Proxecto epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1961.

02/10/1961
Emilio PitaRodolfo PradaManuel PuenteMª del Carmen SolerLois Tobío Fernández
Compartir en

Buenos Aires, 2 de Octubre de 1961.

Sr. Luís Tobío.
Montevideo

Benquerido Tobío:
Os amigos Prada e Puente, déronme traslado dos teus desexos de que eu podería redactar un pequeno traballo encol da música popular galega, para engadir á Historia de Galicia que, gracias ao teu grandeiro esforzo, sairá axiña.-
Como comprenderás á noticia non deixou de encherme de satisfacción; e acarón desa satisfacción a dúbida de si as miñas cativas condiciós son de abondo capaces, para figurar xunto as outas persoalidades que tratan os principales temas de dita Historia.- Creo sinceiramente, que hai na Terra, e fora dela, quen pode faguer ese traballo moito millor que eu; por eso creo que nesta oportunidade pesou á túa amical estimanza hacia miña persoa, tantas veces posta de manifesto e que agradezo en todo canto val.- Agora ben, si tí crées que á miña colaboración pode servir de algo, non terei mais remedio que acatar a túa decisión.-
Si a túa resolución é definitiva, ainda que os amigos Puente e Prada, déronme a lér unha nota túa onde eispresas o que estimas comenente debe ser dito traballo, breve e conciso, a mín gostaríame indicaras cantas follas escritas a máquina, doble espacio (tipo carta ou oficio) consideras debe tér o mesmo, e tamén si é interesante engadir algunha bibliografía.-
Prégoche as túas noticias, sin reservas, e con cordiales lembranzas para María del Carmen e fillos, de todos nós, recibe a aperta forte e cordial de sempre,

Emilio Pita [sinatura autógrafa]

O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Por favor descarga o documento aquí.
Ficha documental [Imprimir]