Caligrafías musicais

Caligrafías musicais

A alborada de Rosalía de Castro

Caligrafías musicais

Filgueira Valverde explica as orixes e a traxectoria do famoso poema

Filgueira Valverde no Álbum de GaliciaO polígrafo Xosé Filgueira Valverde, coa súa habitual erudición, esmiuza os textos rosalianos para fixarse nos seus aspectos sonoros e musicais: sons da natureza, campás, cantos de paxaros, ritmos e acentos dos cantares populares... ata chegar á Alborada popular de Rosalía de Castro.

Destaca as calidades musicais inxénitas da poeta, que favorecen a súa formación musical autodidacta, a súa voz de contralto e a súa facilidade como intérprete de instrumentos.

“Rosalía e a música”, conferencia presentada por Afonso Vázquez-Monxardín, está organizada polo Concello de Ourense e ten lugar no Ateneo de Ourense o 25 de febreiro de 1992.

Coñece a biografía de Rosalía de Castro no Álbum de Galicia

Escoita a conferencia



Datos do fondo:
ATOU-CON-295 dur. 49, 24 min
Colección Ateneo de Ourense. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega