18:00 horas
Vidas Paralelas
Henrique Monteagudo dialoga con Ivo Castro
Modera: Rosario Álvarez
Xosé Henrique Monteagudo Romero (Esteiro-Muros, 1959). Licenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portuguesa, 1981 e doutor en Filoloxía Galega pola tese Ideas e debates sobre a lingua (1916-1936). Afonso D. R. Castelao e a tradición galeguista, pola que recibiu o premio extraordinario de doutoramento (1995) na actualidade exerce como catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou os cargos de Secretario do Consello da Cultura Galega e director da súa Sección de Lingua. Membro de número da Real Academia Galega desde 2012, da cal foi o seu secretario no periodo (2013-2021), desde 2021 ocupa o cargo de vicesecretario da institución. Asemade, é membro do padroado da Fundación Penzol, da Fundación Carlos Casares e director de Grial. Revista Galega de Cultura. É investigador colaborador do Centro de Linguística Geral e Aplicada da Universidade de Coimbra desde 2007. No eido científico, foi director-coordinador do “Proxecto Sarmiento” e director do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, e coordinador dos proxectos de investigación "A lingua das novas xeracións: competencia, cambio lingüístico, actitudes, mantemento e transmisión da lingua [IP]", "A lingua da xente nova: competencia, cambio lingüístico, actitudes e muda de lingua [IP]", "A evolución sociolingüística de Galicia (1950-2010): procesos de desgaleguización e (re)galeguización [IP]", "Variación e cambio no sistema lingüístico histórico galego-portugués [IP]".Entre a súas publicacións máis importantes, destacan a súa especialización en sociolingüística da lingua galega con obras coma As razóns do galego (2009), O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística de Galicia, 1992-2008 (2011), A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega (2011), Facer país co idioma: Sentido da normalización lingüística (2012) e Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística, 1992-2013 (2017), Historia social da lingua galega (1999; 2º ed. 2017) ou O idioma galego baixo o Franquismo. Da resistencia á normalización (2021). Entre outros eidos de investigación destacan a literatura trobadoresca, Martín Sarmiento e Castelao e o Grupo Nós, con O son das ondas. Martin Codax, Mendiño, Johan de Cangas (1998), Letras Primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito (2008), A nobreza miñota e lírica trobadoresca na primeira metade do século XIII (2014). Coma editor filolóxico, cómpre salientar a coordinación da edición das obras de Castelao, en 8 volumes (2000), Cantigas de Santa Maria. Códice de Toledo de Afonso X o Sabio (2003) ou a obra de Martín Sarmiento De Historia Natural y todo género de erudición, en 5 volumes (2008-2023).
Ivo Castro (Lisboa, 1945). Licenciado en Filoloxía Románica na Universidade de Lisboa (1969) e doutor en Linguística Portuguesa pola Universidade de Lisboa coa tese de doutoramento
Livro de José de Arimateia (Estudo e Edição do COD. ANTT 643) (1984). Exerceu desde 1969 coma investigador do Centro de Lingüística da Faculdade de Letras e docente da mesma facultade, na que chegou a ocupar o posto de Professor Catedrático. Exerce na actualidade o cargo de Professor Emérito da Universidade de Lisboa. No eido científico foi presidente da comissão instaladora da Associação Portuguesa de Linguística (APL) e director do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa. Do mesmo xeito, é membro correspondente da Real Academia Galega. Desde 1988 é coordenador do Grupo de Trabalho para o Estudo do Espólio e Edição da Obra Completa de Fernando Pessoa (Equipa Pessoa), do Ministério da Cultura e membro do Conselho Editorial da Imprensa Nacional-Casa da Moeda. Exerceu asemade coma consultor onomástico do Instituto dos Registos e Notariado do Ministério da Justiça portugués. (1996-2013).
Ivo Castro é un dos maiores experto nas áreas da historia da lingua portuguesa e da crítica textual portuguesa tanto de textos medievais coma contemporáneos. En xullo de 2017 a súa labor foi homenaxeada no IV Congresso Internacional de Linguística Histórica, en Lisboa. Entre as súas publicacións destacan as realizadas no eido dos estudios de historia da lingua portuguesa e da gramática do portugués en títulos coma
Curso de História da Língua Portuguesa, com Rita Marquilhas e J. Léon Acosta (1991),
Introdução à História do Português (2004, 2ª ed. aumentada, 2006) ou
Elementos de Grammatica Portugueza (1996). Ten traballado tamén na edición de relevantes figuras da filoloxía portuguesa coma Tavares de Macedo e Leite de Vasconcelos: J
osé Tavares de Macedo, Obras Inéditas.
Ensaio sobre o estudo historico das linguas (1996)
, José Leite de Vasconcellos, Dicionário de Regionalismos e Arcaísmos (1999-2002)
ou
O Legado de Leite de Vasconcelos na Universidade de Lisboa (2019). O profesor Castro é unha das máximas autoridades mundiais na edición e coñecemento de Fernando Pessoa, con varios volumes entre os que destacan
Poemas de Fernando Pessoa. 1921-1930 (2001),
Poemas de Fernando Pessoa. 1931-1933 (2004) ou
Obra essencial de Fernando Pessoa, 9 vols. (2015). En 1995, por convenio coa Xunta de Galicia, creouse a Cátedra de Estudos Galegos da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa, da que Ivo Castro foi o seu presidente desde 1995 ata 2005. En 2023, con Henrique Monteagudo como padriño, Ivo Castro foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela