Eduardo Lence-Santar
Mondoñedo, Lugo, 16/ 7/1876 - Mondoñedo, Lugo, 14/1/1960Autoría: Armando Requeixo
Cronista e escritor mindoniense
Eduardo Lence-Santar e Guitián naceu en Mondoñedo o dezaseis de xullo de 1876. Ao ano e medio de vir ao mundo, seus pais trasladáronse primeiro a Portomarín e logo a Sarria, terra da familia materna, de onde non regresou á súa cidade natal ata 1901.
Dende aquela, e quitado breves estancias en Lugo (1911-1913, como oficial de Estatística), a pontevedresa parroquia de Lourizán (onde foi entre 1919-1920 administrador do pazo do seu parente Montero Ríos) e Compostela (1925-1928, como comisario de entradas do Hospital de Santiago), o seu domicilio fixouse definitivamente en Mondoñedo, cidade na que sobreviviu cos ingresos das súas colaboracións xornalísticas e o que obtivo polo seu labor como arquiveiro municipal ou como docente na Academia-Colexio de San Rosendo primeiro e na Escola de Artes e Oficios despois.
Segundo propia confesión, ao pouco de se constituír a Academia Galega enviou a esta unha colección de adiviñas populares, o que lle valeu ser designado correspondente da mesma en xaneiro de 1906.
Por ese tempo documéntanse as súas primeiras publicacións en xornais e revistas como La Voz de Mondoñedo (na que aparecen traballos seus dende mediados de 1903), El Norte de Galicia (dende fins de 1903), a coruñesa Revista Gallega que dirixía o académico Galo Salinas (onde en febreiro de 1906 figura unha súa recolleita de «Cantares populares de la ribera del Masma»), a mindoniense Minerva (coa que colaborou en maio de 1906 tamén con «Cántegas populares d’as ribeiras do Masma», xustamente dedicadas
Entre fins da primeira década do século XX e o remate da segunda Lence-Santar foi multiplicando a produción sobre temas históricos e etnográficos, que alternou coa creación poética e contística. Froito desa incansable entrega á escrita (sobre todo de referente mindoniense) foron as distincións e nomeamentos que dende ben cedo se lle outorgaron e que viñeron sumarse á xa amentada de correspondente da Academia, como, por exemplo, o de Cronista Oficial da Cidade de Mondoñedo —título que ostentou dende abril de 1917—, o de Socio Correspondente do Instituto Histórico do Minho —corporación da portuguesa Viana do Castelo que o distinguiu en agosto de 1922— ou o ingreso na Orde Civil de Alfonso X o Sabio en setembro de 1949.
Estudoso e divulgador incansable da terra mindoniense, Lence-Santar morreu na cidade que o vira nacer o catorce de xaneiro de 1960 e alí permanece soterrado no panteón familiar do Cemiterio Vello.
Mais antes de finarse tivo tempo para dar a coñecer unha ampla obra ensaística de tema histórico escrita en castelán, que alternou con contribucións analíticas e colectoras como etnógrafo e mais con creacións poéticas e narrativas, todas elas en galego.
O historiador
Como historiador Lence-Santar é autor dunha vastísima obra recollida en volumes, folletos e numerosas colaboracións xornalísticas tanto da prensa local (de Mondoñedo e restante Mariña lucense) coma autonómica (sobre todo luguesas e compostelás), estatal (da prensa galega en Madrid) e da emigración americana (igual bonaerense que cubana).
Deixando a un lado a inxente produción en prensa, a escrita de monografías e folletos supera a vintena de títulos. Entre estes cóntanse Pontificado del Obispo Sarmiento (1908), Mondoñedo: El Santuario de los Remedios (1909), El Seminario de Mondoñedo (1909), Mondoñedo: El Santuario del Carmen (1909), Mondoñedo: El Convento de Alcántara (1910), El Convento de Villanueva de Lorenzana y el de San Francisco de Vivero (1910), Mondoñedo: La Orden Tercera (1910), Mondoñedo: El Convento de la Concepción (1910), El Obispo Santo y San Salvador de Pedroso (1910), Mondoñedo: El Convento de San Martín de Villaoriente o de los Picos (1912), La obra pía de San Antonio de Mellid (1928), Páginas Históricas Gallegas. El Mariscal Pardo de Cela. La Santa Hermandad (1930), El Licenciado Molina y su Descripción del Reino de Galicia (1944), Páginas Históricas Gallegas. Los Gremios de Mondoñedo (1951), Mondoñedo y el arbolado en el siglo XVI (1954) e Hijos ilustres de la antigua provincia de Mondoñedo: don Víctor José María de Silva y Gutiérrez (1957).
Sendo todos os anteriores traballos de grande interese para a historiografía local, non cabe dúbida ningunha de que a súa obra de maior relevo neste eido foi a monumental Del Obispado de Mondoñedo, editada en tres volumes entre 1911 e 1915.
Respecto da articulística histórica espallada por xornais e revistas, nos últimos anos apareceron varias entregas dunhas compilacións baixo o título Mondoñedo, regreso al pasado.
O etnógrafo
Aínda que Lence-Santar é maioritariamente coñecido como historiador e cronista mindoniense, o certo é que a súa vocación como folclorista (e tamén como poeta e narrador) abrollou dende a primeira hora.
É lóxico que así sexa se se ten presente que xa na súa mocidade sarriá deprendeu a tocar a gaita e a zanfona, habilidades das que sempre se gabou, o que explica que Noriega Varela, no primeiro poema que lle dedicou, o distinguise como “O Gaiteiro do Masma”.
As primeiras compilacións etnográficas do autor coinciden, como se viu máis arriba, cos primeiros traballos publicados. A estas seguiron outras dadas a coñecer en Galicia. Revista Gráfica Mensual de Madrid (onde en 1935 publicou «Do noso folk-lore. Adiviñanzas da Terra de Mondoñedo»), no periódico mindoniense Vallibria (entre abril de 1938 e febreiro de 1940), a revista da emigración cubana Cultura Gallega (que recolle «Folklore gallego. O guinaldo» en decembro de 1938) e en varias follas periódicas que o propio Lence-Santar dirixiu e compuxo baixo os títulos Mondoñedo e Nadal entre os anos 1941 e 1951, ademais de nos programas das Feiras e Festas das San Lucas (por exemplo no de 1953).
Pois ben, a práctica totalidade destes textos acabaron incorporados á serie etnográfica «Folklore gallego», que Lence-Santar publicou no xornal santiagués El Compostelano entre xaneiro de 1938 e agosto de 1941 con algún avance anterior (o artigo «Pedindo a regueifa» de xuño de 1927 e «Folklore santiagués» de xullo de 1937).
Esta serie, que o autor cobizara reunir nun volume que ía titular Folklore d’as terras de Mondañedo, Santiago e Sarria pero que nunca chegou a publicar, foi recollida por quen isto escribe na recompilación Etnografía mindoniense (2000), onde rescatei o medio cento de entregas aparecidas no xornal, fonte ben celmosa para moi diversos eidos da nosa etnografía (tanto no que atinxe á cultura espiritual coma á material), paremioloxía (refraneiro, adiviñas...), literatura popular (romances, apólogos, contos, lendas etc.) e mesmo da lexicografía e fraseoloxía, sendo o mostrario prosístico galego máis importante dos publicados durante a Guerra Civil.
O poeta
Como poeta Lence-Santar é autor dunha trintena de composicións que deu a coñecer nun lapso de tempo de apenas vinte anos (1912-1932) na prensa da época, principalmente local (La Voz de Mondoñedo, Justicia, Acción Social, Vallibria, As San Lucas) ou mariñá (Las Riberas del Eo) e, ocasionalmente, do resto de Galicia (A Nosa Terra, El Compostelano). Logo desta etapa produtiva inicial limitouse a enviar composicións xa publicadas para que fosen reproducidas en diversos xornais e revistas. O porqué desta concreción temporal da súa escrita entre os anos dez do pasado século e as proximidades da Guerra Civil hai que procuralo na declarada inclinación filogaleguista que por aqueles anos experimentou o autor: sumouse á nacente Academia Galega en 1906; no outono de 1917, cando se constituíu en Mondoñedo a Irmandade da Fala local, foi elixido conselleiro primeiro e, en calidade de tal, estivo presente na I Asemblea das IF en novembro de 1918 en Lugo; amais, en 1925 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Logo desta etapa, centrou a atención no ensaio de tipo histórico, que redactou en castelán, postergando a faceta de creador literario. Neste sentido, cómpre anotar o bilingüismo xenérico practicado por Lence-Santar, autor en castelán cando tratou temas de prosa histórica e social, mais escritor en galego de relatos e poemas, así como tamén de ensaios de tipo etnográfico-folclórico e sobre literatura popular.
Na súa poesía salienta por riba de todo a presenza do mar, do mundo mariñeiro. De feito, as súas composicións son as máis das veces mariñas modernas nas que o obxecto poetizado é, con exclusividade, o marítimo. Noutras ocasións as referencias ao mundo do mar vencéllanse a aspectos autobiográficos ou a un tipo de poesía declaradamente relixiosa. Agora ben, aínda que o elemento mariño é predominante (e nisto segue a escola do seu paisano Manuel Leiras Pulpeiro, quen pasa por ser o Poeta da Mariña fronte a Antonio Noriega Varela, a quen sempre se alude como o Cantor da Montaña), Lence-Santar afástase naturalmente de Leiras por canto na súa poética non se produce unha gabanza do mundo mareiro como no autor de Cantares gallegos, senón que o mar que nel comparece é un cantábrico traizoeiro, onde o vento do nordés e a travesía poñen constantemente en apuros o sufrido mariñeiro; é, pois, un mar inconstante e impredicible, incontrolable e voluble, que acotío pode ofrecer a bonanza do pairar, pero que sempre reserva momentos nos que torna a singradura mortal.
Tamén teñen unha importante presenza nos poemas de Lence-Santar as composicións de contido relixioso, entre as que se contan poesías en honor á Virxe. O resto dos seus textos repártense entre poemas de circunstancias, algunha poesía de corte autobiográfico e outras de tema folclórico. No conxunto, debe subliñarse o forte carácter costumista, popularizante, que non desbota o tratamento de estampas líricas sobre a gaita, as romarías, a campá do chan natal ou as innúmeras penalidades do coitadiño emigrante. Neste sentido, a influencia dos grandes do XIX e de entre séculos faise evidente, nomeadamente no maxisterio dos conveciños Noriega Varela e Leiras Pulpeiro, mais tamén nos ecos rosalianos e pondalianos.
Toda esta escrita de Lence-Santar pode consultarse no compilatorio Poesía galega (1999), que incorpora un amplo estudo introdutorio no que Xe Freyre e quen isto asina analizamos e contextualizamos esta produción.
O narrador
Fundamentalmente historiador, tamén poeta por frecuentación, as incursións como narrador de Lence-Santar foron máis ben contadas e apenas se alcanzan a media ducia de mostras: tres prosas aparecidas en La Voz de Mondoñedo baixo o título xenérico de «Da terra de Sarria» («De troula», 139-140, 18-20 de novembro de 1905; «O cristo de Goián», 152, 17 de febreiro de 1906; e «As cartas», 157, 24 de marzo de 1906); o relato «O xastre de Cangas» (Minerva, 1, 20 de maio de 1906); «O Bispo Santo: Tradición das Mariñas» (Follas Novas, 502, 13 de xaneiro de 1907); «Cousas da Mariña: O crego de Rúa» (Aires da Miña Terra, 12, 26 de xullo de 1908); e «O cacique de Frades» (Galicia Nueva, 1 de novembro de 1923).
Catro destes relatos («De troula», «O Cristo de Goián», «As cartas» e «O crego de Rúa») foron recollidos no volume Narradores ocasionais de comezos do século XX (1901-1916) polos editores Francisco Martínez Hidalgo, Marta Neira Rodríguez e María Vanesa Solís Cortizas, quen deixaron fóra desta compilación por non os considerar suficientemente fictivos «O Bispo Santo: Tradición das Mariñas» (que Modesto Hermida en Narrativa Galega: Tempo de Rexurdimento, 1995, e servidor en Escritores mindonienses, 1998, si estimamos ficcións máis que documentais), «O xastre de Cangas» (que tamén defendo como narración) e «O cacique de Frades» (publicado alén do período que mapea a escolma, mais inequivocamente ficcional, pois mesmo figura no xornal que o reproduce co significativo antetítulo de «Un cuento»).
De xeito resumido, as prosas de Lence-Santar oscilan entre aquelas que se inclinan por unha estrutura e contidos declaradamente costumistas, decote descritivos, e aqueloutras que se abren ao relato de temática social, sen perder de vista nunca a súa ancoraxe no contar oral e na recreación de usos e tipos populares.
Cauda
O ronsel de Eduardo Lence-Santar sobrancea non só na tradición mindoniense, senón que, na súa faceta de historiador e etnógrafo, temos nel a un dos máis notables estudosos da Galicia norlucense.
Amigo e biógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro, compañeiro de Antonio Noriega Varela e entusiasta divulgador da súa obra, foi o primeiro cronista de Mondoñedo e autor de traballos que están na base da escrita do Álvaro Cunqueiro de raiceira máis popular, pois este último bebeu nos seus artigos e tirou deles proveito á hora de crear personaxes e sucesos dos seus volumes de retratos.
Lence-Santar foi un persoeiro singular dun Mondoñedo doutro tempo. A súa vera effigies, asinada polo conterráneo e tamén escritor Xe Freyre, dá fe do que afirmo e con ela remato estas liñas:
Obra en galego

Pr’Academia galega) ou a boanerense Nova Galicia e mais Galicia de Madrid (ambas as dúas con colaboracións tamén de 1906).

Figura miúda e algo desvalida, case oculta tras as laúdas barbas de imperante carolinxio; o erguido camiñar de fidalgo que pasea fachendoso o seu pedigree polas rúas de Mondoñedo; o extremo ascetismo do seu vivir cotián, de laico ermitán estrafalario; o xenio de recalcitrante célibe perrenchudo que lle asoma, ás veces, por debaixo da súa serena aparencia, de amable avó tirado dun conto de fadas; pero, sobre todo, a auréola de romántico vesánico que o adorna, a enfermiza paixón mindoniense que bule nas súas veas, unha doenza sublimada en relixión á que lle consagrar a vida en calidade de sumo sacerdote.
Obra en galego
-Poesía galega (1999)
-Etnografía mindoniense (2000)
Bibliografía