Xosé Neira Vilas
Gres, Vila de Cruces (Pontevedra), 3/ 11/1928 - Gres, Vila de Cruces (Pontevedra), 27/11/2015Autoría: Valentín García Gómez
Galicia enteira a ollos dun neno da aldea
Na escola de Gres recibirá a instrución académica elemental, que non poderá proseguir ao verse forzado a traballar para contribuír no sostemento económico da familia. Despois de exercer diversos oficios, como o de carteiro ou o de contable nun serradoiro, en xaneiro de 1949 abandona, con 20 anos, o lar familiar e emigra a Bos Aires. Iniciaba deste xeito unha longa viaxe polos camiños da emigración que habería durar catro décadas.
Xa instalado na capital da República Arxentina, ao tempo que procura o sustento desempeñando sucesivos empregos, entra axiña en contacto coa comunidade galega de emigrantes e exiliados asentados no país, e frecuenta a biblioteca do Centro Galego, fontes a través das que accede ao coñecemento de facetas da historia e da idiosincrasia de Galicia ignoradas por el ata entón. Consecuentemente, durante a década de 1950 dará tamén os primeiros pasos na militancia cultural e política, da que resulta unha boa mostra a súa participación na constitución, en agosto de 1953, das Mocedades Galeguistas (filial xuvenil da Irmandade Galega de Bos Aires), das que será secretario xeral. No voceiro da nova organización política, a revista de vida efémera Adiante, colabora, desde o primeiro número (xaneiro de 1954), baixo o pseudónimo de Xosé Ulla, a carón de Ramón Suárez Picallo, Ramón de Valenzuela ou Avelino Díaz, entre outros. As colaboracións desta época tanto en Adiante, da que é un claro exemplo o artigo «Decálogo do bô galego», como en Opinión Gallega (órgano oficial de expresión conxunta do Centro Ourensán e do Centro Pontevedrés de Bos Aires) poden considerarse os primeiros traballos do incipiente intelectual e escritor como xornalista e publicista, dous dos eidos que cultivará ao longo de toda a vida e nos que obterá fecundos froitos.
O afervoado mozo autodidacta representará igualmente un papel relevante no I Congreso da Emigración Galega, importante cita celebrada, en Bos Aires, en 1956, á que asistirían centos de representantes de institucións societarias da emigración galega de todo o mundo: á parte de integrar a comisión que o organiza, durante as xornadas de celebración lerá publicamente o poema,
de puro estilo pondaliano, titulado «Brindis. No xantar evocador do Banquete de Conxo», e pronunciará a «Ponencia a prol do encauzamento dos mozos emigrantes nas sociedás galegas de América». O congreso constitúe o momento inaugural da súa actividade como ensaísta sobre o feito migratorio galego, faceta esta á que máis tarde se dedicará con tesón.
En febreiro de 1957 casa con Anisia Miranda Fernández, moza cubana de ascendencia galega que se establecera en Bos Aires en 1953. Escasos catro meses despois da voda, o 15 de xullo (cabodano de Rosalía de Castro), a parella funda, no domicilio familiar, o selo editorial Follas Novas, un fito na biografía de Xosé Neira Vilas a través do que se transloce ben ás claras a súa militancia entusiasta na causa da cultura galega naquela altura. En realidade, tratábase dun proxecto que excedía o dominio editorial, pois nacía coa pretensión de aglutinar, baixo un mesmo paraugas empresarial, a edición propia e mais as actividades de venda e distribución do libro galego en América do Sur e nas comunidades galegas na diáspora.
En Follas Novas, Neira Vilas publica, en 1960, o seu primeiro libro, o poemario Dende lonxe, con cuberta de Luís Seoane e prólogo de Rafael Dieste; e, en 1961, tamén con cuberta de Luís Seoane, Memorias dun neno labrego, a obra que o convertería no autor máis lido na historia da literatura galega contemporánea. Aínda que a edición de 1961 desta novela de temática e mirada rural gozaría dunha aceptable recepción tanto en América como en Galicia, a colosal popularidade que alcanzaría posteriormente non daría comezo ata 1968, cando Ediciós do Castro ofrece, con ilustracións de Isaac Díaz Pardo e prólogo de Xesús Alonso Montero, unha segunda edición que se esgotaría axiña. Desde entón ata hoxe publicáronse un total de 36 edicións, sen contar as realizadas nas múltiples linguas ás que se traduciu (castelán, portugués, alemán, francés, éuscaro, catalán, inglés etc.). Igualmente, no selo sadense vería a luz o groso da fecunda obra literaria, sen distinción de xéneros (narrativa, literatura infantil e xuvenil, ensaio, tradución...), que publica desde mediados da década de 1960 ata os primeiros anos do século XXI.
O mesmo 1961, a parella decide abandonar a República Arxentina e establecerse en Cuba, onde dous anos atrás triunfara o movemento revolucionario de inspiración socialista liderado por Fidel Castro. Como afirmaría Xosé Neira Vilas nalgunha ocasión, a decisión de ir morar á illa non fora allea ao ideal de participar na experiencia de construción dunha sociedade da que supostamente habería de emerxer o home novo. Traballará en varios destinos da Administración cubana non relacionados co ámbito da cultura, agás cando, en 1984, asume o cargo de xefe de redacción da revista infantil Zunzún . Durante este longo período que se estendería ata comezos da década de 1990, aínda que non abandonaría a narrativa, xénero no que daría títulos tamén de éxito como Xente no rodicio (1965), nin ocasionalmente tampouco a poesía, no entanto centrará a súa actividade creativa particularmente na investigación sobre a emigración e a cultura galega na emigración, cuxo resultado será a máis dunha decena de extensos e rigorosos ensaios que se sucederá á publicación, en 1983, do libro Castelao en Cuba. A esta tipoloxía pertence A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960, o discurso co que ingresa, en 2001, como académico de número na Real Academia Galega. En 2001, a Universidade da Coruña invísteo doutor honoris causa e, en 2003 a da Habana. En 1998, a Xunta de Galicia outorgaríalle a Medalla Castelao e en 2015 a Medalla de Ouro de Galicia.
A partir de 1992, sempre na compaña de Anisia Miranda Fernández, morará na casa natal de Gres, coñecida co nome de Casa do Romano, sede igualmente da Fundación Xosé Neira Vilas desde a súa constitución en 1993. Ao longo das décadas seguintes ao establecemento definitivo do escritor e intelectual en Galicia, dedicarase sen descanso á creación literaria e ao activismo cultural, as dúas angueiras que lle serviran de motor vital desde os anos de mocidade na capital porteña.
Xosé Santiago Neira Vilas morre, na Casa do Romano sede da dinámica fundación que hoxe leva o seu nome, o 27 de novembro de 2015. Os seus restos descansan no cemiterio parroquial de Gres.
Como citar: García Gómez, Valentín : Xosé Neira Vilas. Publicado o 22/11/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2752. Recuperado o 23/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Ver Documento. Epístola
Neira Vilas, Xosé (2012): Cadernos Ramón Piñeiro (XXII). Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
http://www.cirp.es/pub/docs/crp/crp22.pdf [2022-12-30]
Discurso de ingreso de Xosé Neira Vilas na Real Academia Galega. Ver Documento
Neira Vilas, Xosé (2001): A cultura galega en Buenos Aires: 1950-1960. A Coruña: Real Academia Galega.
Fonte: Real Academia Galega. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/160/ [Descarga: 2022-09-09]
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Roteiro cultural e literario 2017: Manuel Abelenda Zapata, Xosé Neira Vilas e María de los Dolores del Adalid y González Garrido. Ver Documento
Fonte: Concello de Oleiros. http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26337.pdf [Descarga: 2022-09-09]
Raigame. Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares, 35 (2011). Especial sobre Xosé Neira Vilas. Ver Documento
Fonte: Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php?option=com_content&view=article&id=16&Itemid=13&lang=gl [Descarga: 2022-09-09]
«A historia da LIX galega», Revista das letras, 816 (15-04-2010). Ver Documento. Artigo
Fonte: Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/xose-neira-vilas/paratextos/5033/a-lix-galega [Descarga: 2022-09-09]
Ligazóns de interese
1856 - Banquete de Conxo - 1956 : Primeiro Congreso da Emigración Galega (edición facsimilar).
Fonte: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=162
Xosé Neira Vilas, Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña
Investidura como Doutor Honoris Causa pola facultade de Filoloxía do escritor Xosé Neira Vilas nun acto presidido polo reitor, Xosé Luis Meilán Gil, e onde exerce como padriño o filólogo Xosé María Dobarro Paz. Ano 1998.
Fonte: https: //pasouoquepasou.crtvg.gal/content/xose-neira-vilas-doutor-honoris-causa-pola-universidade-da-coruna [2022-09-09]
Páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas
Fonte: Fundación Neira Vilas
https://www.neiravilas.gal/index.php/gl/ [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas en Historias de Ida e Volta
Fonte: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/detalle-material.php?id=84307 [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas na páxina web da AS-PG
Fonte: Asociación Socio-Pedagóxica Galega
http://literaturagalega.as-pg.gal/autoras-es/neira-vilas-xose.html [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas na páxina web da AELG
Fonte: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
https://www.neiravilas.gal/index.php/gl/ [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas na Biblioteca Virtual Galega
Fonte: Biblioteca Virtual Galega
https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XosNeira&alias=Xos%E9+Neira+Vilas [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas na Real Academia de la Historia
Fonte: Real Academia de la Historia
https://dbe.rah.es/biografias/6951/xose-neira-vilas [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas na Galipedia
Fonte: Galipedia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas [2022-09-09]
Xosé Neira Vilas en Radio Nacional de España
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/materiais/persoa-coleccion.php?per=2752&col=9610
Entrevista a Xosé Neira Vilas en Vieiros (04-12-2007): "En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus”
Fonte: Vieiros
https://www.vieiros.com/nova/62647/en-bos-aires-acabamos-na-comisaria-por-cantar-en-galego-nun-bus [2022-09-09]
Epístolas de
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1956
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1959
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1961
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1961
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1964
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1966
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1967
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1968
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1968
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1968
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1969
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1969
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1969
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1970
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Carta de Neira Vilas e Miranda a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1976
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1977
Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1982.
Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1993.
Carta de Xosé Neira Vilas a Lois Tobío Fernández, 1997.
Videos
Entrevista de Fernanda Tabarés a Xosé Neira Vilas en Vía V
Lembranzas de Xosé Neira Vilas. Lingua Galega TV
Homenaxe Xosé Neira Vilas polo cincuenta aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego. Asociación Cultural e Xuvenil Pena do Corvo
Subiote. Adaptación musical: Rodrigo Ramos. Animación: David Fidalgo Omil
«Balbino soñador», Manoele de Felisa. Do librodisco Cantos de lembranza.
Os camiños do neno labrego. Roteiro cultural por Gres, aldea natal de Xosé Neira Vilas
No Bico un Cantar: «O Himno Galego»
Fonte: TVG
https://www.youtube.com/watch?v=58AObCXLPj0 [Consulta: 2023-04-20]
Audios
Neira Vilas: «Días de Cuba». Entrevista no programa Españoles en el exterior de Radio Nacional de España
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 2 (Narradores) 21: XOSÉ NEIRA VILAS Presentación
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 2 (Narradores) 22: XOSÉ NEIRA VILAS A irmá de Susiño
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 2 (Narradores) 23: XOSÉ NEIRA VILAS Os tres fillos do serrador
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.1, CD 2 (Narradores) 24: XOSÉ NEIRA VILAS O mutilado
Publicacións periódicas
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
Opinión Gallega (1945-) .
Adiante (1954-) .
Orgâo das Mocedades Galeguistas (Filial de Irmandade Galega)
Galicia Emigrante (1954-1959) .
Coro Galego Brétemas e Raiolas (1958-1958) .
No seu quinto ano de eisistencia
Eufonía (1958-) .
Pubricación periódica de circulación intercontinental antre os galegos
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Abrente (1960-) .
Casa de Galicia de Valladolid
Aquí…Galicia! (1960-) .
Órgano de la Peña Cultural Gallega "Rosalía de Castro"
Aturuxo (1960-1961) .
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Galicia ó lonxe (1994-) .
Xuventude de Galicia: Centro Galego de Lisboa
Artigos Xosé Neira Vilas
NEIRA VILAS, X. (1/1954) Decálogo do Bô Galego | Adiante. 1ª (1), 2.
NEIRA VILAS, X. (5/1954) As Cousas, Craras... | Adiante. 1ª (2), 4.
NEIRA VILAS, X. (10/1954) Falando c-un segredario | Adiante. 1ª (3), 3.
NEIRA VILAS, X. (1957) Na beira do Ulla | Orzán. 1ª (9), 13.
Libros do ccg sobre Xosé Neira Vilas
Lino Novás Calvo.
2019 |
: «Ese lugar de donde me llaman»
Galicia en Cuba.
2013 | Xosé Neira Vilas, Autoría.
Lingua, Rosalía, loitas
O exilio galego: actas do congreso e repertorio biobibliográfico.
2007 |
O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios.
2006 | Pilar Cagiao, Edición. Xosé M. Núñez Seixas, Edición.
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”.
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo” .
2004 | Xesús Alonso Montero, Edición. Henrique Monteagudo, Edición. Begoña Tajes, Edición.
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo I
Carlos Casares.
2003 | Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Coordinación. Henrique Monteagudo, Coordinación.
A semente aquecida da palabra
A lingua galega en Cuba.
1995 | Xosé Neira Vilas, Autoría.