Persoa: Augusto Assía

Persoa: Augusto Assía [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1971-06-25
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1971 en 25/06/1971


Montevideo, 25 de xuño de 1971

Sr. Don
Luis Seoane
Paseo de Ronda 15, 6º izq.
A CRUÑA (Galicia)

Benquerido irmán:

Quero botar esta carta hoxe, aproveitando a saída do avión de Iberia. Fago, pois, atallando.
1 Nestas xvi Xornadas de Cultura Galega imos a pubricar un libro de Núñez Búa, que é, no cerne, un pequeno compromiso moral pola nosa banda e a de Canabal. Tan logo salgamos destos festexos (nos que teremos gastos de abondo), ocuparémonos de H. Bens.
2 Prégolle que nos faga un grandeiro favore. Que fale con Victoria Armesto, pra decirlle que virá a Montevideo o día 1º de agosto con Augusto Assía, xa que queremos telos con nós no Xantar de confraternidade, onde se entregará a anual Viera de Prata á audición Sempre en Galiza, pola súa laboura en 20 anos a prol da cultura galega. Nesta esmorga (que vostede sabe ben que non lle damos un senso de trangallada), queremos que interveña Augusto Assía, en galego, tocando temas socio-económicos da Terra. En canto a Victoria, desexamos que desenrole a conferencia de Os irmandiños, en galego na Asociación Universitaria (non no Paraninfo, xa que o forno non está para bolos..). Isto é moi importante, xa que en Bos Aires fará a devandita parola en castelán. Nós vamos a tiduar a conferencia así: A insurreución dos irmandiños. Será o día seguinte, ou sexa, o 2 de agosto. Fálelle tamén do trocamento do tiduo.
3 Estamos agardando nestos días a revisación derradeira da Aduana (houbo outro atraso por unha perda, no Banco da Repúbrica, dun certificado que tivemos que sacar de novo), pra xa meternos de cheo á venda. Cáseque seguro levará o diñeiro un amigo en man, posto que eiquí agora os xiros están prohibidos.

Nada máis. Agardo a resposta axiña, pra podere confeucionare o programa e imprimilo. Recordos garimosos prá súa Maruxa de todos nós, e vostede reciba unha aperta moi fonda.

Pereira


1976-03-17
Carta de Blanco Amor a Seoane. 1976
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa, correccións manuscritas e co membrete:] EDUARDO BLANCO-AMOR.

Transcripción da Carta de Blanco Amor a Seoane. 1976 en 17/03/1976


Ourense, 17-III-1976

Querido Luis:

Acaba de chegarme a tua carta. Moitas gracia polos teus fraternáis parabéns. O Premio honróume moito máis do que poidera agardar, polo seu valor moral, nada menos que a carón de don Ramón Otero, e tamén polo seu valor económico que me priva das xa adiantadas angurias que me causaba a miña vellez, cun pé na ancianidade. Polo menos, estóu a coberto de indispensábele.
O teu cadro chegóu a tempo e puñémolo no sitio que merece. A Expo é unha pequena mostra antolóxica e foi un éisito espeitacular. Houbo un incidente que me magóu a ledicia diste xesto de tan limpa solidaridade. O refugallo (pois púxenlle como condición a Laxeiro que no[n] se invitase máis que aos meus amigos personaes ou aos que il invitase) para non quedar fora, montóu unha maniobra saboteadora tripulada por Huete, Quessada e o analfabeto de Manzano. Mandaron rapaces a que recollesen firmas polas casas. Por enriba de todo iste noxo, os ourensáns Virxil[i]o, Prego, Baltar e Buciños mandaron cousas de verdadeira calidade, rebaixando os prezos para facilitar a venda. O pior de todo iso é que a xente apúxolle a maniobra aos ideólogos “progres”, i eu sei de certo que non é verdade. Foi unha fazaña de piollosos e despeitados que quixeron quedar ben sin gastar nada, botándolle a culpa ao “estado capitalista”; o mesmo estado do que munxiron becas, subvencións e forzaron vendas –auntamentos, diputacións, etc– e fixeron ben, xa que o diñeiro é dos contribuintes e nos dos caciques feixistas; máis non era do caso que a corda crebase polo máis delgado e que me puñesen a min por “chivo expiatorio”, precisamente a min que fixen o que puden no seu favor, dende artigos, presentacións in vivo e nos catalogos, até cobrarlle unha conta de 80.000 pesetas, do ano 1969, cando andaban langreando de fame, menos o Quessada que foi millonario precoz. En fin, unha náusea...
As vendas van adispacio, pois iste país está pasando por unha crisis sin precedentes no que vai do século, asegún me dixo Prados Arrarte; é de tal feitío e fondura que nin a Oposición se atreve a denunciala nos seus verdadeiros termos. Con todo, xa se venderon algúns e hai perspeitivas de que salian a maoría. Xa che contarei. O Patiño, de Librouro, mandouche algúns catálogos.
Como aneidota aparte, mándoche a carta que lle escribín aos lambóns do Centro Galego. Contestoume o Presidente dicindo: “Yo vuelo muy alto y le invito a Vd. a que me siga”. É curioso até que punto aparva á xente en canto se ven na Direutiva, como si foran presidentes do país.
Escríbolle, e mándolle todas istas cousas ao Nuñez Bua, sin que acerte a comprender por qué non me contesta. Todo saliu dunha carta sua na que me apuña que eu non tiña respeto aos vellos galeguistas. E non hai modo de qué me acrare en que consiste tal irreverencia. A ver si tí tés máis sorte e cho dice.
Estóu agardando a que a situación arxentina millore o mínimo para facer o meu viaxe. Teño medo que xa non me cheguen os anos para volver, con certa disposición para gozalo a ise país que tanto quero e ao que, no fondo, débolle coasi todo o que son. Dixen nun reportaxe de fai uns días: “Mi vida intelectual resulta impensable de todo punto sin mi vida en la Argentina, sin el efecto automático de modelación que ejerció sobre mi espíritu, la ciudad de Buenos Aires”.

Escribe de vez en cando. Unha moi aperta moi agarimosa do voso vello e fidel amigo

Eduardo

Mentras non atopo unha casa, vivo en Hotel Miño. Ourense

[Anexo.]
[Carta mecanografada co membrete:] EDUARDO BLANCO-AMOR.

Orense 4 de febrero de 1976

Señor Presidente del Centro Gallego
Buenos Aires

De mi consideración:

Le envío a Vd, con mucho gusto, el adjunto recorte. Las noticias que contiene son el resultado paradojal de la política de abandono, descrédito e incluso calumnia que durante diez años ha seguido la fracción política de la que la actual junta directiva forma parte. Empezó con la condena al hambre cuando Virginia Castelao, Prada y otros pidieron para mi, enfermo aun de una grave enfermedad, el mendrugo de ayuda que significaba la representación de esa querida entidad en Galicia, haciéndola recaer sobre la misma persona nombrada por el señor Mourente. Siguió con la violación de correspondencia del archivo mostrando cartas mías a los señores Fernández Armesto y siguió con mi proscripción total de la columna de la revista durante todo ese plazo, en los momentos de mis éxitos literarios que no eran sólo personales, sino de Galicia y de modo muy significativo de la colonia y del Centro Gallego de Buenos Aires en cuyo ámbito me formé y actué prácticamente durante toda mi vida. El resultado también paradojal de la proscripción de los intelectuales gallegos, por determinación de esa política, llevó a la colonia al escándalo que significa tener por máximo representante –con todos mis respetos al escritor– a alguien totalmente ajeno por origen, por formación y por apellido a nuestra estirpe gallega.
Ya sé que de todo ello hay un culpable con nombre y apellido, sujeto turbio y sin escrúpulos al cual el Centro se entregó porque “aportaba avisos”, según carta que tengo de un “direutivo” de mente estrictamente comercial.
Perdone Vd. el tono amargo de esta carta, pero me creo con derecho a ello en el instante en que mi país acaba de consagrarme con un premio y nada menos que al lado de nuestro gran don Ramón, no solo con su cuantía y duración económica, sino por la resonancia jubilosa que está alcanzando en todo el país español, desde la televisión a los artículos de prensa, además de las manifestaciones personales en forma de centenares de telegramas y cartas; y puede Vd. creerme que sólo una cosa empaña estos momentos de alegría: no poder nombrar a ese Centro que fue mi hogar espiritual durante tantos años y del que solo recibi negativas y ultrajes cuando más necesitaba su apoyo.

Saluda a Vd. atentamente

E. Blanco Amor


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacDieste, RafaelPaz-Andrade, ValentínFernández del Riego, FranciscoVarela, LorenzoBlanco Amor, EduardoGil Varela, ÁlvaroLaxeiro, Cela, Camilo JoséGerstein, NoemíArias “Mimina”, CarmenDónega, MarinoGerstein, MarikaFilgueira Valverde, XoséAlberti, RafaelPereira Caamaño, FernandoHervella, EvelinaCuadrado, ArturoGonzález López, EmilioRónai Pal, PauloMuñoz Manzano, CarmenDrummond, CarlosDíaz Dorado, DiegoDieste, EladioLifschitz, RafaelCastelao, Goldstein, EnriqueDíaz Arias de Castro, CamiloRey Romero, JoséMartínez-Risco y Macías, SebastiánCastagnino, Juan CarlosFole, ÁnxelVilanova Rodríguez, AlbertoGarcía-Sabell, DomingoNeruda, PabloGarcía Lorca, FedericoShand, WilliamVázquez Freire, José LuísMaiztegui, Isidro B.Prada, RodolfoCunqueiro, ÁlvaroDíaz, XoséSouto, ArturoFernández, ValentínIglesias Corral, ManuelCabanillas, RamónPiñeiro, RamónValle-Inclán, Ramón María Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. literaturaespazos artísticosartes visuaisPremio Palanzaautores/asemigraciónmigraciónsasuntos particularesColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanePedrón de OuroA nova Sargadelosmedios de comunicaciónFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelapolíticaAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]Galería Bonino Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalradioprensa escritaVieira de PlataColección: Paulo Rónai con Paz-Andradeartes escénicasDía das Letras GalegasSeminario de Estudos GalegosenfermidadeMar de histórias: antologia do conto mundialA galeguidade na obra de Guimarães Rosa Fondos de Radio Nacional de España en GaliciaI Congreso da Emigración Galega. 1956Dos arquivos do trasnoGrandeza y decadencia del Reino de GaliciaLlanto por la muerte de Sánchez MejíasLa insepulta de PaitaSobre los ángeleshistoriaPremio Benson & HedgesFondo Nacional de las ArtesExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalEdiciós do CastroFábrica de Porcelanas La MagdalenaCuadernos del Laboratorio de Formas de GaliciaXornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de MontevideoviaxeMedalla de Ouro de Santiago de CompostelaExposición de Luís Seoane. Córdoba. 1956Teatro Municipal General San Martín. Bos AiresObra Completa de Ramón Cabanillas

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0