. Neste sentido, nestas IV xornadas sobre xénero e documentación, proponse iniciar un debate aberto, dirixido a profesionais dos arquivos e á sociedade en xeral co obxectivo de dar a coñecer, se é que as hai,  as actuacións que nos arquivos públicos de Galicia incorporan unha perspectiva de xénero e/ou feminista con naturalidade, aplicando a ollada aos contidos, aos métodos, ás dinámicas de traballo. Ábrese, ademais, a oportunidade de coñecer máis de preto as propostas e estratexias desenvolvidas sobre as cuestións expostas no conxunto do Estado e no caso concreto do  Archivo Mujeres y Géneros do Archivo Nacional de Chile.

Ficha técnica
Xornada.
Xénero e documentación
Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia
Data
8 de xuño de 2017
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
Dolores Pereira Oliveira
María Xosé Porteiro García
Presenta
Rosario Álvarez
Marina García Pita
Encarna Otero
Gabriel Quiroga Barro
Concha Varela-Orol
Relator/a
Beatriz Díaz Vázquez
Eva García Amador
Olimpia López Rodríguez
Francisca Marticorena Galleguillos
Luis Martínez García
Ámbito
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG)
Organiza
Comisión de Igualdade (CCG)