Persoa: Manuel Daniel Varela Buxán [1]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1977-00-00 | Manoel D. Varela Buxán, A Estrada (1909) - Lalín (1986) |
Ver
Transcripción da Manoel D. Varela Buxán, A Estrada (1909) - Lalín (1986) en 00/00/1977O estradense Manoel D. Varela Buxán emigrou cara a Arxentina en 1930 e axiña se converteu nun dos principais animadores do teatro galego no país. Actor e director en varias compañías dramáticas, escribiu numerosas pezas teatrais, todas elas de corte costumista e humorístico, aínda que non exentas de certa crítica social e anticaciquil. Fundou a compañía de teatro galego Aires da Terra, coa que estreou en 1938 a súa primeira obra como autor, Se o sei... non volvo a casa, con grande éxito na colectividade. Casou coa actriz Maruxa Villanueva e con ela acadou grandes triunfos nas súas actuacións. Ambos os dous empregaron o teatro como canle de identidade étnica dos galegos e galegas de alén mar.
|


