A arte en tempo real é un novo ciclo da Sección de Creación de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG) que pretende coñecer, en boca dos seus protagonistas, o estado actual da arte na nosa comunidade. Constará de cinco xornadas e realizarase desde a perspectiva de diferentes axentes que interveñen no seu contexto: artistas, galerías, comisariado, museos, coleccións e publicacións.
A arte en tempo real
A crítica de arte en Galicia no contexto actual. Novas olladas
A crítica de arte en Galicia no contexto actual. Novas olladas
25 de febreiro de 2026Santiago de Compostela
A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas suma unha nova xornada ao ciclo “A arte en tempo real”, que leva analizando durante o último ano a situación do sistema da arte galega dende diferentes ámbitos e axentes. Neste caso, “A crítica de arte en Galicia no contexto actual. Novas olladas” convoca voces relevantes do panorama artístico contemporáneo para reflexionar sobre o papel da crítica de arte no ecosistema cultural galego.
O encontro busca abrir un espazo de diálogo profesional e xeracional, abordar retos estruturais, analizar novas formas de mediación cultural e fortalecer unha comunidade crítica diversa e activa. A través de tres conferencias e do debate final, preténdese estimular o pensamento, a colaboración e a visibilidade da crítica como ferramenta fundamental para comprender, acompañar e impulsar as prácticas artísticas.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
A crítica de arte en Galicia no contexto actual. Novas olladas
25 de febreiro de 2026Santiago de Compostela
16:30
Presentación da xornada
16:45 horas
Conferencia de María Marco
Investigadora e ensaísta galega especializada en cultura visual, arte contemporánea e análise institucional. A súa traxectoria combina escrita crítica, produción cultural e mediación; trata, así, aspectos clave da creación contemporánea e os seus contextos. Colaborou en diferentes medios como El Cultural ou a revista Tempos Novos. Creou e dirixiu a revista en liña Plétora.es (2011-2016), especializada en arte emerxente. Actualmente, é xefa da sección de arte en El Cultural.
17:30 horas
Conferencia de Marisol Salanova
Crítica de arte, comisaria de exposicións e editora cultural. Licenciada en Filosofía e cun Máster en Produción Artística, traballa con especial interese na análise do sistema da arte e as súas estruturas de lexitimación. Desde 2025, é directora e editora xefa da plataforma Arteinformado. É autora do libro La crítica de arte en la actualidad (ed. Akal) e participa habitualmente en conferencias, encontros profesionais e debates públicos. Moi activa nas redes sociais, caracterízase por unha posición crítica explícita e unha atención constante aos contextos políticos e culturais da arte contemporánea.
18:15 horas
Pausa18:30 horas
Conferencia de Manuel Padín
Escritor e investigador especializado en arte contemporánea. Formado en Filosofía, Política e Economía. Máster en Historia da Arte Contemporánea e Cultura Visual, realizou varios programas de estudos independentes de museos (DIDDCC, Tecidos Conxuntivos e Organismo), foi xefe de redacción da editorial EXITMEDIA e actualmente leva a cabo labores de coordinación editorial do Tenerife Espacio de las Artes. É fundador e coordinador do proxecto Invertebrados de pensamento crítico afincado en Logroño e colabora como crítico de arte en diversos medios e plataformas especializadas.
19:15 horas
Coloquio
Modera: Mónica Maneiro
Licenciada en Historia da Arte, realizou un Máster en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporánea na USC. Completou os seus estudos de doutoramento en Crítica e Estética na Universidad Complutense de Madrid. Dende abril de 2024, é directora artística da Fundación DIDAC, na que foi responsable de exposicións entre 2017 e 2020. Dirixiu (2014-2019) e foi coordinadora editorial (2010-2019) da revista DARDOmagazine. Dende 2022, é crítica de arte no programa Diario Cultural da Radio Galega e dende 2025 nas revistas Segno e Art Nexus. Codirixe o festival de artes performativas Plataforma en Santiago de Compostela (dende 2020) e en Santander (dende 2024). É socia fundadora da Cooperativa Performa. Comisariou máis de cincuenta exposicións tanto individuais como colectivas.
*Presentación das persoas relatoras: Paula Cabaleiro e Patricia Verdial.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.