Xornada - Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas. 23 de marzo de 2026

Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas

Xornada

Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas

23 de marzo de 2026
Santiago de Compostela
Xornada

Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas

23 de marzo de 2026 Santiago de Compostela
Os camiños entre a literatura e o xornalismo sempre foron comunicantes no sistema literario galego, como amosa a nosa historia literaria. Neste caso pártese de Begoña Caamaño como exemplo en que estes dous terreos se amosan vizosos, para explorar como se retroalimentan no presente, xerando interesantes interseccións.

Partindo dunha mesa que lembrará a figura que se lle dedica as Letras Galegas 2026 na súa faceta máis xornalística, a xornada indagará nos elementos e nas motivacións que fan que as e os periodistas aposten pola ficción, nas achegas das escritoras e escritores aos xéneros xornalísticos e nas posibles fronteiras entre os dous ámbitos. Que pode ter de literario unha columna de opinión ou unha reportaxe? Existe unha escrita novelesca atravesada polo estilo xornalístico? Hai espazos na televisión e nas redes para o literario? En que medida o xornalismo e a literatura (e viceversa) non son as caras dunha mesma moeda? Estas (e algunhas máis) son cuestións ás que tenta responder este encontro arredor de dous oficios que levan camiñando á par dende hai ben tempo.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada
Non hai fronteiras (ou si?): xornalismo e literatura nas letras galegas
Cando
23 de marzo de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Montse Pena Presas
Marta Veiga Izaguirre
Relator/a
Nicolás Carreira Pena
Ledicia Costas Álvarez
Lucía Junquera Pazos
Margarita Ledo Andión
Ramón Nicolás Rodríguez
María Xosé Porteiro García
Ismael Ramos Castelo
Manuel Rivas Barrós
Susana Sánchez Aríns
María Solar Núñez
Antía Yáñez Rodríguez
Modera
Montse Pena Presas
Marta Veiga Izaguirre
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)