Profesor de lingua e coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda.
Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e director de Culturgal. Impulsou múltiples proxectos de normalización lingüística (Gústame o galego, Apego, LGx15, Desafío 48h, Plan de d...
Profesor de lingua e coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda.
Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e director de Culturgal. Impulsou múltiples proxectos de normalización lingüística (Gústame o galego, Apego, LGx15, Desafío 48h, Plan de desconfinamento progresivo da lingua etc.) e foi, durante 15 anos (2003-2018), técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Desde 2018 é profesor de lingua galega no ensino público, onde desenvolveu diversos proxectos de dinamización do galego entre os/as adolescentes, algúns deles premiados como proxectos de innovación pola Consellería de Educación, co Premio DígochoEu ou co Premio Mil Primaveras.
Realizou ou participou en diferentes publicacións, análises e informes sobre a política lingüística e a situación da lingua galega, como Unha outra guía para intervención lingüística (Universidade da Coruña, 2011), “Na procura da socialización en galego na infancia” (Revista Galega de Educación, 2016), Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos (Consello da Cultura Galega, 2012), “Balance da lexislación e da xurisprudencia de Galicia 1979-2019” (Revista de Llengua i Dret / Journal of Language and Law, 2019), Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO (Real Academia Galega, 2020), “Éscola e comunidade: na procura de sinerxías normalizadoras” (Revista Galega de Educación, 2020) ou Recursos e novas metodoloxías para as aulas de Lingua Galega e Literatura (Consello da Cultura Galega, 2024), por exemplo.
No Consello da Cultura Galega foi, de 2008 a 2016, membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG); de 2020 a 2022 da Comisión Técnica para a elaboración do Informe sobre lingua e infancia e, desde 2020, é membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación. En 2025 coordinou a área de educación e socialización do Foro Participativo “Un país coa súa lingua”.
Ver biografía completa