Encontro Escoitadoiro
Migracións e Dereitos Culturais
Comunicación e Cultura de Paz
Centro Social A Nubeira, 19 de maio de 2026
Vigo
17:00 horas
Inauguración
17:15 horas
Presentación do encontro e explicación das dinámicas de traballo.
Leonardo Casado, mediador e documentalista do encontro
Cartografía en rolda. Dinámica de mapeo de persoas e proxectos sobre un gran mapa da provincia e presentación das persoas e entidades participantes nunha rolda xeral.
18:00 horas
Dinámica de diagnose e reflexión compartida sobre a realidade da provincia de Pontevedra, e nomeadamente a cidade de Vigo, sobre experiencias e problemáticas arredor do deseño, creación, distribución, comunicación, produción e acceso á cultura baixo unha perspectiva de interculturalidade e realidade migratoria do territorio.
19:15 horas
Merenda preparada por ACUIDARTH e sesión de música underground de distintas latitudes seleccionadas pola Dj venezolana VerusK.
20:00 horas
Dinámica de definición de proposicións
Á vista das conclusións da dinámica de diagnose, finalizaremos cunha posta en común colectiva enunciando que propostas concretas de acción se poden formular para axudar a orientar políticas e prácticas culturais dende unha perspectiva de dereitos culturais e interculturalidade.
Despedida do encontro cun breve resumo de conclusións por parte de Leonardo Casado.
Persoas e proxectos participantes:
Mediador-documentalista: Leonardo Ezequiel Casado
1. Miriam Sandoval. Música arxentina con experiencia en coordinación, creación escénica e traballo con distintos colectivos.
2. Mina Shayan. Artista iraniana que investiga a imaxe das mulleres orientais na prensa, o cine e a literatura española, tendendo pontes entre culturas e linguas.
3. Najat Elmounadil Essaloua. Divulgadora cultural especializada na gastronomía marroquí.
4. Iria Vázquez Silva. Socióloga e investigadora galega centrada no estudo das migracións transnacionais africanas.
5. Juncal Blanco. Responsable da Fundación de Solidariedade Internacional Emaús en Vigo.
6. Su Garrido. Música galega. Dirixe o coro Cantamañás, proxecto de inclusión social de Emaús Galicia, no que se integran moitas persoas migrantes.
7. Khadidja Diop. Proxecto de confección téxtil tradicional senegalesa.
8. Ignacio Pérez-Jofre. Artista e profesor titular no Departamento de Pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
9. Sandra Fernández. Presidenta da Orquestra Son das Flores, constituída por máis de 40 nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e 14 nacionalidades do Colexio Vicente Risco de Vigo.
10. Laura Valdés. Xornalista cubana, responsable de comunicación de ACCEM e organizadora do Festival Refufest, que aglutina colectivos migrantes e artistas locais.
11. Andrea Bouzón. Psicóloga e técnica do programa "Saudade: Acompañamento psicolóxico a través da vivenda" da asociación Provivienda.
12. Sandra Moya. Artista teatral e produtora colombiana. Estudou Dirección de Escena e Dramaturxia na ESAD e fundou a compañía TeatroNontroppo.
13. Chechu Riquelme. Bailarina, profesora e creadora arxentina. Desenvolve o espectáculo Na outra banda, mestura de danza contemporánea, baile tradicional galego e folclore arxentino, dentro do programa Da Man, que impulsa Amarelo Distribución.
14. Lilian Portela. Responsable de Amarelo, distribuidora de espectáculos de danza impulsora do programa Da Man, para o acompañamento de artistas emerxentes en danza.
15. Gloria Pérez. Deseñadora, artista plástica e profesora de debuxo colombiana.
16. Aleida Naval. Xornalista cubana afincada en Vigo, creadora do pódcast Poniendo Voz.
17. Fedra Alcaraz. Socia da Morada Cooperativa, un centro feminista da cidade de Vigo onde se acollen moitas propostas artísticas e culturais de persoas migrantes.
18. VerusK DJ. Música e picadiscos venezolana, alumna de Dudamel, explora o latin club e a música underground fóra dos estándares da electrónica comercial.
19. Gaba Cánaves Miñones. Arxentina descendente de exiliados e represaliados galegos. Activadora de prácticas artísticas interdisciplinarias.
20. Raquel Arreola e Beth Knowles. Impulsoras da Editoria FormasPress, que traduce e distribúe literatura radical latinoamericana e española en inglés, centrada en obras transfeministas e queer.
21. Yuliia Pantiukh. Artista ucraína.
22. Roberto Carlos Frías Zambrano. Deseñador gráfico e pianista venezolano. Formou parte de varias agrupacións musicais coas que realizou xiras por Latinoamérica. En Galicia, traballou na orquestra Panorama.
23. Tamara Novoa. Directora de A Movida.
24. Deputación de Pontevedra / Ana Isabel Amoedo Garrido, directora do Centro Príncipe Felipe, onde se acollen menores migrantes.
25. Concello de Vigo / Yolanda Aguiar, concelleira de Benestar Social.
26. Xunta de Galicia
27. Consulado da Arxentina en Vigo / Silvina Montenegro, consulesa da Arxentina en Vigo, leva décadas desenvolvendo un labor de apoio á cultura e artistas arxentinas en Vigo.
LUGAR
Centro Social A Nubeira
Rúa Pizarro 6
36204 Vigo
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
Encontro de traballo, pechado ao público. Acceso só con convite para participantes.