Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1961 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1961

19 de outubro de 1961

Querido Isaac:

Ahí van os colores pra as portas de Morchón? Son sete, que é un número cabalístico, incruido o negro que pra min foi sempre un color. Pra semana que ven tratarei de ter os dibuxos no tamaño que ti indicaras. Non hai novedades. Todo é aburrido ou cicais divertido, según se vexa.
Saudos a Mimina. Unha aperta de

Seoane

19-X-61