Entidade: Fundación Barrié de la Maza

Entidade: Fundación Barrié de la Maza [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1976-02-04
Carta de Piñeiro a Seoane. 1976
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Piñeiro a Seoane. 1976 en 04/02/1976


Compostela, 4-II-76

Querido Luis:

De Sargadelos enviáronme o espléndido Insectario que con tanto entusiasmo editou e prologou o Raimundo Patiño. Tantos anos soñando en facer edicións como ésta, ten que se sentir feliz ao presentar, prologada por el, unha colección de grabados teus. E eu tamén me alegrei moito de ver que leva adiante unhas arelas editoriais das que xa me falaba afervoadamente hai bastantes anos.
Os grabados son fermosos. Resulta unha boa colección de insectos ennobrecidos polo arte, que mesmo os humaniza. Ramallos, Caracolas, Insectos, Pulpo, seres moi presentes no noso mundo vital que agora estarán tamén moi presentes no noso mundo cultural polo milagre do arte. Do teu arte.
Por aquí non hai grandes novedades. Bon, das novedades políticas coido que vos informarán os xornais de ahí. O que non sei si saberás, e esta noticia sei que che agrada, é que a Fundación Barrié outorgoulle a Blanco Amor unha beca vitalicia de 250.000 pesetas anuales. Tamén a Otero Pedrayo e mais ao Artaza Malvárez. E por iniciativa do Laxeiro, vanlle facer ao Eduardo un homenaxe os pintores, que consistirá nunha exposición en Vigo na que o importe das ventas será para o escritor homenaxeado. Supoño que, nestes días, estará feliz.
Apertas nosas para os dous

Ramón


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Picasso, Pablo;  Maside, Carlos;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Paz-Andrade, Valentín;  Colmeiro, Manuel;  Piñeiro López, Ramón;  Hervella Nieto, Evelina;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Falcini, Luís;  Alberti, Rafael;  Goya, Francisco de;  Blanco Amor, Eduardo;  Fole, Ánxel;  Sofovich, Bernardo;  Gerstein, Marika;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Núñez Búa, Xosé;  Miró, Joan;  Burd, Lipa;  Carballo Calero, Ricardo;  Otero Espasandín, Xosé;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Cabanillas, Ramón;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Frontini, Norberto;  Muñoz Manzano, Carmen;  Baltar Domínguez, Antonio;  Souto, Arturo;  Cunqueiro, Álvaro;  Unamuno, Miguel de;  Burd, Esther;  Gil Varela, Álvaro;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Prada, Rodolfo;  Eiroa, José Gabriel;  Torrallardona, Carlos;  Klee, Paul;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  prensa escrita;  política;  A nova Sargadelos;  historia;  artes escénicas;  Galería Bonino;  radio;  cine;  premios;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  Libro de Tapas;  Círculo de las Artes de Lugo;  Álbum de Galicia;  Fardel d’eisilado;  Xosé Eiroa;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro;  Catro poemas para catro gravados;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Bienal de Venecia;  Eudeba;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Bauhaus;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Galería Sargadelos de Barcelona;  poesía;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  Lonxe;  Luís Seoane. Gravados;  dadaísmo;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Ediciós do Castro;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Precursores e novos;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0