Temática: A literatura galega da posguerra en Ámerica

Temática: A literatura galega da posguerra en Ámerica [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1977-00-00
Manoel D. Varela Buxán, A Estrada (1909) - Lalín (1986)
Ver

Transcripción da Manoel D. Varela Buxán, A Estrada (1909) - Lalín (1986) en 00/00/1977

O estradense Manoel D. Varela Buxán emigrou cara a Arxentina en 1930 e axiña se converteu nun dos principais animadores do teatro galego no país. Actor e director en varias compañías dramáticas, escribiu numerosas pezas teatrais, todas elas de corte costumista e humorístico, aínda que non exentas de certa crítica social e anticaciquil. Fundou a compañía de teatro galego Aires da Terra, coa que estreou en 1938 a súa primeira obra como autor, Se o sei... non volvo a casa, con grande éxito na colectividade. Casou coa actriz Maruxa Villanueva e con ela acadou grandes triunfos nas súas actuacións. Ambos os dous empregaron o teatro como canle de identidade étnica dos galegos e galegas de alén mar.
En 1950 voltou a Galicia. No ano 1977 publicou un volume con dúas das súas obras teatrais máis recoñecidas, A xustiza do muiñeiro e Se o sei... non volvo, nunha coidada edición con cuberta de Laxeiro. É tamén autor de O ferreiro de Santán, Taberna sen dono, O cego de Fornelos...



Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0