Novas perspectivas para o futuro do Patrimonio Cultural en Galicia

Xornada.

Novas perspectivas para o futuro do Patrimonio Cultural en Galicia

15 e 16 de novembro de 2021
Santiago de Compostela
Xornada

Novas perspectivas para o futuro do Patrimonio Cultural en Galicia

15 e 16 de novembro de 2021 Santiago de Compostela
Estas xornadas pretenden cambiar a tradicional visión do patrimonio cultural, que debe deixar de verse como un obstáculo ao desenvolvemento doutras políticas sectoriais (a urbanística, a ambiental, a educativa...) para converterse en elemento integrador destas e xerador de cidades e vilas máis modernas e sustentables.

Este cambio de perspectiva esixe afrontar novos retos dende unha colaboración interdisciplinaria, que fomente a investigación e innovación, a sensibilización social, a conexión e cohesión do patrimonio cultural galego para a súa difusión na era dixital e ante novos públicos potenciais.

Coa presenza interdisciplinaria dos relatores do curso, coñeceremos as problemáticas xurídicas e técnicas que debemos superar na nosa comunidade autónoma para afrontar esa nova visión integradora do patrimonio cultural, xa recollida na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, que no seu artigo 2.3 establece o mandato aos poderes públicos de integrar a protección do patrimonio cultural nas políticas sectoriais de educación, investigación, ordenación do territorio, urbanismo, paisaxe, conservación da natureza, desenvolvemento rural e turístico, así como naquelas que supoñan a xestión do dominio público.

Público ao que vai dirixido:

Para lograr a sinerxía descrita, o curso vai dirixido especialmente a todos os operadores técnicos e xurídicos vinculados ao campo do patrimonio cultural (arqueólogos, antropólogos, arquitectos, físicos, enxeñeiros, xuristas etc.), xa sexan persoal empregado público das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, ou dos entes instrumentais da comunidade autónoma, das universidades do Sistema Universitario de Galicia, profesionais e persoas interesadas en xeral.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada.
Novas perspectivas para o futuro do Patrimonio Cultural en Galicia
Cando
15 e 16 de novembro de 2021
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Coordinación
María Isabel Novo Castro
Relator/a
Salvador Bará Viñas
Rebeca Blanco-Rotea
Vicente Feijóo Ares
Elías López Romero González de la Aleja
Jorge Mira Pérez
Francisco Narla
María Luisa Pérez Rodríguez
Dolores Rivera Frade
Carmen Salgueiro Moreira
Cristina Sánchez-Carretero
Organiza
Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia
Consello da Cultura Galega