Entidade: Editora Juvenil

Entidade: Editora Juvenil [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1964-03-21
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Seoane. 1964 en 21/03/1964


A Habana, 21 de marzal de 1964

A Luis Seoane e señora
Madrid

Amigos moi queridos:

Parece que foi onte cando deixamos Bos Aires, e vai pra tres anos. Parece mentira. Sempre tiven unha noción fuxidía do tempo, porque decote me parece escaso, pero nestes trinta meses a cousa resultoume máis veloz ca nunca. Tanto hai que facer e crear aquí e tan a gosto se fai, que non se sinte o paso do tempo. Porque aituar en Cuba, anque se trate do labor máis modesto, é sentirse útil, sentirse protagonista de algo, moi importante no seu conxunto. Este país é un laboratorio en moitos aspectos. E é o centro do mundo nalgúns outros. E o caso é que o povo –antes degradado e corrompido– síntese aitor desto, sinte o seu camiño como seu, como propio. Esto faime lembrar, anque máis por referenza que por esperencia propia, o primeiro quinquenio dos anos trinta, vividos por vostedes. Talvez aquelo fose máis importante, pero é o mesmo entusiasmo creador.
Percurarei sintetizar o noso quefacer aquí. Eu sigo na Empresa Automotriz, do Ministerio de Industrias, agora a cargo do departamento de Intercambio, que comprende as seiciós de Abastecimientos (compras), de Entrega de Productos (vendas) e Xurídica. As Empresas chámanse Consolidadas porque abranguen producciós afís. Hai 52 Empresas industriales, divididas en Básicas e Lixeiras. Esta (Automotriz) ten 23 fábricas de productos diversos e neste ano incorporaranse sete máis, entre elas dúas totalmente novas, con tecnoloxía checa, de buxía de encendido e bicicletas, e outras máis de carrocerías pra ómnibus. Manexo ben este mecanismo, anque ten a súa complexidade, debido ó tempo que levo aquí, e eso permíteme adicar enerxías ás miñas cousas (enerxías e tempo, que no comenzo nin tiña). Escribo unha seición fixa na revista Bohemia (sae cada quince días) chamada Tribuna de Quejas, onde satirizo o burocratismo, os malos métodos de traballo, etc. Son unha especie de precursor nesta maneira de criticar dende dentro. Tamén pubrico cada tanto artigos no diario El Mundo sobre temas literarios, e outros. Dei remate á novela galega Camiño bretemoso (o protagonista é un galego, un emigrante frustrado que chegou á Arxentina alá polo ano 1914 e pasou gran parte da vida na Patagonia). Escomencei este traballo alá (en Bos Aires) e trouxen o resto de material accesorio que me facía falta. Deille remate fai máis dun ano. Tamén terminei un livro de contos (Xente no rodicio), un livro breve, con 16 narraciós. Teño en proieito algúns cadernos de contos pra nenos, en castelán. Concedéronme un premio nun concurso literario de Ministerio de Educación, por un texto de lectura pra 5º grado. E esto, en síntese é todo.
Anisia tamén escribe. Colabora mensualmente na revista Mujeres, con temas latinoamericáns (folklore, tradiciós, historia, etc.) Outuvo un premio de teatro infantil e outro de centos, tamén pra nenos. Traballa na Editora Juvenil, como coordinadora de ediciós, con Herminio Almendros (amigo de Otero Espasandín) e con Carpentier que é o director da Editorial Nacional. Dende fai catro meses por encargo de Carpentier quedouse a cargo da Editorial (de administradora) pra superar certas dificultades, pero xa feita unha reestructura, nova, anque tamén colaborei, volta nestes días ó seu trafego na juvenil, que é o que lle intresa realmente.
Esta é en síntesis á nosa vida, o que pode engadirse aitividade en milicias, círculos de estudos políticos, etc. Como digo no comezo: un vivir intenso e agradable.
Souben do seu premio e felicítoo sinceiramente. Tamén da esposición de grabados de Coruña e da de Madrid. Pero sei que en tres anos –dacordo coa súa capacidade inmensa de traballo– a súa obra vai máis alá destas dúas grandes mostras. Sei que lle non gosta escribir cartas, pero quixera ter unha moi longa, con moitas novas, sobre todos os problemas de cultura galega, obra súa, perspectivas do livro galego en Galiza e Bos Aires, situación aitual da plástica galega, etc., etc. E tamén dos nosos políticos. Todo o que vostede creía interesante.

E por hoxe namais. Cariños de Anisia e pra Maruja. Unha grande aperta de

Xosé Neira

[Manuscrito na marxe esquerda:] Calle 4 nº 19- Apto. 13 Vedado- La Habana- (Cuba).


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaVarela, LorenzoFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacPorteiro García, María XoséDieste, RafaelLombao, ManuelHervella, EvelinaPaz-Andrade, ValentínGarcía-Sabell, DomingoCampos, Xesús “Chichi”Maside, CarlosLaxeiro, Piñeiro, RamónOtero Pedrayo, RamónGerstein, MarikaCastelao, Cuadrado, ArturoCela, Camilo JoséPicasso, PabloScheimberg, SimónSofovich, BernardoCunqueiro, ÁlvaroLamas Carvajal, ValentínFerreiro, Celso EmilioFole, ÁnxelArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoLedo, XohánFalcini, LuísCancio, MiguelCabanas, ConstantinoCarballo Calero, RicardoNúñez Búa, XoséMuñoz Manzano, CarmenColmeiro, ManuelNeira Vilas, XoséIglesia Alvariño, AquilinoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaDónega, MarinoBaudizzone, LuísAlberti, RafaelDíaz, XoséCastro, Rosalía dePalmás, RicardoLifschitz, RafaelBaltar Domínguez, AntonioMiró, JoanSouto, Arturo Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. prensa escritaliteraturaartes visuaisradioFondos de Radio Nacional de España en Galiciaautores/asemigraciónmigracións“cartografías” do Álbum de mulleresasuntos particularesMulleresÁlbum de Galiciaespazos artísticosxornalismopolíticapolítica institucionalaxentes culturaisFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelatelevisiónA nova SargadelosColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneLingua. LiteraturaentrevistahistoriaLibro de Tapasartes escénicasGalería Bonino Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963GalegopremiosComunicacións mesturadasFiguraciónsFábrica de Porcelanas La MagdalenaHora 11Ediciós do CastroExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973empresasComisión de Cultura del Centro Gallego de Bos AiresFardel d’eisiladoLonxeLlanto por la muerte de Sánchez MejíasAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]cineEl PaísCruces de piedraVida gallegaA soldadeira

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0