Encontro - XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. . 14 e 15 de abril de 2016

XVIII Encontros para a Normalización Lingüística.

Encontros para a normalización Encontro

XVIII Encontros para a Normalización Lingüística.

Nas bocas do futuro: mocidade e lingua

14 e 15 de abril de 2016
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros para a normalización

XVIII Encontros para a Normalización Lingüística.

Nas bocas do futuro: mocidade e lingua

14 e 15 de abril de 2016 Santiago de Compostela

No marco desta edición preparouse unha exposición, Artesa, que podes ver aquí en versión dixital. Desde o ano 1998, o Consello da Cultura Galega vén organizando anualmente os Encontros para a normalización lingüística, un simposio no que se foron abordando de forma aberta e participativa, e desde múltiples perspectivas, cuestións teóricas, prácticas e estratéxicas relacionadas cos procesos e as políticas de normalización das linguas, co foco posto de maneira prioritaria na extensión do uso social da lingua galega.


Esta nova edición dos Encontros continúa en certo modo a anterior, pois, atendendo a un sentir maioritario dos asistentes a aquela, a comisión organizadora acordou volver poñer a atención sobre os comportamentos lingüísticos da mocidade, con novas achegas e puntos de vista complementarios dos ofrecidos en 2015. Preténdese abrir un debate multidisciplinar —desde os campos da psicoloxía, sociolingüística, socioloxía e ciencia política— sobre as razóns e factores que interveñen nos procesos de cambio de lingua da mocidade e no mantemento das súas escollas, tanto no ámbito da educación formal coma, sobre todo, no das relacións sociais.


Tamén serán obxecto de atención os recursos dixitais xerados para a promoción do uso do galego. Os Encontros foron sempre un espazo de difusión das experiencias normalizadoras, das demandas de ferramentas e das propostas máis innovadoras neste sentido. Na convición de que hai que dar pasos cara a diante, ábrese agora unha liña de avaliación dos recursos, que esperamos que teña continuación en posteriores edicións. De xeito complementario, vaise ofrecer unha mostra de recursos seleccionados segundo criterios de relevancia, actualidade e accesibilidade. É só unha pequena escolma que nos permitirá comprobar o valor da iniciativa institucional e asociativa arredor da normalización lingüística. Por outro lado, a XVIII edición dos Encontros abre de novo a participación a través de dous grupos de Facebook. A experiencia anterior, con resultados moi positivos, mostrouse útil para xerar reflexións e debates enriquecedores, que se procurará continuar ao fío dos temas propostos nesta ocasión.


Hai xa case vinte anos que comezamos sen moitos receos este vieiro, e fixémolo da man de persoas que se quixeron converter en colectivo. Con xa certa perspectiva, estimamos moi positivas as valiosas achegas que se fixeron neste foro de debate. Nesta nova edición, preparamos un programa que esperamos que sexa de interese, aínda sabedores de que un dos grandes valores dos Encontros é a xuntanza das persoas que se achegan cada ano a Santiago a reflexionar, repensar, verse e compartir. Participa tamén nos grupos de Facebook O ano pasado propuxémosche unha forma nova de participar e pagou a pena, así que esta edición tamén ten un espazo nas redes sociais. Opina, debate, pregunta e suxire sobre todo o que imos falar nos Encontros a través destes dous grupos: Encontros XVIII: mocidade e lingua Encontros XVIII: recursos para a normalización 

Ficha técnica 
Encontro
Encontros para a normalización
XVIII Encontros para a Normalización Lingüística.
Nas bocas do futuro: mocidade e lingua
Cando
14 e 15 de abril de 2016
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal

Coordinación
Rosario Álvarez
Manuel Bermúdez
Concepción Cochón
Luís Cuntín
Xosé Gregorio Ferreiro Fente
Valentina Formoso Gosende
Susana Mayo Redondo
Henrique Monteagudo
Nel Vidal Barral
Modera
Luís Cuntín
Participante
Lucía Aldao
Håkan Casares
María Lado
Xaquín Loredo Gutiérrez
Presenta
Rosario Álvarez
Manuel Bermúdez
Concepción Cochón
Xosé Gregorio Ferreiro Fente
Valentina Formoso Gosende
Rosario Pérez Magdalena
Relator/a
Marcus Fernández
Marta Gómez Ocampo
Cecilio Lapresta
Anik Nandi
Miguel Pérez Pereira
Fernando Ramallo
Eduardo Rodríguez Banga
Organiza
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Consello da Cultura Galega
Ámbito
Observatorio da Cultura Galega (CCG)