1 de xullo de 2021Santiago de Compostela
A Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega organiza esta xornada que se desenvolverá arredor de dúas entrevistas en profundidade a figuras de referencia do sector, realizadas por senllas investigadoras especializadas na historia da música galega. Para debuxar unha visión panorámica da evolución das bandas galegas, partirase do período da Transición, no que estas se reinventan e adaptan á nova realidade social e cultural, co que isto supón: unha nova estética, a expansión das bandas no ámbito escolar, a integración da muller e da mocidade, novos repertorios que dean entrada a compositores galegos etc. Así, o obxectivo último desta sesión é contribuírmos a recuperar e conservar a memoria das bandas como pezas senlleiras da nosa identidade social e cultural, ao tempo que homenaxeamos a memoria dos que fixeron posible a supervivencia e desenvolvemento ata os nosos días dun fenómeno cultural de tanto arraigamento na nosa tradición.
Ademais, a análise do momento actual servirá para reflexionar sobre os retos que debe afrontar o sector, tanto a curto prazo (por mor da COVID) coma para manter a súa singularidade nun futuro que se albisca complexo e incerto, tal e como amosan as conclusións do informe sobre As bandas de música populares en Galicia, realizado polo Observatorio da Cultura Galega, que aproveitamos para facer público ao fío da celebración desta xornada.
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A xornada será presencial e tamén retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada
As bandas de música na memoria de Galicia
1 de xullo de 2021Santiago de Compostela
DIA 30 de XUÑO
Publicación do Informe sobre as bandas de música populares en Galicia realizado polo Observatorio da Cultura Galega no web www.consellodacultura.gal
DIA 1 DE XULLO 16:30-18:00 horas
Visión panorámica da evolución das bandas galegas Beatriz Cancela Montes entrevista a José Iglesias Ramilo
Beatriz Cancela Montes
Santiago, 1981. Diplomada en Educación Musical pola USC e licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidad de Oviedo, onde se doutorou en 2015 coa tese La Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela (1848-2015). En 2009 a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, en colaboración coa USC, outorgoulle o I Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, o que lle permitiu publicar o seu primeiro libro, Santiago Tafall. Un músico compostelano en los albores del galleguismo (Consorcio/Alvarellos, 2010). Da súa autoría son tamén as seguintes investigacións: La saga Courtier en Galicia (Consorcio/Alvarellos, 2013, en coautoría con Alberto Cancela) e La música en el Burgos napoleónico (Ed. DosSoles, 2014, en coautoría con Cintia González Guerrro). Participa cos seus artigos en numerosas publicacións e revistas especializadas, ademais de colaborar como crítica para a revista de música clásica Codalario e traballar activamente, xunto con Alberto Cancela, no proxecto de recuperación de música galega “Descubrindo as Nosas Músicas”.José Iglesias Ramilo
Valadares, 1956. Aos 11 anos xa formaba parte da Banda de Música Unión Musical de Valadares, como clarinetista, e en 1971, cando contaba tan só 14 anos, é nomeado director desta. No 1978 obtén unha praza de suboficial músico do Exército de Terra tocando o óboe, praza á que renuncia no 1985 para dedicarse plenamente á dirección da citada Unión Musical de Valadares, á Escola de Música de Valadares e á dirección da Coral Polifónica do Centro Cultural de Valadares, ata a súa xubilación, en marzo de 2020.
18:30-20:00 horas
As bandas galegas hoxe: situación actual e retos de futuro Beatriz Busto entrevista a Javier Viceiro Filgueira
Beatriz Busto
Doutora desde 2016 en Antropoloxía Social pola Universidad Autónoma de Madrid coa tese La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo musical a partir del uso del folclore musical (1943-1981). O seu labor investigador céntrase no proceso de elaboración dunha narrativa estereotipada de Galicia durante a ditadura franquista. Tamén é licenciada en Antropoloxía Social e Cultural e en Historia e Ciencias da Música pola Universidad Autónoma de Madrid e mestra en Educación Musical pola Universidade de Vigo. Actualmente é investigadora da Rede Galabra, profesora asociada de Antropoloxía Social e Cultural na Facultade de Filosofía da USC e profesora na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.Javier Viceiro Filgueira
Pontevedra, 1973. No 1997 comeza como director da Banda Municipal de Silleda e na Banda-Escola de Música de Beade. Nos últimos anos, impartiu diversos cursos de dirección musical na Faculdade de Música da Universidade do Minho (Braga, Portugal), no Instituto Piaget (Viseu, Portugal), na Academia de Música de Viana do Castelo, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, na Academia Europeia de Direcção de Banda (Fornos de Algodres, Portugal). Na actualidade é profesor de Dirección na Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB), asociada á UNED de Ourense, profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo, así como director titular da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e da Arte Sinfónica-Orquestra da Arteam de Viana do Castelo (Portugal).
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
A xornada será presencial e tamén retransmitida a través do noso web e da nosa canle en Youtube e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
Xornada
As bandas de música na memoria de Galicia
1 de xullo de 2021Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
As bandas de música na memoria de Galicia
Xornada. 1 de xullo de 2021
Visión panorámica da evolución das bandas galegas
2021-07-01 16:30:00
Beatriz Cancela Montes entrevista a José Iglesias Ramilo
As bandas galegas hoxe: situación actual e retos de futuro
2021-07-01 18:30:00
Beatriz Busto entrevista a Javier Viceiro Filgueira