Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964

Isaac Díaz Pardo (Destinatario/a) · Laxeiro (Mencionado/a) · Luís Seoane (Mencionado/a) · Valentín Paz-Andrade (Remitente)
21/05/1964
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
21 de mayo de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Sada, Osedo
La Coruña


Querido Isaac:

Abro agora a túa e contesto de camiño. Non-o fago por presumir de dilixencia epistolar, mais porque hoxe debo saír a Madri deica o domingo. Nesta tempada teño máis desprazamentos previstos a Cibeles que á Torre de Hércules. O 29 debo voltar alá.
Penso que hai tempo pra que Luís conteste. Na dúbida hai que absolver. Ou sexa, decidirse pol-a solución favorable. Ti podrías escoller dou ou tres cadros de Luís e con outros tantos teus poñelos a disposición dos orgaizadores.
De Laxeiro non sei nada. Supoño que autorizará á muller pra que mande algunha cousa.
Enviarei a copia da carta ao Presidente do Círculo de las Artes. Cando lle envíes os cadros debes advertirlle que van fóra de concurso, no caso de que en definitiva pensedes en facelo así.
O Faro de Vigo publicóu o editorial no noso idioma, no día dezasete, Festa das Letras Galegas. Como ves, algo se vai conseguindo. Seguimos traballando arreo no do Banco.
Pensa en dar unha volta por Vigo co-a tua xente. Cordial aperta para Mimina e pra os varóns da casa do noso trío familiar.

Valentín
Tipo de material
epístola
Data
21/05/1964
Medidas
1 páxina
Publicacións
Localizacións
destino: Osedo
Ficha descritiva
[Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]
Localización física
Arquivo familiar Paz Andrade