Xornada - Corenta anos de voces e pantallas multiplicando o galego: e agora que?. 20 de abril de 2026

Corenta anos de voces e pantallas multiplicando o galego: e agora que?

Xornada

Corenta anos de voces e pantallas multiplicando o galego: e agora que?

I. A dobraxe

20 de abril de 2026
Santiago de Compostela
Xornada

Corenta anos de voces e pantallas multiplicando o galego: e agora que?

I. A dobraxe

20 de abril de 2026 Santiago de Compostela
Catro décadas despois da creación da Radio Galega e da Televisión de Galicia, a celebración deste aniversario convértese nun momento privilexiado para volver situar a lingua no centro da conversa pública. Non só porque a CRTVG nacese en 1984 coa misión explícita de ofrecer servizos informativos e audiovisuais en galego, senón porque, nestas catro décadas, os medios públicos configuraron un ecosistema cultural sen precedentes na historia da comunicación do país.

A lingua galega, presente por vez primeira con continuidade, ambición e vocación de servizo, puido ocupar espazos que anteriormente lle foran vedados ou aos que só se chegaba de maneira tímida. Hoxe, cando o audiovisual vive unha revolución global marcada pola dixitalización e pola competencia entre plataformas, é máis necesario ca nunca interrogármonos sobre que significou este camiño e, sobre todo, que papel queremos que desempeñe o galego nas pantallas dende xa.

A xornada que aquí se presenta nace co propósito de abrir ese debate desde múltiples voces: profesionais da lingua, analistas dos medios, actores e actrices de dobraxe, tradutoras e tradutores, docentes e persoas creadoras que, desde ámbitos moi diversos, contribuíron a que o galego se escoite, se vexa e se recoñeza. O aniversario non é só ocasión de celebración; é tamén unha chamada de alerta e unha oportunidade de renovación. Porque as percepcións que moitos teñen e os números que revelan os datos actuais de audiencia evidencian luces e sombras, avances sólidos en moitos sentidos pero tamén ameazas que requiren reflexión, decisión e vontade colectiva.

Durante estes corenta anos, os medios públicos fixeron posible a consolidación dun espazo de comunicación onde o galego se puido desenvolver con naturalidade en formatos tan distintos como a información, o entretemento, a ficción seriada, o humor ou os programas musicais. A posta en marcha de agalega.gal representa, nese sentido, a culminación dun ciclo e o inicio doutro: un espazo dixital que, se se fortalece, pode situar os contidos en galego nunha dimensión global, accesible e competitiva, especialmente para as novas xeracións.

Esta xornada quere mirar atrás para comprender a traxectoria, mais tamén mirar cara adiante para identificar que precisa hoxe o galego nos nosos medios: políticas lingüísticas máis asentadas, profesionais con recursos, modelos de produción creativos e unha aposta decidida pola diversidade lingüística e cultural.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada
Corenta anos de voces e pantallas multiplicando o galego: e agora que?
I. A dobraxe
Cando
20 de abril de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Benigno Fernández Salgado
Ana Luna Alonso
Relator/a
Manuel Arca Castro
Rosa M.ª Camiña Pérez
Antón Dobao
Ana Mª Fernández Fernández
Luís Iglesia Besteiro
Luz Méndez Fernández
Xoán Montero Domínguez
Paulino Novo Folgueira
Charo Pena Torres
Miguel Pernas Cora
Modera
Carme Hermida Gulías
Marta Veiga Izaguirre
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Lingua, Literatura e Comunicación (CCG)