Xornada - Corenta anos de música orquestral en Galicia: proxectos e contribucións á música académica. 5 de marzo de 2026

Corenta anos de música orquestral en Galicia: proxectos e contribucións á música académica

O rol das institucións culturais galegas

Corenta anos de música orquestral en Galicia: proxectos e contribucións á música académica

O rol das institucións culturais galegas

5 de marzo de 2026
Santiago de Compostela
Xornada
O rol das institucións culturais galegas

Corenta anos de música orquestral en Galicia: proxectos e contribucións á música académica

O rol das institucións culturais galegas

5 de marzo de 2026 Santiago de Compostela
No marco do ciclo de xornadas dedicado á reflexión sobre o papel das entidades institucionais galegas vinculadas á creación e á interpretación escénica, musical e audiovisual, preséntase esta sesión centrada na evolución das orquestras sinfónicas galegas ao longo dos últimos corenta anos. O percorrido abrangue dende a creación da Xove Orquestra de Galicia en 1987 ata a constitución da Orquestra Sinfónica de Galicia en 1992 e da Real Filharmonía de Galicia en 1996, co propósito de analizar o traballo realizado ata o presente, así como a visión e as perspectivas de futuro da música orquestral en Galicia.

A xornada, organizada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, ten como finalidade abrir un espazo de análise e diálogo entre profesionais, coincidindo case catro décadas despois da fundación da primeira destas formacións. Preténdese, así, reflexionar sobre o papel que estas institucións desempeñan na actualidade dentro da escena musical galega. Para iso, contarase coa participación de representantes das tres orquestras citadas, que exporán os retos afrontados e os desafíos vindeiros, a filosofía que orienta o seu labor e a súa repercusión social, cultural, pedagóxica e territorial no conxunto do sistema institucional galego.
Ficha técnica 
Xornada
O rol das institucións culturais galegas
Corenta anos de música orquestral en Galicia: proxectos e contribucións á música académica
O rol das institucións culturais galegas
Cando
5 de marzo de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Montserrat Capelán Fernández
Cristina Domínguez Dapena
Relator/a
Eduardo Alonso Rodríguez
Baldur Brönnimann
Juan Antonio Cuéllar
Sabela García Fonte
Fernando Raña Barreiro
Joám Trillo Pérez
Presenta
Rosario Álvarez Blanco
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)