Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961. | epistola | Consello da Cultura Galega
epistola

Carta de Ramón Otero Pedrayo a Lois Tobío Fernández, 1961.

Lois Tobío Fernández (Destinatario/a) · Rosalía de Castro (Mencionado/a) · Manuel Puente González (Mencionado/a) · Vicente Risco (Mencionado/a) · Luís Seoane (Mencionado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Remitente)
11/05/1961
Trasalba, Ourense, 11 do maio 1961.
Sr. D. Lois Tobío
Montevideo

Meu querido Tobío:
Apertas. Pensando sempre nos amigos sobre todo nos de lonxe nista verde soedá trasalbesa escondida polo canto do cuco. ¡Que ben nestora comendo churros na Ferradura por as nove da mañán e mirando víbrar as torres cas balaladas da Ascensión!.. Eíqui os colabouradores da "Historia" pensada por Manuel Puente mañifestanse esceuticos, procuran non falar do problema quezáis por non amolarme a min. En tantos anos a Etnografia –non penso no introito xeografico– poido ter dado bos froitos e enqueito o nome galego en todo o mundo culto.. O traballo do Risco ten valeiros. O Risco xa non está pra traballos fortes. Peteira lixeiramente en materias literarias e deixase levar por a vaidade. Si a Etnografía saira co nome de Risco voltaría o seu verdadeiro rango.. O proieuto require – por agora e soio pra "internos"– si se levar adiante outra orgaización, cunha forte base económica e unha oficina ou centro reitor e orgaizado con ficheiros e todo o necesario. Cos cartos empregados teñense feito milagres. Pro hoxe a vida está moi outa. ¿Como se vai soster un inquerito de meses en arquivos? Eiquí hai unhas pesetas de Puente o meu nome na Sucursal do Banco da Cruña en Ourense, unhas 23 ou 30 mil que non emprego agardando novas guías. O volume da Prehistoria e o das Pelerinaxes en conxunto están dispostos pra ben logo. Do demais hai calicatas esporadicas. Eu teño moito do XVIII e XIX e en dous anos podería arranxar maís dun volume. Son un vello, 73 feitos. Vou ter con Vde unha correspondencia regular. Quixera saber sua aspiración concreta. Quixera as veces deixar a direición pois non responden eistremados [¿?] na longa agarda do primeiro tomo. Compría un esquema, semellante ou millorado do que se acordou con Seoane. Por certo que Seoane non me puxo nunha soia letra. Na editorial "Citania" estabase imprimindo unha vida anovelada de Rosalía que ali deixei o 59 e non sei como vai. O importante é na "Historia" un criterio e vontade segura. Saudos na casa. Sempre o vello amigo que moito lle quere
Ramón Otero Pedrayo [sinatura autógrafa]
Tipo de material
epistola
Data
11/05/1961
Entidades
Mención: Editorial Citania
Localizacións
orixe: Trasalba
destino: José Benito Lamas, 2941
Ficha descritiva
[Carta manuscrita, con sinatura autógrafa e sen membrete].