Persoa: Fernando Pérez-Barreiro

Persoa: Fernando Pérez-Barreiro [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-09-21
Carta de Palmás a Seoane. 1978
Ver [Carta manuscrita co membrete:] Agencia Efe, S.A. / U.K. CORRESPONDENT / 8, BOUVERIE STREET . FLEET STREET . LONDON E.C.4 . PHONE (01) 353 3605 – TELEX 259389 [marxe superior] // EFE, SPANISH NEWS AGENCY – WORLD SERVICE / HEAD OFFICE: C/ AYALA, 5. MADRID-1 (SPAIN) / TELEX: 27411 [marxe inferior]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1978 en 21/09/1978

Londres, 21.9.78

Benquerido Seoane:

Hoxe chegaron os livros, a carta e tres diapositivas. Gracias, pasareille todo ao John Purkis. Posíbelmente vaia eu a Cambridge neste sabado. Hai uns días envieille a el un artigo que sobre vostede saíu na Opinión. Xa sei da exposición en Bonino, pois pasou por alí un amigo, quen ouvíuno falar sobre os celtas. Foi un día que vostede estaba con Rafael Forner.
Acabo de rematar para a BBC un artigo sobre a emigración. Custoume ben artellalo pois tiven que comprimir toda a historia dela en 4 folios. Usei testemuños de viaxeiros ingleses en Galicia, textos dos cancioneiros populares e de Rosalía e Vd. Levará ilustracións –teño que suxerilas eu– e pensei en tres, como representativas de distintas visións do feito. Unha de Castelao, unha súa –o debuxo da candidatura democrática– e un curioso grabado do Illustrated London News do século pasado. Este último totalmente descoñecido en Galicia e que atopou o Pérez Barreiro remexendo nunha librería de vello londinense.
Supoño que nestes días recibirá Vd. carta da BBC pedíndolle os correspondentes direitos.
O artigo publicarase como complemento do noso curso de castelán que fixo a BBC, que remata cunha serie de 5 programas –chamados: realidades españolas– un dos cales está adicado a Galicia. Nestes momentos o equipo está filmando no país. O realizador da serie ficóu abraiado cando foi a Galicia –hai uns meses– e soupo do volume de xente que marcha para fora. Os nativos ben gracias, baixo a presidencia do CE Ferreiro.
Cando teña exemplares do livriño, mandareille ún.
Alégrome do seu novo livro de grabados. Imaxino que quedaran moi ben.
Nestes días mandareille o catálogo da exposición de pintura portuguesa contemporánea que hai na “Royal Gallery”. É unha maravilla.

Apertas e lembranzas para Vd. e Maruxa.

Ricardo Palmás

PS: Aproximadamente cándo foi a sua exposición en Londres? Refírome ao mes, para atopar no British os comentarios.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Dieste, Rafael;  Picasso, Pablo;  Scheimberg, Simón;  Díaz, Xosé;  Dónega, Marino;  García-Sabell, Domingo;  Gil Varela, Álvaro;  Laxeiro, ;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Paz-Andrade, Valentín;  Fernández del Riego, Francisco;  Cuadrado, Arturo;  Zegrí, Armando;  Rey Romero, José;  Miró, Joan;  Sofovich, Bernardo;  Lifschitz, Rafael;  Castelao, ;  Blanco Amor, Eduardo;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Payró, Julio;  Gerstein, Noemí;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Whitelow, Guillermo;  Vázquez Freire, José Luís;  Goya, Francisco de;  Baudizzone, Luís;  Negri, Tomás Alva;  Maside, Carlos;  Díaz Dorado, Diego;  Negri, Nélida;  Burd, Esther;  Nogueira, Federico;  Palmás Casal, Ricardo;  Piñeiro López, Ramón;  Muñoz Manzano, Carmen;  Lifschitz, Emma;  Iglesias Corral, Manuel;  Torrallardona, Carlos;  Perón, Juan Domingo;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Azcoaga, Enrique;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  literatura;  A nova Sargadelos;  Galería Bonino;  política;  migracións;  medios de comunicación;  emigración;  prensa escrita;  historia;  artes escénicas;  premios;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Galería Sargadelos de Barcelona;  cine;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  radio;  Martín Fierro;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Padroado do Museo Carlos Maside;  Fondo Nacional de las Artes;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Premio Palanza;  Galería Sargadelos de Madrid;  Bestiario, de A. Girri;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Seminario de Estudos Galegos;  Pedrón de Ouro;  Ediciós do Castro;  Metropolitan Museum of Art;  música;  Bienal de Venecia;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Bauhaus;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1968;  Galería Biosca (Madrid);  exilio;  Art Nouveau;  peronismo;  Las Meninas, de Picasso;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1975;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0