Elisa Díaz Riva
Santiago de Compostela (A Coruña), 22/ 8/1914 - Cidade de México (México),Autoría: Carlota Guede Pujales
O exilio químico dunha científica galega
Elisa, que xa daba sinais de éxito ao conseguir o premio extraordinario no bacharelato oficial, optou por un sector científico puro: a Química. No bacharelato coincidiu e mantivo unha grande amizade con Natividade Mejuto Larrauri, unha das primeiras docentes da Universidade de Santiago de Compostela. Elisa ingresou na universidade compostelá en 1930, obtendo o correspondente título en 1934.
A finais de 1934 é nomeada axudante de prácticas, xunto con outras tres mulleres, a instancias do entón catedrático de Física, Mariano Zurimendi. A materia na que traballa é Física Experimental na, daquela, Facultade de Ciencias, durante 1935 e 1936. En 1935 tamén comezaría a impartir, de manera paralela, clases prácticas no departamento de Bioloxía grazas ao profesor Luís Iglesias.
Despois de rematar o período de formación, comezou a súa etapa docente gañando unha praza de profesora de Física e Química no Instituto de Educación Secundaria Pi i Margall de Barcelona, instituto que esixía a docencia en catalán neses anos. Foi entón cando se trasladou ao Instituto de Badalona, onde continuou desempeñando a docencia.
Elisa Díaz, en 1937, casou co pontevedrés Laureano Poza Juncal, químico de profesión coma ela e pertencente a unha destacada familia republicana. O seu home foi membro de Acción Republicana e Izquierda Republicana. Exerceu como catedrático interino de Física e Química no Instituto Nacional de Educación Secundaria de Vigo e, posteriormente, foi profesor da Escola de Guerra Número 1 de Barcelona.
Porén, ambas as dúas carreiras docentes víronse truncadas cando, en plena Guerra Civil, Laureano foi depurado do seu posto de profesor na Escola Superior de Traballo de Vigo. O matrimonio decidiu exiliarse xa que así poderían beneficiarse das axudas concedidas polo Centro Marsellés dos Comités de Axuda á Intelectualidade Catalá.
Elisa e mais Laureano partiron no barco Ipanema cara ao porto de Veracruz, considerado o porto comercial máis importante de México. O Ipanema era un barco de vapor que partiu de Pauillac (Francia) o 12 de xuño de 1939, chegando ao seu destino, o porto de Veracruz, o 7 de xullo de 1939, con preto dun milleiro de refuxiados españois da Guerra Civil. Foi unha das tres grandes expedicións marítimas organizadas polo SERE (Servizo Español de Evacuación de Refuxiados), que trasladaron a México, no verán de 1939, a vitimas da guerra na procura de refuxio. En total chegarían arredor de cinco mil persoas procedentes do exilio español entre as tres expedicións.
Foi neste novo país americano, onde Laurenao Poza traballou como profesor de Ciencias Químicas na Universidade Internacional e no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Ademais, pasou por ser copatrocinador da revista Vieiros, publicada entre 1959 e 1968. Esta revista naceu no seo do Padroado da Cultura Galega a través da iniciativa do conxunto de galegos exiliados en México e que estaban comprometidos coa institución. Tiña como obxectivo recoller nas súas páxinas
calquera idea literaria, artística e filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura.
Elisa, porén, decidiu completar a súa formación estudando Técnica nos laboratorios clínicos da Universidad Femenina para despois comezar a traballar como profesora de Química Xeral, Química Inorgánica e Química Orgánica en centros de ensinanza secundaria de México. Ao mesmo tempo, dedicouse á filosofía esotérica, pasando a formar parte dunha asociación na que ocupou importantes cargos.
Elisa xa non volveu de América, onde naceu o seu fillo Joaquín o 23 de abril de 1941, e as súas fillas xemelgas Elisa Victoria e Pilar en 1945. Non hai constancia da data da súa morte, aínda que si a hai da do seu marido: o 31 de xaneiro de 1996.
Elisa Díaz Riva é a representación dun dos claros exemplos de carreira truncada por culpa da Guerra Civil e a posterior ditadura. Cando a súa proxección profesional comezaba a alcanzar una considerable altura, México tivo que acollela. Igual que a case cinco mil españolas e españois máis.
Fontes
Arquivo Histórico Universitario da USC, AHUS: Libro de Actas da Facultade de Ciencias. 1904-1935. Fondo Universitario. Serie xeral. A 109. Acta de 6 de novembro de 1934 (p. 374).
Fundación Pablo Iglesias: Exilio – Barcos – Lista de pasaxeiros do Ipanema (México). Accesible en: https://fpabloiglesias.es/doc-dic-biografico/exilio-barcos-lista-de-pasajeros-del-ipanema-mexico/
Pares: Portal de Arquivos Españoles: Ficha de Díaz Riva de Poza, Elisa. Movimientos Migratorios Iberoamericanos. Accesible en: https://pares.mcu.es/MovimientosMigratorios/detalle.form?nid=35716
Pares: Portal de Arquivos Españoles: Barco Ipanema. Institución - Ipanema (barco de vapor). Accesible en: https://pares.mcu.es/ParesBusquedas20/catalogo/autoridad/123038
Bibliografía
Pintos Barral, Xoana (2015): As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. [Tese de Doutoramento]. Santiago de Compostela: Universidade.
Pintos Barral, X. (9 de febreiro de 2011): «As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela». Santiago de Compostela: culturagalega.org.
Ordóñez Alonso, María Magdalena (xaneiro de1997): El Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles: historia y documentos, 1939-1940. México: Instituto Nacional de Antropología e Historia.
Pan, M. R.; Rolland, E. (2022): Pioneiras da Ciencia en Galicia. Vigo: Galaxia.
Consello da Cultura Galega (15 de outubro de 2023): Vieiros: revista do Padroado da Cultura Galega de México D.F. (1959-1968). Accesible en: https://consellodacultura.gal/prensa/publicacion.php?p=1160
Como citar: Guede Pujales, Carlota : Elisa Díaz Riva. Publicado o 23/1/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34908. Recuperado o 19/04/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, estudo de Xoana Pintos Barral publicado no Álbum de Mulleres o 9 de febreiro de 2011. Ver Documento. Artigo
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Mulleres.
https://culturagalega.gal/album
Resumo do relatorio «Abatendo muros: as primeiras docentes na universidade de Santiago», de Socorro Liste e Xoana Pintos, presentado ao XXIII Congreso de ENCIGA. Inclúe fontes e bibliografía. Ver Documento. Artigo
Liste López, Socorro; Pintos Barral, Xoana: «Abatendo muros: as primeiras docentes na universidade de Santiago», Boletín das Ciencias, 71 (novembro de 2010). 155-156.
Fonte: Boletín de Ciencias. ENCIGA. https://www.enciga.org
Elisa Díaz Rivas é unha das científicas estudadas no artigo «Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España», de Consuelo Flecha. Ver Documento. Artigo
Flecha García, Consuelo: «Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España», Arenal, 17:2 (xullo-decembro de 2010), 255-297.
Fonte: Universidad de La Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es/
Información no xornal El Compostelano sobre os premios recibidos polo alumnado da USC. Elisa Díaz Riva foi premiada en Matemáticas. Ver Documento. Artigo
«Reparto de premios», El Compostelano: diario independiente, 3708 (1 de outubro de 1932), 3.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana https://biblioteca.galiciana.gal
El Compostelano recolle os premios de bacharelato do curso 1924-25. Ver Documento. Artigo
El Compostelano: diario independiente, 1668 (5 de outubro de 1925), 1
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana
«Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria: primeiro terzo do século XX», estudo de Ricardo Gurriarán publicado no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega. Ver Documento. Artigo
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Mulleres.
https://culturagalega.gal/album/
Copia do primeiro diario do buque Ipanema no que marchaban a México, entre outras persoas exiliadas, Elisa Díaz Riva e o seu marido Laureano López Juncal. Ver Documento
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum de Mulleres.
El Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles: historia y documentos, 1939-1940, de Magdalena Ordóñez Alonso, obra publicada polo Instituto Nacional de Antropología e Historia en 1997. Ver Documento. Libro
Fonte: Fundación Pablo Iglesias.
https://fpabloiglesias.es/
Rexistro de asilados pólíticos en México chegados a bordo do barco Ipanema. Aínda que Elisa Díaz non figura na relación, si que aparece, na páxina 65, o nome do seu marido Laureano Poza Juncal. Ver Documento
Fonte: Fundación Pablo Iglesias.
Ligazóns de interese
«Una mirada a las mujeres españolas asiladas en México durante 1939», artigo publicado no blog do Archivo General de la Nación. México, 27 de julio de 2023
Fonte: Gobierno de México. Archivo General de la Nación.
https://www.gob.mx/agn
«Elisa Díaz Riva, pioneira da química en Galicia», artigo de Eduardo Rolland publicado en GCiencia: xornalismos + divulgación. (20 de novembro de 2021)
Fonte: https://www.gciencia.com/
«A editatona da USC contribúe á visibilización de máis de vinte mulleres científicas na Galipedia», entre elas figura Elisa Díaz Riva
Fonte: USC. Xornal.
https://www.usc.gal/gl/xornal
Noticia publicada en Lindeiros: o xornal da bisbarra de Compostela sobre unha
Fonte: https://lindeiros.net/wikimaratónde creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de investigadoras e as súas achegas. Unha delas é Elisa Díaz Riva
Acceso en liña á tese de doutoramento As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960, de Xoana Pintos Barral
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela.
http://hdl.handle.net/10347/14763
Acceso á entrada biobibliográfica da pedagoga María Victoria Díaz Riva, irmá de Elisa, no Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega. Álbum da JAE.
https://culturagalega.gal/albumdajae
Especial «Mulleres e Ciencia en Galicia», no portal web culturagalega.gal
Fonte: Consello da Cultura Galega
https://culturagalega.gal/
«Los científicos del exilio español en México: un perfil», estudo de M.ª Magdalena Ordóñez Alonso (Proyecto Clío)
Fonte: Proxecto Clío.
http://clio.rediris.es/
Elisa Díaz Riva en Pares: Portal de Archivos Españoles
Fonte: Pares. Portal de Archivos Españoles.
https://pares.mcu.es/
A científica Elisa Díaz na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/
«Historias de ida e volta: o exilio galego», especial monográfico do Arquivo da Emigración Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega.
https://consellodacultura.gal/especiais/
«Estas 23 científicas xa teñen nova páxina na Galipedia». Artigo en GCiencia: Xornalismo + Divulgación sobre a incorporación á Galipedia das entradas de Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, Elisa Díaz, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz, entre outras científicas galegas
Fonte: https://www.gciencia.com/
Entrevista con Xoana Pintos:
Fonte: Xunta de Galicia. Unidade M+C: muller e ciencia de Galicia.O coñecemento que fixo posible a mellora da saúde, da vida e as innovacións técnicas tamén é patrimonio das mulleres
https://unidadedamullereciencia.xunta.ga
Barcos de exiliados no Centro de Información Documental de Archivos (CIDA)
Fonte: Centro de Información Documental de Archivos (CIDA)
https://www.cultura.gob.es/
O barco de vapor Ipanema en PARES: Portal de Archivos Españoles
Fonte: PARES. Portal de Archivos Españoles. https://pares.mcu.es/Pares
Videos
Presentación do libro de Xoana Pintos Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Primeiras científicas na Universidade de Santiago
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela / YouTube.com
Reportaxe do proxecto Transterrados, do Centro Cultural Parque de España, sobre o exilio republicano galego
Fonte: Transterrados / YouTube.com