Carta de Piñeiro a Seoane. 1960 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Piñeiro a Seoane. 1960

Luís Seoane (Destinatario/a) · Daniel Cortezón (Mencionado/a) · Álvaro Cunqueiro (Mencionado/a) · Xosé Luís Franco Grande (Mencionado/a) · Manuel María (Mencionado/a) · Sebastián Martínez-Risco y Macías (Mencionado/a) · Maruxa Seoane (Mencionado/a) · Ramón Piñeiro López (Remitente)
08/10/1960
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF


Compostela, 8-X-60

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Meu querido e lembrado amigo:

Recibín a tua carta e con ela a fonda alegría de saber que o voso recente paso pola nosa terra deixou en vós un calco perdurábel de impresións gratas. Pódovos asegurar, porque é certo, que o voso itinerario por Galicia deixou un ronsel de cordial simpatía en todos, tanto nos vellos amigos coma nos conocidos de novas. Polo que a Isabel e mais a min se refire, estade seguros de que non poidemos esquecer os brevísimos días que pasamos xuntos.
Nistes días celebrouse en Lugo o 1º Festival do Miño, un de cuios números foi un certamen literario galaico-portugués. Pra o Premio López Cuevillas, de teatro galego, presentáronse nada menos que dez obras. Premiaron ó Cunqueiro e déronlles accesit a Franco Grande, Cortezón e máis Manuel María.
Mañán elixirán presidente da Real Academia Gallega a Sebastián Martínez Risco.
Saúdos nosos a Maruxa. Pra tí, unha aperta moi forte do teu amigo certo

Ramón
Tipo de material
epístola
Data
08/10/1960
Medidas
Entidades
Mención: Real Academia Galega
Localizacións
orixe: Santiago de Compostela
destino: Bos Aires
Ficha descritiva
[Carta manuscrita]
Localización física
Fundación Luis Seoane