O obxecto deste traballo é revisar as condicións actuais das bandas de música populares en Galicia e o papel de desenvolvemento cultural que realizan os seus compoñentes, músicos, persoal directivo, docentes de música, así como a súa integración no contorno xeográfico e económico no que se integran, que en Galicia se adscribe a vilas onde hai un conservatorio ou unha escola municipal de música ou mesmo a pequenas aldeas nun contorno máis rural. Tamén se quere describir en que medida se viron afectadas polas condicións impostas pola pandemia da COVID-19 nas súas actividades cotiás.

O universo de estudo son as bandas de música asociadas á Federación Galega de Bandas de Música Populares. Das 94 entidades federadas contestaron 85 bandas. O cuestionario aplicouse de maneira telemática entre o 28 de abril e o 17 de maio de 2021.

O corpo e contido do estudo xiran arredor da dimensión social das bandas de música populares en Galicia e abrangue información que vai dende datos xerais destas entidades musicais; características dos seus intérpretes; equipo de dirección; escolas de música pertencentes ás bandas; nivel de xestión; avaliación da calidade do equipamento das súas infraestruturas; programa de actividades; fontes de financiamento; público; difusión e imaxe e incidencia da COVID-19 no seu funcionamento.

[Data de comunicación: xuño 2021]

Titulo bandas de música populares en Galicia, As
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 50 p. (Edición dixital)
Notas Imaxe de portada: Banda de música de Ortigueira (A Coruña) 1906. Colección Alejo Amoedo
DOI 10.17075/bmpg.2021
Materias
Áreas
Código QR