Temática: Figuracións

Temática: Figuracións [8]

Data Material Ver
Data Material Ver
1971-12-28
Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1971
Ver

Transcripción da Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1971 en 28/12/1971

Buenos Aires, 28 de diciembre de 1971

Sr. D. Isaac Díaz Pardo
El Castro

Querido Isaac:

Recibí tu carta muy tarde, seguramente por la fecha, fin de año, y los millones de tarjetas de felicitación de los carteros deben repartir. Estamos, efectivamente, contentos. Hemos podido ver tres o cuatro grandes películas, tuve que renunciar a participar en unas muestras internacionales en solidaridad con dos artistas censurados políticamente en el Salón Nacional y vendí en pocos días algunos cuadros, venta que nos permiten a Maruja y a mí esperar con tranquilidad que transcurra el año 72, o gran parte del año. Hice un pequeño retrato de Maruja, que con el de Picasso hecho ahí, es todo lo que pinté en el año. Aguardo el 72 para pintar sin descanso. En marzo o abril del 73 haré en Madrid una gran exposición antológica. Me la pidió González Robles y en estos primeros meses del año comienza a circular por España una de 30 grabados, que ya le pedí a José Luis se los enviase a Madrid. Estos son mis planes futuros. ¡Ah! Y preparar las monografías de Maside y Cao y un estudio sobre Ribas, Max Ramos y Bujados. Te tendré al tanto de todo. A La Voz le envié 5 nuevas “Figuraciós”. No he visto ni una desde que salí de ahí, el 19 de noviembre. A la gente de La Voz no debe costarles trabajo alguno cortar esta colaboración y enviármela por correo aéreo, sin embargo no lo hacen y nadie tampoco le sustituye. Sé que se publicó la de Piñeiro porque éste me escribió. Tiene dibujos hasta fines de febrero.
(...)En cuanto a la Argentina quizá te sirviese venir, aún para no ver a médico alguno, sino para pasar unos meses sin hacer nada. Buda, que es una fuente de sabiduría, se presenta siempre sentado, descansando no sabe uno bien de qué. Tú te exigiste demasiado a ti mismo. No trabajabas, te drogabas con el trabajo, que no es exactamente lo mismo y querías que los demás aceptasen como bueno ese abuso, por no decirte ese vicio. Nada de jornada de ocho horas. Me alegro mucho que hubiese tomado la decisión de buscar un jefe de empresa o como se llame. Va a ser útil a las fábricas y sirve a su ornamentación, liberándote a ti de un trabajo estúpido pero necesario para la existencia de las mismas. Las fábricas se beneficiarán con tus otros trabajos.
De Álvarez Blázquez no sé nada y nada de esa libreta que me dices de la Caja de Ahorros con “ingresos de rico”. ¿Cuál puede ser un “ingreso de rico” y cómo se controla esto? En Madrid estuve con Laxeiro y con Vidal Abascal. Cenamos juntos en nuestra última noche de Madrid. A los Rey solamente los vimos en el momento que fuimos a despedirnos. Salían ese día en “patota” para Zaragoza y acaban de venir en “patota” de Barcelona.
La noticia sobre Picasso en Vigo es triste, pero todo ahí produce tristeza y desaliento, todo menos el paisaje. Al poema que me enviaste le falta gracia, poesía, para estar firmado. No estaría mal como poema anónimo y acompañado de algún tipo de acción, algo que nunca ocurre ahí, por lo que sabemos. Alonso Montero me envío efectivamente las notas de Fole sobre el Rivera, pleno de erratas.
Etc. etc.
A José le envío el texto del catálogo de Clavé por si envían la exposición de Barcelona. Va en gallego y castellano.
Os recordamos siempre y deseamos para ti y los suyos un gran año 1972. A ti repuesto del todo, nuevamente optimista, sin más ruidos que aquellos con que nos agobia la civilización. (En este momento siento un ruido colectivo de bocinazos de autos en la Av. Libertador).

Un fuerte abrazo a todos de Maruja y mío y uno muy especial para ti.

Seoane


1972-03-02
Carta de Seoane a Piñeiro. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Piñeiro. 1972 en 02/03/1972


Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Agradézoche moito a tua carta do 21/II/72, pois non tiña noticia nengunha de que as oposiciós de Carballo Calero poderían sere para estas datas, mais ben matinaba que terían de sere, non sei por qué, no vrau. Destaves non o vin, pois as moitas idas a Santiago foron sempre por breves horas e pra atoparme coa familia da que teño unha chea nesa cidade. Hoxe escríbolle felicitándoo. Penso que é unha moi boa adequisición pra Universidade. Noutras condiciós fai xa anos que tiña de sere cadeirádego da Universidade Compostelán.
Pola miña parte traballo illado. Renunciéi a unhas eisposiciós de obras miñas proieitadas polo Ministerio de Relaciós Exteriores deiquí polas razós que te imaxinarás i en solidaridade con outros pintores con obras censuradas polos seus temas. Mais estóu contento do traballo. Traballo tamén nunha escolma de crónicas que foron pra a radio deiquí referidas a cusas (sic) galegas e que cecáis remitiréille a Paco.
Trátase de crónicas encol de temas moi pouco tratados. Traballo, esto é todo, e remítolle as “Figuraciós” que podo a La Voz de Galicia.
Saúdos moi garimosos a Maruxa e meus pra Isabel, pra tua irmán e pra tí. Mais unha aperta grande pra tí de:

Seoane


1976-04-20
Carta de Seoane a García Sabell. 1976
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1976 en 20/04/1976



Buenos Aires, 20 de Abril de 1976

Dr. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Recibín, fai dias, a tua carta que agradezo moito. E recibín tamén, de Galaxia, o númaro de Grial onde ven a presentación que fixeches en Arenas de Ramallos, Caracolas... etc que me parece espléndida logo de friamente leída –fríamente é un decir–, lonxe da mistura de sentimentos que produce o estar esposto ao público escoitando os eloxios encol de un. E a min a tua presentación prodúxome unha fonda emoción que che agradezo, o mesmo que as verbas adicadas a Maruxa e o meu amor por ela. Quixera que me conseguises e gardaras outro númaro de Grial para o meu regreso, pois quero telo ahí, na Coruña, aparte do que teño aquí.
E, agora, unha consulta. Levo feito mais de duascentas Figuracións na Voz de Galicia e non sei si esta sección cansa ou non ás xentes. Si é util. A min góstame facela aínda que me amole a cantidade de erratas que deixa pasar o corrector, erratas que ás veces trocan o senso de algún párrafo. E aínda tamén que estando en Buenos Aires non poda adicala unicamente a xentes galegas como é o meu desexo, e deba facelo con xentes arxentinas ou de outras terras que pasen por aquí, ou que viven aquí. A min, o facela, descánsame de outros traballos.
Este ano teño moitas exposicións, Buenos Aires, Rosario, Mar del Plata, outra de grabados en Buenos Aires e unha que me pedíu a Sociedade Arxentina de Arquitectos, dos bocetos dos murales que fixen, como un acto mais da celebración do seu 90 aniversario. É un ano para mín de moito traballo.
Recibín carta de Caparrós agradecemento o dibuxo que lle fixen. Contestareina facéndolle outro do natural na Coruña.
Recibide Elena e tí unha aperta coa fonda amistade de Maruxa e miña:

Seoane.


1976-05-11
Carta de García Sabell a Seoane. 1976
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1976 en 11/05/1976


11-V-76
Querido Luis:

Aledoume moito que as páxinas do meu Xornal –que ti escoitaras en Arenas– foran, agora, do teu gusto. Como outras moitas sobor de tí, aínda inéditas, foron escritas con absoluta sinceridade –i entranable emoción–.
Respecto ás Figuracións, penso que debes seguir. Non importa que os retratados sexan persoas alleas. Sempre interesan, e o ambente que eu recollo non é, nin moito menos, de cansacio. O que importa é elexir ben, e polo momento non vín ningunha figura anodina. Noutras verbas: a sección está viva. Compre, pois, non matala.
Eiquí andivemos –e andamos– moi conmovidos co pasamento de don Ramón. O enterro foi un espectáculo impresionante de forza galega e de unanimidade patriótica. Xa che contarei.
É estupendo que teñas tanto traballo –e tanto éxito–. Pro o que a mín me gustaría é que voltases axiña. Temos moito qué facer. Polo pronto, o libro encol de Santiago, que eu penso escribir tan pronto como nos reunamos. Anímate, e apresura o regreso.
Xa teño o número de Grial. Na vosa agarda, envío de parte de Elena e miña, fortes apertas para Maruxa e para ti.

Domingo


1976-06-24
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1976
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1976 en 24/06/1976


Habana, 24 de xunio do 1976

Queridos Luis e Maruxa:

Unhas letras que son ben pouco pra vos espresar canto vos lembramos. Non é literatura; é a pura, auténtica verdade (dentro de catro días, por exemplo, cumpriranse quince anos daquela despedida no restaurante Cuenca, que moito lembramos; catro servilletas adicadas están no noso poder e días atrás saqueille fotos a dibuxos e palabras). Logo hai outros motivos, outras noticias que nos acirran e traen a lembranza vosa: esposiciós, libros, traballos, éisitos (que nos aledan moi de certo) e tamén palabras directas e testemuños persoales como é o caso do derradeiro viaxe do meu amigo Lois, da UNESCO, a esa. Entregoume ese mañífico traballo que é Arte mural/La ilustración, garimosamente adicado, que contén –texto e reproduciós– a imprenta do seu quefacer tan singular i elevado. Formidable, esclarecedor traballo sobre arte mural seu e sobre a ilustración do libro. Quero decirlle que todos os seus libros, catálogos, grabados, etc. circulan máis do que pode supoñer. Unha chea de amigos están pouco menos ca pendientes do que sei de vostede, da súa andaina artística, da súa obra. E uns avisan a outros, e hai unha grande ademiración polo seu estilo, pola súa orixinalidade. (Fai menos de unha hora inda estiveron na miña oficina os diseñadores da revista do orgaismo onde traballo, ademirando o grabado que acompañan á monografía de García Sabell (a de 1965 sobre grabados).
Por Isaac, sabemos dos vosos viaxes. Soupemso no seu momento do malfadado acidente, do que desexamos non teña quedado en ningún dos dous secuela algunha. E máis recentemente tamén nos dixo dunha ciática que o tiña a vostede algo amolado. Sei por un amigo que eso doi de raio. Pero o mesmo Isaac nos contou que cando se foron pra Bos Aires xa andaba ben.
Un médico do meu povo mándame os suplementos de La Voz de Galicia, onde vexo acotío as súas Figuraciós, que vou coleccionando. Formidable xeito de periodismo, pra o que ten demostrado vostede unha auténtica vocación.
De nós: Anisia a escribir pra nenos. Saíron recentemente dous libros dela aquí (amais do de Arealonguiña con dous contos dela en galego). Eu: escribindo sempre algo, e pubricando sempre algo tamén; libros en Galicia e algo de xornalismo aquí. As Memorias sairán este ano en Roma, en italiano. Talvez vaian a outros idiomas. En Portugal, tamén. Traballo noutras cousas, e non soio de ficción. Xa veremos que irá saíndo.
Seguimos de perto os aconteceres de ahí. Doinos o que pasa, dende hai uns anos, esa sangue sin sentido que se verque a diario, esa inestabilidade, esa inflación incontrolada. En fin...

E namais por hoxe. Apertas de Anisia pra os dous. E pra os dous unha aperta garnde, tensa, fraterna de

X Neira Vilas

Se lle queda algún exemplar de A maior abundamento ¿sería moito pedir que lle mande un exemplar a meu irmao a Madrid? El ten maneira de facermo chegar deseguida. Jesús Neira, Ponferrada 44-2º Barrio del Pilar, Madrid-29, España. Cualquier libro, cualquier papel, cualquier catálogo, poño por caso, é unha boa vía. Moitas gracias, moitas. (Vin o comento de Luz Pozo e interésame vivamente ler esa nova entrega poética súa).


1978-07-18
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978
Ver [Escrito a man na marxe superior esquerda:] [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978 en 18/07/1978

Montevideo 1985-13º Dto. 68 1021-Bs Aires

Buenos Aires, 18 Xulio de 1978
Sr. D. Francisco F. Del Riego
Vigo

Querido Del Riego:
Acompaño a estas liñas unha nota que fixen respondendo a crítica que fixo Cesar Antonio Molina á Antoloxía de Nordés. Non sei quen é Cesar Antonio Molina, pero, no que escribe ao se referir a min, teño a impresión de que non quería quedar mal conmigo, e teño a necesidade de decir o que penso do que fago sin me importar o que din os críticos. Si me tivese importado fai tempo que tería que deixar de traballar nas miñas cousas. Quixera publicala no Faro de Vigo, na páxina literaria dos domingos, si a ti che parece ben, pois por razóns que sei comprendes non podo facelo na Voz de Galicia.
Estes dias chega Domingo. Estou desexando velo e falar con él. Pra nós será unha festa. Non sabemos nada de Galicia dende fai moito, e desexamos escoitalo. Estamos soios logo de marchar pra esa Lorenzo Varela, e non teño vínculo algún coa colectividade. Soio con Prada, a quen vexo pouquísimo por razóns de saúde de Manolita.
Si me publican esta nota pregaríache que me enviases o recorte. Tamén gostaríame moito continuar facendo “Figuracións”, a sección que fixen tres ou catro anos seguidos na Voz de Galicia, quixera que consultases tamén esto no Faro, non sei de quen depende. Nos non sabemos que facer, si voltar a Galicia pra nos quedar a vivir nela, ou quedarnos eiquí, onde teño unha vida feita, unha gran biblioteca que tería que desfacer e unha cantidade moi grande de cadros, grabados, tacos de madeira, dibuxos, etc. Non sabemos que facer. Teño medo a voltar. Penso que Maruja ten menos. Mais calquer decisión nosa é común. Teño ganas de traballar ahí. Mais logo do meu fracaso co Museo o meu traballo ten de sere individual, ou con xente que pense en Galicia non dende o punto de vista industrial.
¿Cómo foi acollido Galicia 2002?. Eu non sei tampouco nada de esto. Dime o teu parecer, o dos amigos. A parte miña foi moi descoidada e, en mais, incorporeime tarde ó grupo. Escríbeme, preciso de comunicación con vos, teño necesidade de noticias de todos vos. E procura que se publique a miña resposta a La Calle, si a ti che parece ben.
Unha gran aperta de Maruxa e miña pra Evelina a pra ti.
Seoane


1978-08-14
Carta de Palmás a Seoane. 1978
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1978 en 14/08/1978


Londres
14.8.1978

Benquerido Seoane:

Apenas unhas liñas para lle pedir algunhas cousas. Acabo de recibir unha carta de John Purkis –lémbrase del?, estivo na súa casa d-A Coruña e vostede lle fixo un retrato para Figuracións–; pois ben, quere escribir un artigo sobre Vd. con destino a Proteus, que é a revista sobre artes que edita aquí a “Open University”. Pídeme algunha bibliografía en castelán. Eu verei de conseguir algo cando vaia a España o mes vindeiro, mais sería bon se se lle puidera dar algo feito na Arxentina. Sería posíbel?
Por desgracia, eu non teño material aquí, está todo en Bs. As. Tamén sería comenente algunhas transparencias ou fotos de obras suas, para ilustrar o artigo.
Purkis ignora que Vd. estivo aquí no 49, sería bon darlle información sobre isto e a sua relación con Read e Moore. Ten copia da correspondencia que, coido, tivo con eles?
Desculpe que lle pida estas cousas, mais ocúrreseme que é o medio máis direto, en Galicia siguen coa teima de non respostar ás cartas.

Gracias e unha aperta para Vd. e Maruxa.

Ricardo Palmás


1978-10-20
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978 en 20/10/1978

LUIS SEOANE
Buenos Aires, 20 de Outubro de 1978
Sr. D. Francisco F. Del Riego
Vigo

Querido Del Riego:
Escribinche fai meses, a mediados de Xulio, pedíndoche que me dixeras o teu parecer sobor da nota que me enviaba respondéndolle a un señor Molina, e tamén encol da posibilidade de continuar a sección que facía para La Voz de Galicia, no Faro de Vigo. Remitícheme a nota encol do xuicio de Molina sobre a miña obra e prometías escribirme unha carta mais adiante. Non chegou, e gostaríame que me escribises. Eu estou moi lonxe de todos vos e cada vez mais de Galicia, pois aquí non chega ningunha clase de noticia referida a ela, soio os vascos e cataláns teñen ese privilexio. Aparentemente non existimos, e a xente está descorazonada, pois non saben que conqueríu Galicia en todo este tempo, dende que se anuncióu a preautonomía.
Nos matinamos que iremos en febreiro, non sabemos ben, aínda, si pra sempre ou novamente por un ano. Eiquí pensan facerme unha gran exposición retrospectiva de homenaxe, que agradezo moito, con motivo de que en 1980, cumplo setenta anos. Non tiña conciencia da edade, eles, os que propoñen a gran mostra retrospectiva, fixéronme rememorar a xente da miña xeneración, os compañeiros de fai pronto meio século nas nosas primeiras loitas, das nosas esperanzas pra unha Galicia que tiña de vir, etc. Mais todo frustrouse e temos traballado mais en peores circunstancias que os de algunhas xeneracións atrás. Os que chegaron despois noso non parecen ter en conta canto afectóu o noso traballo esas circunstancias. Alá eles. Son fillos, ou netos, ou familiares dos que diron lugar a elas. Mais non quero falar desto, nin escribir encol delo.
Neste intre quero pensar mais ben no libro de grabados que está a aparecer, con prólogo en galego e castelán. Faise por unha editorial arxentina, con él quero voltar, aínda que sexa soio con grabados, aos temas de leendas e históricos, nunca utilizados, que sepa eu, en Galicia. Refírome ás leendas, ou utilizado moi pouco no XIX en canto ao histórico. Trátase dun libro con setenta e dous grabados e tidoase Imágenes de Galicia.
Recibín o libro que me remitiches Galicia 2002 mais non sei si tivo eco algún. A min trocáronme algunhas verbas para poñelas en portugués ou en castelán. Continúo matinando que o vocabulario fíxose logo dun uso constante do idioma e, pola miña parte veño notando que verbas que son arcaísmos do castelán que se din na Arxentina, e que producían risa en España, voltouse ó uso delas como por exemplo ubicar, a forza, seguramente, da lectura de traduccións feitas polas editoriales en Buenos Aires.
Mais non é eso o máis importante, o que a min impórtame, senón saber si tivo o efecto que esperaban os orgaizadores e do que eu fun mais ben escéptico.
Escríbeme, por favor; por ti e dous ou tres amigos mais, síntome vinculado a Galicia.
Recibide Evelina e tí unha grande aperta e moi garimosa de Maruxa e miña:
Seoane


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaVarela, LorenzoFernández del Riego, FranciscoPorteiro García, María XoséDíaz Pardo, IsaacDieste, RafaelLombao, ManuelHervella, EvelinaGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínCampos, Xesús “Chichi”Maside, CarlosLaxeiro, Otero Pedrayo, RamónPiñeiro, RamónGerstein, MarikaPicasso, PabloCastelao, Cuadrado, ArturoCela, Camilo JoséScheimberg, SimónSofovich, BernardoCunqueiro, ÁlvaroLamas Carvajal, ValentínFerreiro, Celso EmilioArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoLedo, XohánFole, ÁnxelFalcini, LuísCancio, MiguelCabanas, ConstantinoCarballo Calero, RicardoNúñez Búa, XoséMuñoz Manzano, CarmenColmeiro, ManuelIglesia Alvariño, AquilinoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaNeira Vilas, XoséDíaz, XoséCastro, Rosalía deDónega, MarinoBaudizzone, LuísAlberti, RafaelLifschitz, RafaelBaltar Domínguez, AntonioMiró, JoanPalmás, RicardoGarcía Lorca, Federico Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. prensa escritaliteraturaartes visuaisradioFondos de Radio Nacional de España en Galiciaautores/asemigraciónmigracións“cartografías” do Álbum de mulleresasuntos particularesMulleresÁlbum de Galiciaespazos artísticosxornalismopolíticapolítica institucionalaxentes culturaisFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelatelevisiónA nova SargadelosColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneLingua. LiteraturaentrevistahistoriaLibro de Tapasartes escénicasGalería Bonino Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963GalegopremiosComunicacións mesturadasFiguraciónsFábrica de Porcelanas La MagdalenaHora 11Ediciós do CastroExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973empresasComisión de Cultura del Centro Gallego de Bos AiresFardel d’eisiladoLonxeLlanto por la muerte de Sánchez MejíasAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]cineEl PaísCruces de piedraVida gallegaA soldadeira

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0