Persoa: Xerardo Álvarez Gallego

Persoa: Xerardo Álvarez Gallego [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-03-29
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974 en 29/03/1974


Habana, 29-3-74

Queridos Maruxa e Luis:

Por Ramón Temes sabemos que estades en Bos Aires, e que estades ben, logo do malfadado aicidente. Aledámonos certamente. Moncho tróuxonos fermosos catálogos e deliciosos Rifurtivos e unha estupenda monografía editada por Bonino, adicada. Gracias por todo.
Eu estou convalencendo dunha operación de catarata prematura. Vou ben, pero estarei algunhas semanas máis alonxado da aitividade normal na casa. Anisia gañou o Premio Nacional de Literatura pra nenos. O premio consiste na edición do libro e un viaxe a un país socialista. Eu teño pra saír (maio) en Galicia unha novela pra nenos e un libro de prosas curtas sobre o meu retorno no ano 72. Traducín ó castelán Historia de emigrantes e foi finalista no concurso da Casa de la Américas. Un conto (El ahorro) integraron unha antoloxía de varios autores e países. Tamén outiven accésit no concurso La edad de oro cun libro de poemas pra nenos, en castelán (Arco Iris). En fin, algo imos facendo.
A Sección Galega, moi ben. Atopeime cun interesante escultor nado en Teo: Mauel Pascual. Estudaremos a presencia de Souto en Cuba. Sobre outras aitividades, van recortes de prensa.
Temes estivo na nosa casa. Falamos de vostedes amplamente.
Localicei, na casa onde viven A. Gallego, o seu estupendo Diálogo sobre lousas de Arranz. Verei de darlle un destino mellor.
¿Que foi de Cuco Rei? Víraa anunciada, pero non soupen máis. ¿Vai adiante?
E namais, queridos, entrañables amigos. Pra outra escribiremos máis longo.

Apertas fortes de vosos sempre

Pepe Neira e Anisia


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Dieste, Rafael;  Picasso, Pablo;  Scheimberg, Simón;  Díaz, Xosé;  Dónega, Marino;  García-Sabell, Domingo;  Gil Varela, Álvaro;  Laxeiro, ;  Falcini, Luís;  Paz-Andrade, Valentín;  Gerstein, Marika;  Zegrí, Armando;  Rey Romero, José;  Fernández del Riego, Francisco;  Cuadrado, Arturo;  Sofovich, Bernardo;  Miró, Joan;  Castelao, ;  Lifschitz, Rafael;  Blanco Amor, Eduardo;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Payró, Julio;  Gerstein, Noemí;  Alberti, Rafael;  Burd, Lipa;  Vázquez Freire, José Luís;  Whitelow, Guillermo;  Goya, Francisco de;  Baudizzone, Luís;  Díaz Dorado, Diego;  Negri, Tomás Alva;  Maside, Carlos;  Negri, Nélida;  Burd, Esther;  Nogueira, Federico;  Palmás Casal, Ricardo;  Piñeiro López, Ramón;  Muñoz Manzano, Carmen;  Lifschitz, Emma;  Iglesias Corral, Manuel;  Torrallardona, Carlos;  Perón, Juan Domingo;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Azcoaga, Enrique;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  literatura;  A nova Sargadelos;  Galería Bonino;  política;  migracións;  medios de comunicación;  emigración;  prensa escrita;  historia;  artes escénicas;  premios;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Galería Sargadelos de Barcelona;  cine;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  radio;  Martín Fierro;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Padroado do Museo Carlos Maside;  Fondo Nacional de las Artes;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Premio Palanza;  Galería Sargadelos de Madrid;  Bestiario, de A. Girri;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Seminario de Estudos Galegos;  Pedrón de Ouro;  Ediciós do Castro;  Metropolitan Museum of Art;  música;  Bienal de Venecia;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Bauhaus;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1968;  Galería Biosca (Madrid);  exilio;  Art Nouveau;  peronismo;  Las Meninas, de Picasso;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1975;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0